bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 21
Luke 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 22 →
1
Ergueu a vista e viu uns ricos que botaban os seus donativos na boeta do tesouro.
2
E viu tamén unha viúva moi pobre, que botaba unha miseria.
3
Entón dixo: Asegúrovos unha cousa: esta pobre viúva botou máis ca todos.
4
Porque todos estes botaron do que lles sobra, pero ela na súa pobreza botou canto tiña para vivir.
5
Comentaban algúns a fermosa cantería con que estaba construído o templo, e os exvotos que o adornaban. Pero el díxolles:
6
Todo isto que estades a contemplar, días virán nos que o derrubarán ata que non quede pedra sobre pedra.
7
Eles preguntáronlle: Mestre, dinos, cando van pasar estas cousas? Cal será o signo de que van suceder?
8
El empezoulles a dicir: Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: "son eu" e "está a chegar o momento", pero non os sigades.
9
Cando oiades falar de guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero aínda non será a fin.
10
Entón díxolles: Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino;
11
haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo.
12
Pero antes de todo isto botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e gobernadores por causa miña;
13
Así teredes a oportunidade de dar testemuño.
14
Metede ben na cabeza que non tedes que preocuparvos pola vosa defensa,
15
que eu vos darei unha elocuencia e mais unha sabedoría que non poderán resistir nin replicar os vosos adversarios.
16
Entregaranvos vosos mesmos pais, irmáns, parentes e amigos. Mataranvos a algúns de vós,
17
e todos vos aborrecerán por causa miña,
18
e mais non perderedes nin un pelo da vosa cabeza.
19
Coa vosa perseveranza, salvaredes as vosas vidas.
20
Cando vexades a Xerusalén asediada polos exércitos, sabede que está a chegar a súa destrución.
21
Entón os que estean en Xudea, que fuxan para os montes; os que estean na vila, que se afasten; e os que estean no campo, que non entren na vila;
22
porque estes son días de escarmento, nos que se cumprirá canto está escrito.
23
Ai das que estean embarazadas ou criando naqueles días! Porque haberá unha grande apertura no país, e un terrible xuízo para este pobo.
24
Caerán baixo a espada, levaranos presos a todos os países do mundo, e os pagáns esmagarán cos pés a Xerusalén, ata que se lles cumpra tamén o tempo ós pagáns.
25
Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia ante o bruar do mar e das ondas;
26
os homes morrerán cheos de medo e de desacougo, polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán.
27
Entón verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.
28
Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día da vosa liberación.
29
E púxolles esta comparación: Reparade na figueira e nas demais árbores:
30
cando as vedes agromar, sabedes por vós mesmos que está vindo o verán.
31
Pois vós igual: cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus.
32
Asegúrovos que non pasará está xeración sen que antes aconteza todo isto.
33
O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
34
Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día;
35
porque caerá coma un lazo sobre todos os que habitan a terra.
36
Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.
37
Pasaba os días ensinando no templo; polas noites saía, e pasábaas no Monte chamado das Oliveiras.
38
E todo o pobo madrugaba para ir onda el ó templo, escoitalo.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24