bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 13
Luke 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 14 →
1
Naquel intre presentáronse algúns para contarlle o caso aquel de cando Pilato mesturara o sangue duns galileos co dos sacrificios que ofrecían.
2
El respondeulles: Coidades que eses galileos eran máis pecadores cós demais, porque acabaron así?
3
Non tal, e asegúrovos que como non vos arrepintades acabades todos igual.
4
Seica pensades que aqueles dezaoito que morreron esmagados pola torre de Siloé eran máis culpables cós outros habitantes de Xerusalén?
5
Non tal, e asegúrovos que, se non vos arrepentides, todos acabaredes igual.
6
E púxolles esta parábola: Un home tiña unha figueira plantada na súa viña; foi ver se tiña froitos e non llos atopou.
7
Díxolle ó viñateiro: "Xa hai tres anos que veño buscar froito nesta figueira e non llo atopo. Córtaa, para que vai cansar máis a terra?"
8
El respondeulle: "Señor, déixaa aínda un ano máis; vou ver se eu lle cavo un pouco arredor e lle boto esterco;
9
A ver se así dá froito...; e, onde non, pódela cortar".
10
Un sábado estaba Xesús ensinando nunha das sinagogas.
11
Había alí unha muller eivada por causa dun espírito: había dezaoito anos que estaba dobrada sen se poder endereitar.
12
Xesús ó vela chamou por ela e díxolle: Muller, quedas ceiba da túa enfermidade.
13
E impúxolle as mans. Ela ficou curada no momento e empezou a loar a Deus.
14
Entón o xefe da sinagoga, indignado de que Xesús curase nun sábado, díxolle á xente: Hai seis días para traballar, vide durante eses días para que vos cure e non precisamente no sábado.
15
Replicoulle Xesús: Hipócritas! Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar a beber?
16
E logo esta filla de Abraham, que leva dezaoito anos atada por Satán, non a imos poder ceibar por ser sábado?
17
Cando tal lles dixo ós adversarios, todos viraron rubios diante del e toda a xente se alegraba das marabillas que facía.
18
E dicía tamén: Con que se parece o Reino de Deus, a que volo compararía eu?
19
Évos coma un gran de mostaza que un home sementou na súa horta; medrou e converteuse nunha árbore e os paxaros do ceo aniñaban nas súas pólas.
20
E proseguiu: A que vos compararía eu o Reino de Deus?
21
Évos coma o fermento que unha muller botou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.
22
Atravesaba vilas e aldeas ensinando, camiño de Xerusalén.
23
Un preguntoulle: Señor, e logo son poucos os que se salvan? El respondeu:
24
Loitade para entrardes pola porta estreita, porque vos aseguro que moitos intentarán entrar e non poderán.
25
Despois que o dono da casa peche a porta e empecedes os de fóra a petar nela dicindo: "Señor, ábrenos", el responderá: "Non sei quen sodes".
26
Entón empezaredes a dicir: "Se nós comemos e bebemos contigo e ti ensinaches polas nosas rúas!".
27
El repetirá: "Non sei quen sodes. Arredade de min os que practicades a inxustiza!".
28
Daquela habedes chorar e hanvos renxer os dentes: cando vexades que Abraham, Isaac, Xacob e todos os profetas están no Reino de Deus, e que a vós vos botan para fóra.
29
E chegarán de Oriente e Occidente, do norte e do sur a sentar na mesa do Reino de Deus.
30
Si, hainos que son últimos e serán os primeiros, e hainos primeiros que serán os derradeiros.
31
Naquel momento chegaron uns fariseos para lle avisar: Veña, vaite de aquí, que Herodes te quere matar.
32
El respondeulles: Ídelle dicir a ese raposo: eu hoxe e mañá estou a botar os demoños fóra, e no terceiro día xa acabo.
33
Pero hoxe, mañá e pasado mañá cómpre que siga para diante, pois non é ben que un profeta morra fóra de Xerusalén.
34
Xerusalén, Xerusalén, que asasinas os profetas e apedras os que mandan onda ti! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as ás e non quixeches!
35
Pois mirade: a vosa casa fica baleira e asegúrovos que non me volveredes ver ata que exclamedes: Benia o que vén no nome do Señor!
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24