bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 12
Luke 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 13 →
1
Tanta era a xente reunida arredor del que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía!
2
Non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo nin cousa oculta que non se acabe sabendo.
3
Porque canto tedes dito na escuridade oirase a plena luz, e o que falastes ás agachadas nos dormitorios hase pregoar desde as azoteas.
4
E a vós, amigos meus, tamén vos digo: non lles teñades medo ós que matan o corpo, pero xa non poden pasar de aí.
5
Vouvos dicir a quen lle tedes que ter medo: temede a quen despois de matar pode meter no inferno. Así, repítovolo, temede a este.
6
Non se venden cinco pardais por dous patacos? Con todo, Deus non esquece a ningún.
7
E mesmo os pelos da vosa cabeza están contados. Por iso non teñades medo, que vós valedes máis ca todos os pardais xuntos.
8
E asegúrovos: todo o que volva por min diante dos homes, tamén o Fillo do Home volverá por el diante dos anxos de Deus.
9
Pero a quen me negue diante dos homes, tamén o negarán ante os anxos de Deus.
10
A todo aquel que fale en contra do Fillo do Home perdoaráselle; pero ó que blasfeme en contra do Espírito Santo non se lle perdoará.
11
Cando vos leven ás sinagogas, ante os maxistrados e autoridades, non vos preocupedes de como vos ides defender e do que ides dicir:
12
xa vos ensinará o Espírito Santo naquela mesma hora o que é preciso dicir.
13
Díxolle entón un que estaba entre a xente: Mestre, dille a meu irmán que reparta a herdanza comigo.
14
El contestoulle: Home, quen me nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?
15
E logo díxolle á xente: Atención: gardádevos da cobiza, que por moito que un teña non por iso a súa vida depende dos seus bens.
16
E propúxolles unha parábola: As terras de certo home rico déranlle moito froito.
17
Púxose entón a cavilar: "Como vou facer, que non teño onde meter o froito?"
18
E dixo: "Xa o sei: vou desfacer os meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus bens.
19
Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e a vivir!"
20
Pero Deus díxolle: "Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será todo o que fixeches?"
21
Así é quen atesoura riquezas para si, pero non é rico para Deus.
22
E díxolles ós seus discípulos: Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (que ides comer) nin polo voso corpo (que ides vestir).
23
Non vale máis a vida cá mantenza? e non vale máis o corpo có vestido?
24
Ollade para os corvos: nin sementan, nin segan, nin tampouco teñen tullas e, mesmo así, Deus mantenos. Pois, canto máis valedes vós cós paxaros!
25
E quen de vós, por moita ansia que poña lle pode engadir un cóbado á súa estatura?
26
Pois logo, se non podedes acadar o máis pequeno, por que andades tan agoniados polo resto?
27
Aprendede dos lirios, que nin fían nin tecen, e seguro que nin Salomón en toda a súa gloria chegou a vestir coma un deles.
28
Pois se a herba do campo, que hoxe verdea e mañá a botamos no forno, Deus a veste así, canto máis non fará convosco, homes de pouca fe!
29
Non vos angustiedes polo que ides comer ou beber; non andedes desacougados.
30
Que por esas cousas todas andan agoniados os pagáns; e ben sabe o voso Pai que é o que precisades.
31
Procurade, máis ben, o seu Reino, e esas cousas todas hánsevos dar de máis a máis.
32
Non teñas medo, miña grea pequena, que o teu Pai compraceuse en darche o Reino.
33
Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non o bota a perder.
34
Pois onde está o teu tesouro, estache o teu corazón.
35
Tede posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas;
36
sédeme coma os que agardan que volva o seu amo da voda, para que, cando chegue e chame, lle poidan abrir.
37
Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega. Tede por certo que poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por un.
38
Sexa pola anoitecida ou sexa pola alborada, se os atopa así, felices eles.
39
Entendede ben: se o dono da casa soubese a que hora vai chegar o ladrón, non permitiría que lle asaltasen a casa.
40
Así tamén: estade vós preparados, porque á hora menos pensada ha vir o Fillo do Home.
41
Díxolle Pedro: Señor, a parábola que acabas de contar vai por nós ou por todos en xeral?
42
Contestoulle o Señor: Quen é, logo, o administrador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o coidado de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume?
43
Ditoso o criado aquel, a quen o seu amo, cando chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa!
44
Tede por seguro que lle encomendará toda a facenda.
45
Pero se o criado aquel di para si: "O amo aínda non vén para agora" e empeza a mallar nos criados, comendo e bebendo ata se emborrachar;
46
o día menos pensado e á hora máis imprevista, chegará o amo do criado aquel, e botarao fóra cos infieis.
47
O criado que, coñecendo as vontades do amo, non ten todo preparado nin feitas as cousas como a el lle gustan, levará moitos paus;
48
pero o que non os coñece, aínda que faga algo que mereza castigo, levará poucos. A quen moito se lle dá, moito se lle esixirá; e a quen moito se lle confía, moito se lle pedirá.
49
Lume vin traer á terra: e que máis quería eu ca que xa estivese a arder!
50
Hanme bautizar cun bautismo e xa me tarda a hora de que se cumpra!
51
Pensades que vin traer a paz á terra? Abofé que non: vin traer división.
52
Pois desde agora na casa onde haxa cinco, estarán divididos tres contra dous e dous contra tres.
53
Estarán enfrontados pai con fillo e fillo con pai, nai con filla e filla con nai, sogra con nora e nora con sogra.
54
Dicíalle tamén á xente: Cando vedes que da banda do mar vén unha nube, axiña dicides: "Temos chuvia", e así é.
55
E cando venta do sur, dicides: "Velaí vén o calmizo", e vén mesmo.
56
Hipócritas! Se sabedes interpretar o cariz da terra e mais o do ceo, como non sabedes interpretar o momento presente?
57
E, por que non xulgades por vós mesmos o que cómpre facer?
58
Cando vaias co teu contrario ó xuíz, mira de librarte del polo camiño; non sexa que te arrastre onda o xuíz e este te entregue ó garda para que te meta na cadea.
59
Que de alí seguro que non saes ata que pagues o último céntimo.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24