bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 7
Luke 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 8 →
1
Cando lle acabou de falar á xente, entrou en Cafarnaúm.
2
Había un centurión que tiña un criado enfermo, a quen estimaba moito e que estaba á morte.
3
Como tiña oído falar de Xesús, mandou onda el uns anciáns dos xudeus, para lle rogaren que fose salvar o criado.
4
Eles, presentáronse a Xesús e suplicábanlle encarecidamente: Merece que lle fagas isto,
5
pois ama o noso pobo, e el mesmo nos construíu a sinagoga.
6
Xesús foi con eles; mais cando xa estaba preto da casa o centurión mandou uns amigos a dicirlle: Señor, non te molestes, pois non son digno de que entres baixo o meu teito;
7
por iso coidei que non era digno de ir ó teu encontro. Abonda cunha palabra túa, e o meu criado quedará curado.
8
Pois eu, aínda que son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas ordes, e dígolle a este "vai", e vai; a aqueloutro "ven", e vén; e ó meu criado "fai isto", e faino.
9
Oíndo aquilo, Xesús ficou abraiado, e virándose díxolle á xente que o seguía: Asegúrovos que nin en Israel atopei tanta fe.
10
E, ó volveren á casa, os mandados atoparon san o criado.
11
Despois disto foi a unha vila, chamada Naín, acompañado dos seus discípulos e outra moita xente.
12
Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila.
13
O vela, o Señor compadeceuse e díxolle: Non chores.
14
E achegándose, tocou o cadaleito os que o levaban pararon, e el mandou: Rapaz, falo contigo: érguete!
15
O morto incorporouse e empezou a falar; e Xesús entregoullo á súa nai.
16
Todos quedaron impresionados e loaban a Deus, dicindo: Un gran profeta xurdiu entre nós; Deus visitou o seu pobo.
17
E por toda a Xudea e a súa comarca correron estes comentarios.
18
Os discípulos de Xoán informárono de todo isto. Entón Xoán, chamando a dous deles,
19
mandounos onda o Señor a lle preguntar: Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro?
20
Presentáronse, logo, onda el os dous homes e dixeron: Xoán Bautista mándanos a ti, para preguntarche: "Es ti quen ten que vir, ou esperaremos por outro?".
21
Naquela mesma hora curou a moitos de doenzas, padecementos e malos espíritos, e devolveulles a vista a moitos cegos.
22
E logo deulles a resposta: Ide e contádelle a Xoán o que acabades de ver e oír: os cegos ven, os coxos andan, os gafos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.
23
E ditoso quen non se escandalice de min.
24
O que se foron os mensaxeiros de Xoán, comezou Xesús a falarlle de Xoán á xente: Que fostes ver no deserto? Unha canivela abaneada polo vento?
25
Ou que fostes ver, logo? Un home vestido con roupas finas? Pero os que visten elegantemente e con luxo están nos pazos reais.
26
Pois logo, que fostes ver? Un profeta? Si, e asegúrovos que moito máis ca un profeta.
27
Este é de quen está escrito: Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti para que prepare o camiño ante ti.
28
E dígovos: aínda non naceu de muller ninguén meirande do que Xoán Bautista, aínda que o máis pequeno no Reino de Deus é meirande ca el.
29
(A xente toda escoitábao, e mesmo os recadadores de impostos recoñecían a graza de Deus, facéndose bautizar co bautismo de Xoán.
30
En troques os fariseos e mais os xuristas frustraron o plan de Deus ó refugaren o seu bautismo).
31
Con quen vos compararei este tipo de xente? A quen se asemellan?
32
Semellan eses rapaciños que, sentados nos rueiros, rifan entre eles dicindo: "Tocamos a frauta e non bailastes Fixemos o pranto e non chorastes".
33
Porque aparece Xoán Bautista, que non come nin bebe, e dicides: "Ten o demo no corpo".
34
E aparece o Fillo do Home, que come e bebe, e dicides: "Mira que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores".
35
Con todo, a sabedoría de Deus quedou ben acreditada por todos aqueles que son fillos dela.
36
Un fariseo convidouno a comer; Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
37
Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou un frasco de alabastro con perfume de mirra,
38
botouse por detrás ós pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
39
Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.
40
Xesús tomou a palabra e díxolle: Simón, teño algo que che dicir. El contestou: Pois dío, Mestre.
41
Un prestamista tiña dous debedores, un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta.
42
Como non tiñan con que lle pagar, perdooulles ós dous. Ora, quen deles o amará máis?
43
Respondeulle Simón: Supoño que aquel a quen máis lle perdoou. El contestou: Ben dito.
44
E volvéndose cara á muller, díxolle a Simón: Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos.
45
Non me deches o bico, pero ela desde que entrou non parou de me bicar os pés.
46
Non me unxiches a cabeza con aceite, pero ela unxiume os pés con perfume.
47
Por iso dígoche: moitos pecados se lle perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor mostra.
48
E díxolle a ela: Os teus pecados están perdoados.
49
Entón os demais convidados empezaron a comentar entre eles: Quen é este, que mesmo pretende perdoar os pecados?
50
Pero el díxolle á muller: Salvoute a túa fe, vai en paz.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24