bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 17
Luke 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
1
Díxolles ós seus discípulos: É irremediable que haxa escándalos; pero ai de quen os provoca!
2
Máis lle valía que lle colgasen unha pedra de muíño no pescozo e que o largasen ó mar antes que escandalizar a un destes pequeniños.
3
Andade con coidado. Se o teu irmán che fai mal, repréndeo; se se arrepinte, perdóao.
4
E se te ofende sete veces no día e sete veces volve a ti dicindo: "Síntoo moito", perdóao.
5
Rogáronlle os apóstolos ó Señor: Auméntanos a fe!
6
O Señor respondeulles: Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
7
E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa".
8
Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?"
9
Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ó criado por facer o que lle manda?
10
Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".
11
Indo camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea,
12
ó entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ó lonxe,
13
e dando voces suplicáronlle: Xesús, Mestre, ten dó de nós.
14
El, ó velos, díxolles: Ídevos presentar ós sacerdotes. E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos.
15
E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces.
16
E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano.
17
Xesús dixo: Non foron dez os que quedaron limpos? Onde están os outros nove?
18
Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
19
E engadiu: Érguete e vaite: salvoute a túa fe.
20
Preguntado polos fariseos cando chegaría o Reino de Deus, respondeulles: O Reino de Deus chegará sen deixarse sentir.
21
De tal xeito, que non se dirá: "Velaquí, ou velaí está"; porque a verdade é que o Reino de Deus xa está entre vós.
22
E díxolles ós seus discípulos: Virán tempos nos que arelaredes pasar un só día co Fillo do Home e non poderedes.
23
E diranvos: "Mirádeo aí, ou aquí"; pero vós non vaiades nin corrades detrás.
24
Porque coma o lóstrego brilla refulxente desde un extremo a outro do ceo, así será o Fillo do Home no seu día.
25
Pero antes é preciso que padeza moito e que esta xeración o rexeite.
26
O que pasou no tempo de Noé pasará tamén no tempo do Fillo do Home.
27
Comían e bebían e casaban eles e elas, ata o día no que Noé entrou na arca; logo veu o diluvio e acabou con todos.
28
O mesmo pasou no tempo de Lot: comían, bebían, mercaban, vendían, plantaban, construían.
29
Pero cando saíu Lot de Sodoma, choveu lume e xofre do ceo, e acabou con todos.
30
O mesmo pasará cando se manifeste o Fillo do Home.
31
Aquel día o que estea na azotea e teña as cousas dentro da casa que non baixe por elas; e o que estea na leira que tampouco non volva atrás.
32
Que vos acorde o caso da muller de Lot.
33
Quen intente salvar a súa vida perderaa; e quen a perda salvaraa.
34
Asegúrovolo: nesa noite estarán dous nunha mesma cama: levarán a un e deixarán ó outro.
35
Estarán dúas moendo xuntas; levarán a unha e deixarán a outra.
37
Eles preguntáronlle: Onde Señor? Respondeulles: Onde estea o cadáver xuntaranse os voitres.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24