bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 18
Luke 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
1
Propúxolles tamén unha parábola acerca da necesidade de orar sempre, sen cansar:
2
Había nunha vila un xuíz que nin temía a Deus nin respectaba o home.
3
Na mesma vila había tamén unha viúva, que acudía a el dicíndolle: "Faime xustiza fronte ó meu contrario".
4
El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou: "Aínda que non temo a Deus nin respecto o home,
5
como esta viúva me está amolando, voulle facer xustiza, para que non me siga toleando toda a vida".
6
E o Señor continuou: Escoitade o que di un xuíz inxusto.
7
E logo Deus non lles vai facer xustiza ós seus elixidos, que claman día e noite, e non vai ter paciencia con eles?
8
Asegúrovos que lles fará xustiza a tempo. Pero cando chegue o Fillo do Home, el atopará fe sobre a terra?
9
Propuxo tamén esa parábola dirixíndose a uns que estaban moi seguros de si mesmos, créndose perfectos e desprezando os demais:
10
Dous homes subiron ó templo a orar; un era fariseo e outro recadador de impostos.
11
O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador.
12
Gardo o xaxún dúas veces por semana e pago o décimo de todo canto gaño".
13
O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".
14
Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa casa e, en cambio, o outro non. Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.
15
E levábanlle tamén os meniños para que os tocase. Pero os discípulos rifábanlles.
16
Entón Xesús chamounos e dixo: Deixade que os nenos se acheguen a min: non llelo privedes, porque dos que son coma eles é o Reino de Deus.
17
Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno o Reino de Deus non entrará nel.
18
Un home importante preguntoulle: Mestre bo, que teño que facer para acadar a vida eterna?
19
El contestoulle: E por que me chamas bo? Ninguén é bo fóra de Deus.
20
Xa sabes os mandamentos: Non cometas adulterio, non mates, non roubes, non deas falso testemuño, honra a teu pai e mais a túa nai.
21
El respondeu: Todas esas cousas gardeinas desde a miña mocidade.
22
Oíndo aquilo Xesús díxolle: Aínda che queda unha cousa: vende todo canto tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
23
O que oíu estas cousas, o home aquel quedou moi apesarado, porque era moi rico.
24
Xesús, ó velo así, comentou: Que difícil lles vai ser ós ricos entrar no Reino de Deus!
25
É máis fácil para un camelo entrar polo ollo dunha agulla, que para un rico entrar no Reino de Deus.
26
Todos os que o escoitaban comentaron: Daquela quen se vai poder salvar?
27
Pero el dixo: O que para os homes é imposible, é posible para Deus.
28
Entón díxolle Pedro: Pois nós, deixámolo todo, e seguímoste.
29
Xesús respondeulle: Tede por seguro que ninguén que deixa casa ou muller ou irmáns ou pais ou fillos polo Reino de Deus,
30
non pasará sen recibir agora cen veces máis, e no futuro a vida eterna.
31
E levando á parte ós Doce, díxolles: Ollade que subimos a Xerusalén, e vaise cumprir todo o que está escrito polos profetas acerca do Fillo do Home.
32
Vano entregar ós pagáns, burlaranse del, aldraxarano e cuspirán nel,
33
Azoutarano e matarano. Pero ó terceiro día resucitará.
34
Pero eles non entenderon nada disto. Resultábanlle enigmáticas estas palabras e non comprenderon o que lles quería dicir.
35
Cando chegaba a Xericó, un cego estaba a pedir sentado á beira do camiño.
36
Oíndo o barullo da xente que pasaba, preguntou que era aquilo.
37
Dixéronlle que era Xesús de Nazaret, que pasaba por alí.
38
El exclamou: Xesús, Fillo de David, ten mágoa de min!
39
Os que ían diante empezaron a rifarlle, para que calase pero el aínda berraba máis alto: Fillo de David, ten mágoa de min!
40
Deténdose Xesús, mandou que llo levasen. Cando se achegou, preguntoulle:
41
Que é o que queres que che faga? El respondeu: Señor, que volva ver.
42
Xesús díxolle: Recobra a vista: salvoute a túa fe.
43
E no instante recobrou a vista, e foise detrás del, loando a Deus. E todo o pobo, vendo aquilo, tamén loaba a Deus.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24