bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 22
Luke 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 23 →
1
Aproximábase a festa dos Ácimos, chamada tamén a Pascua.
2
Os sumos sacerdotes e mais os letrados andaban buscando como quitalo do medio, porque lle tiñan medo á xente.
3
Nisto Satán apoderouse de Xudas, chamado o Iscariote, que formaba parte dos Doce,
4
e foi falar cos sumos sacerdotes e cos oficiais da garda sobre o xeito de entregalo.
5
Eles alegráronse, e acordaron darlle cartos.
6
El aceptou, e andaba vendo a ocasión de entregárllelo sen que a xente se decatase.
7
Chegou o día dos Ácimos, e había que inmolar o año pascual.
8
Mandou a Pedro e a Xoán, dicíndolles: Ide preparar a cea pascual.
9
Eles preguntaron: Onde queres que a preparemos?
10
El respondeu: Mirade, cando entredes na cidade, havos saír ó paso un home, levando unha ola de auga. Seguídeo ata a casa onde entre,
11
dicídelle ó dono da casa: "O Mestre mándanos preguntar: Onde está o lugar no que poida comer a Pascua cos meus discípulos?".
12
El havos mostrar no sobrado unha sala grande, xa disposta: facede alí os preparativos.
13
Foron eles, atoparon todo tal como lles dixera, e prepararon a Pascua.
14
Cando chegou a hora, púxose á mesa cos seus apóstolos.
15
Díxolles: Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer!
16
Porque vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus.
17
E collendo unha copa, deu grazas e dixo: Tomade e repartídea entre vós,
18
pois asegúrovos que non volverei beber do produto da viña ata que chegue o Reino de Deus.
19
E collendo pan, deu grazas, partiuno e déullelo, dicindo: Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.
20
E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo: Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós.
21
Pero mirade o que vos digo: a man do que me entrega está aquí, sobre a mesa, a carón meu.
22
Porque o Fillo do Home vaise, conforme o determinado; pero ai daquel que o entrega!
23
Entón empezaron a discutir entre eles, sobre quen podería ser o que ía facer iso.
24
Armouse tamén unha discusión entre eles sobre a quen deles debían considerar máis importante. Pero el díxolles:
25
Os reis dos xentís asobállanos, e os tiranos fanse chamar benfeitores.
26
Pero vós non fagades iso; non: que o maior entre vós sexa coma o máis pequeno, e o que goberna, coma quen serve.
27
Pois, quen é máis importante, o que está á mesa ou quen o serve? Acaso non é o que está na mesa? Pero eu ando entre vós coma quen serve.
28
Pois vós sodes os que quedastes comigo nas miñas probas.
29
E, coma o meu pai o dispuxo para min, así eu teño disposto para vós un reino,
30
para que, cando eu sexa rei, comades e bebades na miña mesa, e sentedes en tronos para xulgar as doce tribos de Israel.
31
Simón, Simón, mira que Satán vos reclamou para vos peneirar coma o trigo!
32
Pero eu roguei por ti, para que a túa fe non falle; e ti, ó que te arrepintas, debes confirmar os teus irmáns.
33
Díxolle el: Señor, estou disposto a ir á cadea e á morte contigo.
34
Respondeulle Xesús: Ten por seguro que hoxe, antes de que o galo cante, negarás tres veces que me coñeces.
35
E logo preguntoulles a todos: Cando vos mandei sen bolsa, alforxas e calzado, sentistes falta de algo? Eles responderon: De nada.
36
El continuou: Pois agora quen teña unha bolsa, que a colla e que colla tamén unha alforxa; e quen non teña espada, que venda o seu manto e que merque unha.
37
Porque vos aseguro que é preciso que se cumpra en min aquilo que está escrito: "Foi contado entre os malfeitores". E o tocante a min vaise cumprir.
38
Eles dixéronlle: Señor, temos aquí dúas espadas. Contestoulles: Basta. Xa está ben.
39
Despois de saír, foise como facía sempre ó Monte das Oliveiras, seguido dos seus discípulos.
40
Cando chegaron ó sitio, díxolles: Rogade que non caiades na tentación.
41
E arredándose deles, coma un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:
42
Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade, senón a túa.
43
E un anxo do ceo aparecéuselle para confortalo.
44
E cheo de angustia, pregaba con máis teima aínda, mentres suaba coma pingas de sangue que esvaraban ata o chan.
45
Erguéndose da oración, volveu onda os discípulos e atopounos durmidos por mor da tristeza.
46
Díxolles: Como é que estades a durmir? Erguédevos e rogade, para que non caiades na tentación.
47
Estaba aínda falando, cando apareceu xente; á fronte deles viña o chamado Xudas, un dos Doce; e achegouse a Xesús, para lle dar un bico.
48
Pero Xesús díxolle: Xudas, cun bico entregas o Fillo do Home?
49
Entón os seus acompañantes, decatándose do que pasaba, preguntáronlle: Señor, sacamos as espadas?
50
E un deles feriu ó criado do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita.
51
Pero Xesús díxolle: Deixádeos facer. E tocándolle a orella, sandoulla.
52
Entón díxolles ós que viñan contra el, sumos sacerdotes, oficiais da garda do templo e anciáns: Viñéstesme prender con paus e espadas, coma se fose un bandido.
53
Pero eu estiven a diario convosco no templo, e non me puxestes as mans enriba. Ben: esta é a vosa hora, e o poder das tebras.
54
Prendérono e levárono á casa do Sumo Sacerdote. Pedro seguíao de lonxe.
55
Encenderon lume no medio do patio, e sentaron arredor; e Pedro sentou tamén no medio deles.
56
Pero unha criada, viuno sentado a carón do lume, cravou os ollos nel e dixo: Este tamén andaba con el.
57
El negouno dicindo: Muller, eu non o coñezo.
58
Pouco despois viuno outro criado, e dixo: Ti es deles tamén. Pero Pedro exclamou: Non, home, non son.
59
Unha hora máis tarde, aínda volveu insistir outro criado: Si, seguro que andaba con el, que é galileo.
60
Pedro replicou: Pero home, eu non che sei de que falas. E no intre, estando aínda el a falar, cantou o galo.
61
O Señor, volvéndose, mirou a Pedro, e este acordouse das súas palabras: "antes de que o galo cante hoxe, ti hasme negar tres veces".
62
Saíu para fóra, e chorou amargamente.
63
Os homes que o tiñan preso burlábanse del e mallábano;
64
tapábanlle a cara e preguntábanlle: Fai agora de profeta: quen che zoupou?
65
E aldraxábano, dicíndolle outras moitas cousas.
66
Cando se fixo de día, reuniuse o Consello dos anciáns do pobo, os sumos sacerdotes e mais os letrados, e acordaron levalo ó Sanedrín.
67
E dixéronlle: Se ti es o Mesías, dínolo. El contestoulles: Se volo digo, non me ides crer;
68
se vos fago preguntas, non me ides responder.
69
Pero desde agora o Fillo do Home estará sentado á dereita do Todopoderoso.
70
Preguntáronlle todos: Logo es ti o Fillo de Deus? El respondeu: Vós o dicides: eu son.
71
Eles exclamaron: Para que máis testemuñas? Xa llo oímos nós mesmos da súa boca.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24