bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 24
Luke 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
1
A madrugada do primeiro día da semana foron ó sepulcro, levando os perfumes que tiñan preparados.
2
Pero atoparon quitada a lousa, arredada do sepulcro.
3
Entraron, e viron que o corpo do Señor non estaba alí.
4
Entón, mentres estaban todas perplexas por aquilo, apareceron dous homes con vestidos resplandecentes.
5
Cheas de medo, miraban para o chan; pero eles preguntaron: Por que buscades entre os mortos a quen está vivo?
6
Non está aquí; resucitou. Recordade o que vos dicía en Galilea:
7
que cumpría que entregasen o Fillo do Home nas mans dos pecadores, que o crucificasen e que resucitase ó terceiro día.
8
A elas acordáronlles aquelas palabras súas,
9
e, volvendo do sepulcro, anunciáronllelo ós Once e a todos os demais.
10
Eran elas: María Magdalena, Xoana, María a de Santiago. E tamén as outras que as acompañaban lles dicían o mesmo ós apóstolos;
11
pero eles non lles daban creto: parecíalles un desatino das mulleres.
12
Mesmo así, Pedro ergueuse e foi correndo ó sepulcro; abaixándose, viu as vendas soas; e, todo abraiado polo acontecido, volveu para a súa casa.
13
Aquel mesmo día dous deles ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez quilómetros de Xerusalén.
14
Ían falando de canto pasara.
15
E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles.
16
Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren.
17
Entón preguntoulles: De que ides falando polo camiño? Eles pararon cun rostro moi tristeiro,
18
e Cleofás, un deles, respondeulle: Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí durante estes días?
19
El preguntou: De que, logo? Eles contestaron: Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo;
20
de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o crucificaron.
21
Nós esperabamos que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas.
22
Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ó riscar o día ó sepulcro,
23
e, ó non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive.
24
E algúns dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a el non o viron.
25
Entón díxolles: Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas!
26
E logo non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?
27
E comezando por Moisés e todos os profetas, foilles interpretando o que as Escrituras falaban del.
28
O entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir para adiante.
29
Pero eles porfiáronlle, dicindo: Queda connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba. Quedou con eles.
30
E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e partiuno e déullelo.
31
Entón abríronselles os ollos e recoñecérono; pero el desapareceu.
32
E dixeron: Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándonos as Escrituras?
33
E levantándose axiña, volveron a Xerusalén. Alí atoparon os Once reunidos cos seus acompañantes,
34
que dicían: É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.
35
Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partir o pan.
36
Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles: A paz sexa convosco!
37
Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito.
38
Pero el díxolles: Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas?
39
Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
40
E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés.
41
Pero eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles: Tedes por aí algo que comer?
42
Déronlle un anaco de peixe asado.
43
El colleuno e comeuno diante deles.
44
Logo díxolles: A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min.
45
E abriu os seus entendementos para que comprendesen as Escrituras.
46
E engadiu: Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día,
47
e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén.
48
Vós seredes testemuñas de todo isto.
49
E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba.
50
Despois levounos para fóra, a un lugar preto de Betania, e alí, erguendo as mans, bendiciunos.
51
E mentres os bendicía, foise separando deles, e foi elevado ó ceo.
52
Eles, despois de se prostraren ante el, volveron para Xerusalén cheos de alegría.
53
E seguían decote, no templo, bendicindo a Deus.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24