bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 14
Luke 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
1
Un sábado ía el comer, á casa dun xefe dos fariseos; e eles vixiábano.
2
Entón apareceu diante del un home hidrópico.
3
Xesús preguntoulles ós xuristas e fariseos: El está ou non está permitido curar no sábado?
4
Pero eles non abriron a boca. Xesús colleu o enfermo, curouno e despediuno.
5
E mirando para eles, díxolles: Quen de vós, se un fillo ou un boi lle cae nun pozo, non o tira do pozo no instante aínda que sexa sábado?
6
A isto non lle souberon que contestar.
7
Decatándose de que os convidados buscaban os primeiros postos, contoulles unha parábola:
8
Cando alguén te convide a unha voda, non te poñas no primeiro posto. Pode suceder que un máis distinguido ca ti tamén estea convidado
9
e que veña o que vos convidou e che diga: "Déixalle o sitio a este", e cheo de vergonza teñas que ir para o derradeiro lugar.
10
O revés, ti, cando te conviden, ponte de último, para que cando chegue o que te convidou che poida dicir: "Amigo, sube máis arriba". E quedarás moi ben diante de todos os convidados.
11
Porque a quen se ten por moito, hano rebaixar e a quen se rebaixe hano enaltecer.
12
E díxolle tamén ó que o convidara: E ti, cando deas un xantar ou unha cea, non chames os teus amigos, irmáns, parentes ou veciños ricos; non sexa que eles te recompensen convidándote tamén a ti.
13
Cando deas un banquete, convida os pobres, eivados, coxos e cegos;
14
e serás ditoso, porque non te poden recompensar; pero xa se che recompensará na resurrección dos xustos.
15
Despois de escoitar todo isto, díxolle un dos convidados: Ditoso o que coma pan no banquete do Reino de Deus.
16
El propúxolle: Dunha vez un home deu unha grande cea e convidou a moitos.
17
Así que chegou a hora, mandou un criado para que avisase ós convidados, dicíndolles: "Vide xa, que está todo preparado".
18
Pero todos empezaron a escusarse. O primeiro dixo: "Merquei unha leira e teño que ila ver; por favor, descúlpame".
19
Outro dixo: "Merquei cinco parellas de bois, e teño que probalas; descúlpame, por favor".
20
Outro dixo: "Acáboche de casar e non podo ir".
21
Volveu o criado e contoulle todo isto ó amo. Entón o dono da casa, todo indignado, mandoulle ó seu criado: "Pois vai correndo ás prazas e rúas da vila e tráeme para acá os pobres, eivados, coxos e cegos".
22
O criado díxolle: "Xa está feito o que mandaches, e aínda hai sitio".
23
Entón o amo mandoulle: "Vai polos camiños e corredoiras e obriga á xente a entrar; quero que se encha a miña casa,
24
porque vos aseguro que ningún dos convidados probará a miña cea".
25
Nunha ocasión que o seguía moita xente, volveuse a eles e díxolles:
26
Se alguén me quere seguir e non está disposto a romper con seu pai e con súa nai, coa muller e mais cos fillos, cos irmáns e coas irmás, e incluso coa súa propia vida, non pode ser discípulo meu.
27
O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser discípulo meu.
28
Pois quen de vós, querendo construír unha torre, non se para a pensar no presuposto, a ver se a pode rematar?
29
Non vaia ser que bote os alicerces e non a dea rematado e a xente que o vexa faga riso del, dicindo:
30
"Este empezou a construír e non deu rematado".
31
Ou que rei, que sae á guerra contra outro, non se senta primeiro a cavilar se lle chegarán dez mil homes para loitar contra vinte mil?
32
E, se ve que non, cando aínda o ten lonxe, mándalle unha embaixada, pedindo condicións de paz.
33
Pois así, como non renunciedes a todo o que tedes, non hai de vós quen poida ser discípulo meu.
34
Ben está o sal; pero se o mesmo sal se volve insulso, con que se pode salgar?
35
Xa non vale para nada: nin para a terra, nin para a esterqueira; hai que tirar con el. Quen teña oídos para oír, que escoite.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24