bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 20
Luke 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 21 →
1
Estando naqueles días ensinando ó pobo e anunciando a Boa Nova no templo, presentáronse os sumos sacerdotes, os letrados e mais os senadores,
2
e preguntáronlle: Con que autoridade fas estas cousas? Quen che deu tal autoridade?
3
El respondeulle: Vouvos facer tamén eu unha pregunta. A ver, contestade:
4
O bautismo de Xoán era cousa de Deus ou dos homes?
5
Eles matinaban: "Se lle respondemos de Deus, vainos preguntar: E daquela por que non lle fixestes caso?
6
Pero se lle respondemos: dos homes, a xente toda vainos correr a pedradas, porque está convencida de que Xoán era un profeta".
7
E acabáronlle dicindo que non o sabían.
8
Xesús replicoulles: Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.
9
Entón púxose a contarlle á xente esta parábola: Un home plantou unha viña, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.
10
No seu tempo mandou un criado para cobrarlles as rendas da viña. Pero os viñateiros zorregáronlle duro e despedírono coas mans baleiras.
11
Volveulles mandar outro criado; pero eles mallaron nel, aldraxárono e despedírono coas mans baleiras.
12
E volveulles mandar aínda un terceiro; pero eles tamén o malferiron e expulsaron.
13
Entón dixo o dono da viña: "Que farei? Voulles mandar o meu fillo benquerido: seguro que o respectan".
14
O velo, os viñateiros apalabráronse uns cos outros entre si: "Este é o herdeiro; matámolo, e a herdanza é para nós".
15
E botárono fóra da viña e matárono. Que fará o dono da viña?
16
Volverá, acabará con estes viñateiros, e daralles a viña a outros. O oíren isto exclamaron: Non pode ser!
17
Pero el, mirándoos fixamente, díxolles: Que significa, logo, o que di a Escritura: A pedra que desbotaron os canteiros é agora o esquinal?
18
Todo o que caia enriba desa pedra, esnaquizarase; pero aquel enriba do que ela caia, quedará esmagado.
19
Decatándose de que ía por eles a parábola, os letrados e mais os sumos sacerdotes quixeron botarlle as mans naquel mesmo momento; pero tivéronlle medo á xente.
20
Entón puxéronse á espreita e mandáronlle uns espías, que finxían hipocritamente seren boa xente, para ver se o pillaban nalgún delito, e así podéreno entregar á xurisdición do gobernador.
21
Así dixéronlle: Mestre, sabemos que falas e ensinas rectamente, e non xulgas polas aparencias, senón que mostras o camiño verdadeiro de Deus.
22
Está permitido pagar a contribución ó César ou non?
23
El coñeceulles a mala intención e contestoulles:
24
Mostrádeme un denario. De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición? Contestáronlle: É do César.
25
Xesús replicoulles: Pois logo dádelle ó César o do César; e a Deus o de Deus.
26
Non puideron pillalo en ningún dito diante do pobo, e, pasmados da súa resposta, quedaron caladiños.
27
Chegaron algúns saduceos eses que negan que haxa resurrección e preguntáronlle:
28
Mestre, Moisés deixou escrito: "Se lle morre a alguén o seu irmán sen deixar fillos, que case coa viúva de seu irmán, para lle dar descendencia".
29
Pois dunha vez había sete irmáns. O primeiro casou, e morreu sen fillos.
30
Despois casou con ela o segundo;
31
e logo o terceiro; e así os sete foron casando coa viúva, morrendo tamén sen deixar fillos.
32
O cabo, morreu tamén a muller.
33
Ora, cando resuciten, de cal deles vai ser a muller, se estivo casada cos sete?
34
Xesús contestoulles: Neste mundo os homes e mais as mulleres casan entre eles.
35
Pero os que sexan dignos da vida futura e da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas,
36
pois non poden morrer. Son coma anxos, e son fillos de Deus por naceren na resurrección.
37
E que resucitan os mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da silveira: O Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob.
38
E Deus non é un Deus de mortos, senón de vivos, para El todos están vivos.
39
E nisto algúns dos letrados dixéronlle: Ben falado, Mestre.
40
Pois xa non se atrevían a preguntarlle máis nada.
41
Preguntoulles Xesús: Como din que o Mesías é fillo de David?
42
O mesmo David di no libro dos Salmos: Díxolle o Señor ó meu Señor: séntate á miña dereita,
43
que vou poñer os teus inimigos coma estrado dos teus pés.
44
Ora, se David o chama Señor, como vai ser o seu fillo?
45
E diante de toda a xente, díxolles ós seus discípulos:
46
Coidado cos letrados! Gústalles moito de se pasearen ben traxados, e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes.
47
E acábanlles cos bens ás viúvas, co pretexto de faceren longos rezos. Pero hanos xulgar co máis severo castigo.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24