bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 15
Luke 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
1
Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a el para o escoitaren.
2
Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.
3
Entón Xesús contoulles esta parábola:
4
Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa?
5
E cando a atopa, volve todo contento
6
para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: "Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera".
7
Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión.
8
E que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala?
9
E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida".
10
Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.
11
E dixo tamén: Un home tiña dous fillos.
12
O máis novo díxolle ó pai: "Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde". El repartiulles os seus bens.
13
Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna vivindo coma un perdido.
14
Despois de o gastar todo, houbo unha gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade.
15
Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a unha granxa a coidar os porcos.
16
Alí chegou a ter gana de encher o estómago coas landras que comían os porcos, pero ninguén llas daba.
17
Recapacitando, pensou: "Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame.
18
Si, vou volver á de meu pai e voulle dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti;
19
xa non son digno de que me trates coma un fillo, trátame coma un xornaleiro".
20
Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente.
21
O fillo exclamou: "Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un fillo".
22
Pero o pai díxolles ós seus criados: "Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés.
23
Preparade un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa.
24
Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo". E empezou a festa.
25
Pero resulta que o fillo máis vello estaba na leira e cando viña para casa, oíu a música e mais o baile.
26
Chamou por un criado e preguntoulle que pasaba.
27
O criado contestoulle: "Éche que volveu teu irmán, e teu pai mandou matar o cuxo cebado por recuperalo san e salvo".
28
Entón alporizouse moito, e non quería entrar. Pero o pai, saíndo, intentouno convencer.
29
El díxolle: "Tantos anos como levo servíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para troulear cos meus amigos;
30
e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con mulleres de mala vida, e matas o cuxo cebado".
31
O pai contestoulle: "Meu fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu,
32
que menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?".
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24