bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 4
Luke 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
1
Entón Xesús, cheo de Espírito Santo, volveu do Xordán, e o Espírito levouno deserto adiante,
2
durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días non probou bocado, pero ó cabo deles sentiu fame.
3
E díxolle o Satán: Se es o Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan.
4
Respondeulle Xesús: Está escrito: O home vive de algo máis ca de pan.
5
Despois levouno a un outeiro e mostroulle nun intre todos os reinos do mundo.
6
Díxolle o Satán: Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron a min e doullos eu a quen quero:
7
Se me adoras todo será teu.
8
Respondeulle Xesús: Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.
9
Levouno logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e díxolle: Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo,
10
que está escrito: Mandará ós seus anxos para que te garden; e tamén:
11
Levarate nas súas mans para que non se manquen quen os teus pés nas pedras.
12
Xesús respondeulle: Está mandado: Non tentarás o Señor, o teu Deus.
13
E rematadas as tentacións, o Satán deixouno ata o tempo axeitado.
14
Coa forza do Espírito Santo, Xesús volveu a Galilea, e a súa sona estendeuse por toda a redonda.
15
Ensinaba nas sinagogas, e todo o mundo dicía moito ben del.
16
Chegou a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na sinagoga. Ergueuse para facer a lectura,
17
e déronlle o libro do profeta Isaías. Abriuno e atopou unha pasaxe que dicía:
18
O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova ós pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,
19
e proclamar o ano de graza do Señor.
20
Pechando o libro, devolveullo ó encargado, e sentou. Todos os ollos da sinagoga enteira estaban fixos nel.
21
Logo empezoulles a dicir: Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.
22
E todos se lle puxeron á contra, estrañados polas palabras de graza que saían da boca del. E dicían: Pero non é este o fillo de Xosé?
23
El díxolles: Seguramente me recordaredes aquel refrán: Médico, cúrate a ti mesmo; todo canto oímos que fixeches en Cafarnaúm, faino aquí na túa terra.
24
Pero el continuou: Asegúrovos que ningún profeta é ben recibido na súa terra.
25
Tede por seguro que no tempo de Elías había moitas viúvas en Israel, cando o ceo estivo pechado durante tres anos e seis meses e unha grande fame anegou todo o país;
26
e a ningunha delas mandaron a Elías, senón a unha muller viúva de Sarepta, en Sidón.
27
E moitos gafos había en Israel no tempo de Eliseo, o profeta, e a ningún deles curou, fóra de Naamán, o sirio.
28
Oíndo estas cousas, todos os que estaban na sinagoga puxéronse feitos unhas feras;
29
Así que, erguéronse, botárono fóra da vila, levárono ata o alto do monte no que está edificada, coa intención de o precipitaren embaixo.
30
Pero el botou a andar polo medio deles e marchou.
31
Baixou entón a Cafarnaúm, vila de Galilea, e os sábados adoitaba ensinar.
32
Todos estaban sorprendidos do ensino, porque falaba con autoridade.
33
E aconteceu que había na sinagoga un home posuído polo espírito dun demoño inmundo, que pegou a berrar dando grandes voces:
34
Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Seica viñeches para acabares connosco? Ben sei quen es ti: o Santo de Deus.
35
Xesús ordenoulle: Cala a boca e bótate fóra dese home! E o demo tirou co home no medio e medio e saíu del sen lle facer mal.
36
Todos ficaron abraiados e falaban entre eles dicindo: Que terá a súa palabra? Con autoridade e poder manda nos espíritos malos, e eles fanlle caso.
37
E a sona de Xesús estendeuse por todos os lugares daquela terra.
38
O que saíu da sinagoga, entrou na casa de Simón. A sogra de Simón tiña unha febre moi alta, e pedíronlle por ela.
39
Achegándose a onde estaba, ordenoulle á febre que a deixase, e deixouna. De seguida ergueuse ela, e púxose a servilos.
40
A tardiña, cantos tiñan enfermos de calquera doenza leváronllos; el, impoñendo as mans sobre cada un deles, curounos a todos.
41
De moitos saían os demos tremendo e dicindo: "Ti es o Fillo de Deus". Pero el berráballes e non os deixaba falar, porque sabían que el era o Mesías.
42
O abrir o día, saíu para un lugar arredado. Pero a xente buscouno, indo tras el e tratando de retelo para que non os deixase.
43
Pero el díxolles: Tamén cómpre que anuncie o Reino de Deus noutras vilas, que para isto me mandaron.
44
E andou predicando polas sinagogas de Xudea.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24