bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 23
Luke 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 24 →
1
Cando se levantou a sesión, conduciron a Xesús ante Pilato.
2
Alí empezárono a acusar, dicindo: Atopamos a este revolucionando ó pobo, impedíndolle pagar o tributo ó César, e declarándose ademais Mesías e rei.
3
Pilato preguntoulle: Es ti o rei dos xudeus? Respondeulle: Ti o dis.
4
Entón díxolles Pilato ós sumos sacerdotes e mais á xente: Eu non atopo delito ningún neste home.
5
Pero eles teimaban dicindo: Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.
6
Oíndo aquilo, Pilato preguntou se aquel home era galileo.
7
O saber que pertencía á xurisdición de Herodes, remitiullo a el, que casualmente estaba por aqueles días en Xerusalén.
8
Herodes, ó ver a Xesús, alegrouse moito, porque había tempo que o quería ver, polo moito que tiña oído falar del; de por parte esperaba ver algún milagre.
9
Fíxolle moitas preguntas, pero Xesús non dixo palabra.
10
Tamén estaban alí os sumos sacerdotes e mais os letrados acusándoo con ardor.
11
Herodes e mais os seus soldados aldraxárono, e, para faceren riso del, vestírono cunha roupa fachendosa; e despois Herodes mandoullo de volta a Pilato.
12
E desde aquel día Herodes e Pilato, que se levaban moi mal, quedaron amigos.
13
Pilato convocou os sumos sacerdotes, os xefes e mais o pobo
14
e díxolles: Trouxéstesme este home coma se fose un revolucionario; pero eu, despois de o interrogar diante de vós, non atopei nel ningún delito deses dos que o acusades;
15
nin tampouco Herodes, que nolo devolveu. Nada que mereza a morte cometeu;
16
Así que voulle pór un escarmento, e despois vouno soltar.
18
Pero todos empezaron a berrar, dicindo: Fóra ese, solta a Barrabás!
19
(Este estaba na cadea por unha revolta con asasinato, ocorrido na cidade).
20
Pilato volveulles falar, pois quería librar a Xesús.
21
Pero eles berraban: Crucifícao, crucifícao!
22
Pilato replicou por terceira vez: Pero que mal fixo? Ningún delito de morte atopei nel. Dareille un escarmento e soltareino.
23
Pero eles porfiaban a berros e pedían a crucifixión, facendo cada vez máis algareo.
24
Por fin Pilato sentenciou tal coma eles querían.
25
Soltou ó que reclamaban o encadeado por revolta e asasinato, e a Xesús entregóullelo ó seu antollo.
26
Cando o levaban, botaron man dun certo Simón de Cirene, que viña da leira, e cargáronlle a cruz, para que a levase detrás de Xesús.
27
Ía tras eles unha chea de xente e mulleres batendo no peito e laiándose por el.
28
Xesús volvéndose a elas, díxolles: Fillas de Xerusalén, non choredes por min: chorade máis ben por vós e polos vosos fillos.
29
Porque, mirade, veñen días nos que se dirá: "Afortunadas as estériles, os ventres que non xeraron e os peitos que non criaron".
30
E pediranlles ós montes: Caede enriba de nós!, e ós outeiros: tapádenos.
31
Porque se isto fan coa árbore verde, que lle pasará á seca?
32
Levaban con el tamén a outros dous bandidos, para executalos.
33
E cando chegaron ó lugar chamado "A Caveira", crucificárono alí; e con el os dous bandidos: un á dereita e outro á esquerda del.
34
Xesús dicía: Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan. E, botando á sorte, repartiron a roupa del.
35
A xente estaba a mirar, e os xefes moqueábanse del, dicindo: A outros salvounos. Pois que se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.
36
Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre,
37
dicindo: Se ti es o rei dos xudeus, sálvate a ti mesmo.
38
E había un letreiro enriba del: "Este é o rei dos xudeus".
39
Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén: Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.
40
Pero contestoulle o outro, reprendéndoo: Seica non temes a Deus, ti que sofres a mesma condena ca el?
41
Nós, polo menos, recibimos o que merecemos, pero este non fixo mal ningún.
42
E dicíalle: Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.
43
Xesús respondeulle: Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.
44
Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde.
45
Pois houbo unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio.
46
Entón Xesús, pegou un berro moi alto e dixo: Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito. E dicindo isto, morreu.
47
O centurión, vendo o que sucedera, glorificou a Deus, dicindo: Realmente este home era inocente.
48
E toda a xente que acudira ó espectáculo, ó ver o que pasaba, volvía batendo no peito.
49
Os seus coñecidos seguían todo de lonxe, e igual as mulleres que o acompañaran desde Galilea.
50
Un home bo e honrado, chamado Xosé, que era conselleiro
51
aínda que el non estivera de acordo co proceder do Consello, natural de Arimatea, vila de Xudea, e que esperaba o Reino de Deus,
52
presentouse a Pilato e pediulle o corpo de Xesús.
53
Logo, despois de o baixar, envolveuno nunha saba e púxoo nun sepulcro cavado na rocha, que estaba sen estrear.
54
Era día da Preparación e xa despuntaba o sábado.
55
Tamén estiveron presentes as mulleres que o acompañaban desde Galilea, pois seguiron a Xosé, e viron o sepulcro e como o depositaba.
56
Cando regresaron, prepararon perfumes e bálsamos. Pero o sábado descansaron, conforme o mandado.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24