bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 3
Luke 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 4 →
1
No ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán, tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene:
2
durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto.
3
Entón el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para acadar o perdón dos pecados,
4
conforme está escrito no libro do profeta Isaías: Unha voz chama no deserto: Preparade os camiños do Señor, reparade os seus vieiros.
5
Todo barranco se cubrirá todo monte e outeiro se rebaixará, os camiños tortos hanse endereitar e os fragosos hanse achanzar.
6
E todos verán a salvación de Deus.
7
Ia onda el moita xente a que os bautizase, e el dicíalles: Camada de víboras! quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar?
8
Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: "Somos fillos de Abraham". Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham.
9
Xa está a machada posta á raíz das árbores, e toda árbore que non dea bo froito, será cortada e botada no lume.
10
E a xente preguntáballe: E logo, que temos que facer?
11
El respondíalles: O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.
12
Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e preguntáronlle: Mestre, que temos que facer?
13
El contestoulles: Non esixades nada máis do que vos está mandado.
14
Tamén uns soldados lle preguntaron: E nós, que temos que facer? El contestoulles: Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.
15
Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán;
16
pero el declarou diante de todos: Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.
17
Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de a queimar no lume que nunca apaga.
18
Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa Nova á xente.
19
Pero Herodes, o tetrarca, a quen Xoán reprendía por causa de Herodías, a súa cuñada, e por outros crimes,
20
colmounos todos facendo aínda este: meteu a Xoán na cadea.
21
Durante un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo
22
e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha voz desde o ceo: Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo.
23
Este era Xesús, que tiña trinta anos ó empezar; fillo, segundo se pensaba, de Xosé, que o era de Helí,
24
o de Matat, o de Leví, o de Melquí, o de Xanaí, o de Xosé,
25
o de Matatías, o de Amós, o de Nahúm, o de Eslí, o de Nagai,
26
o de Máhat, o de Matatías, o de Semeín, o de Ioseh, o de Iodá,
27
o de Iohanán, o de Resá, o de Zerubabel, o de Xealtiel, o de Nerí,
28
o de Melquí, o de Adí, o de Casam, o de Elmadam, o de Er,
29
o de Xesús, o de Eliezer, o de Iozim, o de Matat, o de Leví,
30
o de Simeón, o de Xudá, o de Xosé, o de Ionam o de Eliaquim,
31
o de Meleá, o de Mená, o de Matatá o de Natán, o de David,
32
o de Iexé, o de Iobed, o de Boaz, o de Salá, o de Naasón,
33
o de Aminadab, o de Admín, o de Arní, o de Esrón, o de Peres, o de Xudá,
34
o de Xacob, o de Isaac, o de Abraham, o de Tara, o de Nacor,
35
o de Seruc, o de Ragau, o de Pélec, o de Éber, o de Salá,
36
o de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lámec,
37
o de Metuxalem, o de Henoc, o de Iáret, o de Malelel, o de Cainam,
38
o de Enox, o de Xet, o de Adam, o de Deus.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24