bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 8
Luke 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
1
Despois disto púxose a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus. Ían con el os Doce
2
e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos espíritos: María, chamada a Magdalena, curada de sete demos,
3
Xoana, a muller de Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o servían cos seus bens.
4
Como se xuntaba moita xente, chegada de moitas vilas, propúxolles esta parábola:
5
Unha vez saíu un labrador a sementar. E ó botar a semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante, a xente pisouna e os paxaros comérona.
6
Outra caeu entre as pedras, pero xermolou, secou, por non ter lentura.
7
Outra caeu entre silvas, pero ó medrar a silveira, afogouna.
8
Outra caeu en boa terra, e xermolou dando o cento por un. A continuación exclamou: Quen teña oídos para oír, que escoite.
9
Entón preguntáronlle os seus discípulos que significaba aquela parábola.
10
El respondeu: A vós concedéusevos coñecer os misterios do Reino de Deus, pero ós outros unicamente en parábolas, de xeito que vendo, non vexan e escoitando, non entendan.
11
A parábola significa isto: a semente é a Palabra de Deus.
12
Os do camiño son os que tan pronto como oen a Palabra, vén o Satán e repáñallela do seu corazón, non vaia ser que crean e se salven.
13
Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan.
14
Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións, riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer.
15
Os da terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseveranza.
16
Agora ben, ninguén acende un candil para cubrilo cunha ola ou para o meter debaixo da cama, senón para poñelo nun candeeiro e alumar así a cantos entren.
17
Por-que non hai cousa oculta que non se chegue a saber nin segredo que non se chegue a descubrir e traer á luz pública.
18
Atendede, logo, ben ó que estades escoitando, porque a quen ten, daráselle; pero a quen non ten, háselle quitar aínda o que cre ter.
19
Apareceron a súa nai e mais os seus irmáns, pero debido á moita xente non se podían achegar a el.
20
Entón avisárono: A túa nai e mais os teus irmáns están fóra, e quérente ver.
21
El respondeulles: A miña nai e mais os meus irmáns son os que escoitan a Palabra de Deus e a levan á práctica.
22
Un día embarcou nun bote xunto cos seus discípulos e díxolles: Veña! Imos para a banda de alá do lago. Desatracaron
23
e mentres navegaban botouse a durmir. Nisto caeu sobre o lago un gran remuíño de vento, e a lancha anegábase, poñéndoos en perigo.
24
Achegáronse a espertalo, dicíndolle: Mestre, que afogamos! El espertou, e berroulles ó vento e ás ondas. Amainaron e veu unha gran calma.
25
Díxolles despois: Onde está a vosa fe? Eles, sorprendidos e admirados, dicían entre eles: Pero, quen é este, que manda nos ventos e na auga?
26
Arribaron ó país dos xerasenos, que está en fronte de Galilea.
27
O desembarcaren, saíulle ó paso certo home endemoñado da vila, que desde había tempo vivía sen roupa e sen casa. Moraba nos sepulcros.
28
O ver a Xesús, púxose a barullar e foi caer ó pé del berrando: Que teño eu que ver contigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche por favor que non me atormentes.
29
E era que el lle estaba mandando ó espírito malo saír daquel home, xa que en moitas ocasións se apoderara del e tíñano que atar con cadeas e grillóns para contelo; pero tronzaba os ferrollos, e o demo turraba por el cara ós campos ermos.
30
Xesús preguntoulle: Como te chamas? El respondeu: Chámanme Lexión. E é que eran moitos os demos que tiña no corpo.
31
Suplicábanlle que non os mandase ir para o abismo.
32
E cadrou que andaba unha boa manada de porcos comendo polo monte; entón eles rogáronlle que lles permitise entrar neles; el accedeu.
33
E saíndo do home fóronse meter nos porcos, que se chimparon polo barranco abaixo, e foron afogar no lago.
34
Vendo os porqueiros tal cousa, fuxiron, levando a novidade pola vila e polas aldeas.
35
A xente veu ver o que pasara, achegándose a onde estaba Xesús. Alí atoparon o home, do que saíran os demos, vestido e cheo de xuízo, sentado ós pés de Xesús; e quedaron asustados.
36
Os que viran o feito contáronlles como salvara ó posuído.
37
Entón a xente toda da rexión veciña dos xerasenos rogoulle que saíse de alí, porque estaban cheos de pánico. El, embarcándose, deu volta.
38
O home que tivera os demos pedíalle que o deixase ir con el; pero Xesús despediuno, dicíndolle:
39
Volve para a túa casa, e conta o moito que Deus fixo contigo. E foise, pregoando pola vila enteira canto Xesús lle fixera.
40
Ó volver, Xesús foi recibido pola xente, pois todos estaban a agardar por el.
41
Nisto chega un home chamado Xairo, que era o xefe da Sinagoga, bótase ós pés del e suplicáballe que entrase na súa casa,
42
porque tiña a súa filla única de doce anos ás portas da morte. E indo para alá, a xente non paraba de apertalo.
43
Unha muller que padecía de hemorraxias desde había doce anos, sen que ninguén a puidese curar,
44
Achegouse por detrás, tocoulle a orla da roupa e no instante cortóuselle a hemorraxia.
45
Entón Xesús preguntou: Quen foi o que me tocou? Todos dixeron que eles non foran, e Pedro replicou: Pero, Mestre a xente estate apertando por todos os lados!
46
Pero Xesús porfiou: Alguén me tocou, que eu ben me decatei de que unha forza saía de min.
47
Entón a muller, tremendo, veu caer ante el, manifestando diante de todo o pobo por que o tocara e como curara no instante.
48
El díxolle: Filla, a túa fe sandoute, vai en paz.
49
Estando aínda a falar, chegou un da casa do xefe da sinagoga a dicirlle: A túa filla morreu, non molestes máis ó Mestre.
50
Mais Xesús escoitou aquilo é díxolle: Non teñas medo: ti ten fe, e a rapaza hase salvar.
51
O chegar á casa, non permitiu a ninguén entrar con el agás Pedro, Xoán, Santiago e o pai e mais a nai da nena.
52
Todos choraban moi aflixidos por ela. Pero Xesús dixo: Non choredes: non morreu, está a durmir.
53
A xente facía riso del, sabendo ben que estaba morta.
54
Entón El, colleuna pola man e chamouna dicindo: Acorda, rapaza!
55
A rapaza recobrou o alento e coa mesma ergueuse; Xesús mandou que lle desen de comer á rapaza. Os pais quedaron admirados;
56
pero Xesús mandoulles non contar nada do sucedido.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24