bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 16
Luke 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 17 →
1
E díxolles tamén ós seus discípulos: Dunha vez había un home rico que tiña un administrador, do que lle foron contar que estaba a lle acabar cos bens.
2
Chamou por el e díxolle: "Que é iso que sinto falar de ti? Dáme conta da túa administración, que quedas despedido".
3
O administrador púxose a cavilar: "E agora que vou facer, que quedo sen traballo? Cavar, non podo; e botarme a pedir, dáme vergonza.
4
Ora! Xa sei o que vou facer para que cando me despidan haxa quen me acolla na súa casa!".
5
Vaise, e chama por cada un dos debedores do seu amo e pregúntalle ó primeiro: "Ti canto lle debes ó meu amo?".
6
El respondeulle: "Débolle cen bocois de aceite". El díxolle: "Pois colle o teu recibo e escribe axiña cincuenta".
7
Despois preguntoulle ó segundo: "Ti canto debes?". Respondeulle: "Debo cen ferrados de trigo". Díxolle el: "Pois colle o teu recibo e escribe oitenta".
8
O amo loou a aquel administrador inxusto pola astucia con que actuara, pois os fillos deste mundo son máis asisados nas cousas deles cós fillos da luz.
9
Por iso eu avísovos: Facede amigos coas riquezas inxustas, para que cando vos falten, vos acollan nas moradas eternas.
10
Quen é fiel no pouco, tamén será fiel no moito; e quen é inxusto no pouco, tamén será inxusto no moito.
11
Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis, quen vos vai confiar a verdadeira?
12
E se no alleo nos sodes fieis, quen vos vai confiar o voso?
13
Ningún criado pode servir a dous amos, porque ou lle ten xenreira a un e ama o outro; ou ben atende a un e menospreza o outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.
14
Oíndo estas cousas, os fariseos, que tan amigos son dos cartos, facían riso del.
15
El díxolles: Vós, moita fachenda de perfectos; pero Deus coñécevos por dentro; e o que loce ante os homes é noxento para Deus.
16
A Lei e mais os Profetas chegaron ata Xoán. Desde entón anúnciase o Reino de Deus, e todos utilizan a forza para entrar nel.
17
Pero máis facilmente pasarán o ceo e mais a terra do que caia un simple til da Lei.
18
Todo o que repudia a súa muller e casa con outra, comete adulterio; e o que casa cunha repudiada polo seu marido, tamén comete adulterio.
19
Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes.
20
O pé da súa porta xacía un pobre, chamado Lázaro, todo cuberto de chagas,
21
que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas.
22
Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ó seo de Abraham. Morreu tamén o rico, e enterrárono.
23
Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abraham e mais a Lázaro no seu seo.
24
Entón suplicoulle dicindo: "Ai, pai Abraham, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume".
25
Pero Abraham contestoulle: "Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento.
26
Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós".
27
Entón el insistiu: "Suplícoche, pai Abraham, que o mandes a casa do meu pai,
28
onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos".
29
Pero Abraham respondeulle: "Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles".
30
El volveu insistir: "Pero non llelo van facer, pai Abraham, non; se un morto vai onda eles, seguro que se converterán".
31
Pero Abraham replicoulle: "Se a Moisés e mais ós Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado".
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24