bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 19
Luke 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
1
Chegou Xesús a Xericó e pasaba atravesando a cidade.
2
Había alí un home chamado Zaqueo, xefe dos recadadores e moi rico.
3
Intentaba ver quen era Xesús; pero impedíallo a xente, porque el era pequeneiro.
4
Entón botou a correr e subiu a unha figueira para velo, porque ía pasar por alí.
5
O pasar Xesús por aquel lugar, levantou a vista e díxolle: Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na túa casa.
6
El, baixando de contado, acolleuno moi contento.
7
Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar: Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
8
Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor: Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.
9
Entón Xesús dixo: Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é fillo de Abraham.
10
Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.
11
Estando a xente escoitando estas cousas, engadiu unha parábola, por estar cerca de Xerusalén e por pensar a xente que o Reino de Deus ía aparecer de contado.
12
Dixo: Un home nobre marchou a un país distante, a que o coroasen rei, e volver despois.
13
Chamou logo por dez dos seus criados, repartiulles dez onzas, e encargoulles: "Negociade ata que volva".
14
Pero os seus súbditos, que o odiaban, mandaron tras el unha embaixada, dicindo: "Non queremos que este sexa o noso rei".
15
Cando volveu, xa coroado coma rei, mandou chamar polos criados aqueles, ós que lles dera as onzas, para saber canto gañara cada un.
16
Presentouse o primeiro, dicindo: "Señor, a túa onza produciu outras dez".
17
El contestoulle: "Ben, criado cumpridor: xa que fuches fiel en cousa pequena, serás rexedor de dez cidades".
18
Chegou o segundo dicindo: "A túa onza, Señor, produciu outras cinco",
19
Contestoulle tamén a este: "Ti tamén serás rexedor de cinco cidades".
20
E chegou outro, dicindo: "Señor, aquí tes a túa onza; tíñaa gardada nun paniño,
21
pois sabía que eras home esixente, que colles o que non pos e segas o que non sementas".
22
El contestoulle: "As túas palabras condénante, criado inútil. Así que ti sabías que son home esixente, que collo o que non poño, e sego o que non semento.
23
Pois logo por que non deixaches nun banco os meus cartos? Así, ó chegar, eu podía recoller os intereses".
24
E díxolles ós presentes: "Quitádelle a onza e dádella ó que ten dez!".
25
Eles replicaron: "Señor, se ese xa ten dez onzas!" El seguiu:
26
"Asegúrovos que a todo o que ten, háselle dar; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle ha de quitar.
27
E a todos eses meus inimigos, que non me querían por rei, traédeos aquí, e degoládeos na miña presenza".
28
E dito isto, botou a andar diante deles camiño de Xerusalén.
29
E cando se aproximaban a Betfagué e a Betania, ó pé do chamado Monte das Oliveiras, mandou dous discípulos,
30
dicíndolles: Ide á aldea que tedes aí diante, e atoparedes atado un burriño que ninguén montou aínda nunca. Soltádeo e traédeo.
31
E se alguén vos pregunta: "Por que o soltades?", respondédelle: "Precísao o Señor".
32
Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera.
33
E cando ceibaron o burriño, preguntáronlles os donos: Por que soltades o burriño?
34
Eles contestaron: Precísao o Señor.
35
Levárono onda Xesús, botaron os mantos sobre o burriño e axudárono a montar.
36
E ó pasar el, a xente estendía os mantos polo camiño.
37
Cando se aproximaban á baixada do Monte das Oliveiras, a multitude de discípulos, cheos de alegría, comezaron a loar a Deus con grandes gritos, por tódalas marabillas que tiñan visto.
38
Dicían: Benia o que vén, coma rei, no nome do Señor. Paz no ceo, e gloria no máis alto!
39
Algúns dos fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle: Mestre, reprende a eses teus discípulos.
40
Pero el respondeulles: Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras.
41
E ó enxergaren a cidade, chorou sobre ela
42
dicindo: Ai, se ti tamén coñeceses neste día o que che podía traer paz! Pero os teus ollos non o dan visto.
43
E virán días nos que os teus inimigos te rodearán de trincheiras; asediarante, e apertarante por todas partes.
44
Esnaquizarante contra o chan a ti e mais os teus fillos. Non che deixarán pedra sobre pedra, por non recoñecer a oportunidade de cando te visitaron.
45
Despois entrou no templo, e empezou a botar fóra os tendeiros,
46
dicíndolles: Está escrito: a miña casa ha ser casa de oración; pero vós convertéstela en cova de bandidos.
47
Ensinaba todos os días no templo. Daquela xa os sumos sacerdotes, os letrados e mais os notables do pobo buscaban o xeito de acabaren con el.
48
Pero non o atopaban, porque todo o pobo estaba moi atento ó que el dicía.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24