bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 10
Numbers 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 11 →
1
Mandoulle o Señor a Moisés:
2
—"Faite dúas trompetas de prata; faralas batidas a martelo e usaralas para convocar a comunidade e para dar o sinal de levantar o campamento.
3
Cando as fagas soar, xuntarase onda ti toda a comunidade á porta da Tenda do Encontro.
4
Se se toca unha só, virán a ti os príncipes, os xefes das agrupacións de Israel.
5
Cando toquedes con estrondo, deberán levantar o campamento os acampados pola banda do abrente.
6
E cando toquedes con estrondo por segunda vez, deberán levantar o campamento os do mediodía; tocarase, pois, o toque estrondoso para se poren en marcha aqueles.
7
Para congregar a comunidade tamén tocaredes, pero non con estrondo.
8
Os fillos de Aharón, os sacerdotes, tocarán as trompetas, que serán para vós lei perpetua nas vosas xeracións.
9
Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.
10
Nos vosos días de xúbilo, nas vosas solemnidades e nos primeiros de mes, tocaredes as trompetas durante os vosos holocaustos e sacrificios de comuñón, para que vos sirvan de memorial na presenza do voso Deus. Eu son o Señor, voso Deus!"
11
O ano segundo, o segundo mes, o vinte do mes, aconteceu que a Nube se elevou de enriba do Tabernáculo do Testemuño.
12
Os fillos de Israel partiron do deserto de Sinaí por etapas, e a Nube detívose no deserto de Parán.
13
Foi deste xeito como levantaron o campamento por primeira vez, segundo a orde do Señor, dada por medio de Moisés.
14
Partiu a primeira a insignia do campamento dos fillos de Xudá, conforme os seus escuadróns, e como xefe da tropa ía Nahxón, fillo de Aminadab.
15
Como xefe do exército da tribo dos fillos de Isacar ía Natanael, fillo de Suar;
16
e como xefe do exército da tribo dos fillos de Zebulón, Eliab, fillo de Helón.
17
Cando se desarmou o Tabernáculo, comezaron a marcha os fillos de Guerxón e os de Merarí, que cargaban co Tabernáculo.
18
Logo saíu a insignia do campamento de Rubén, segundo os seus escuadróns, e coma xefe da tropa ía Elisur, fillo de Xedeur.
19
Coma xefe do exército da tribo dos fillos de Simeón ía Xelumiel, fillo de Surixadai;
20
e como xefe do exército da tribo dos fillos de Gad, ía Eliasaf, fillo de Deuel.
21
E saíron os quehatitas, levando o obxecto santo; e xa lles ergueran o Tabernáculo antes de chegaren eles.
22
Despois partiu a insignia do campamento dos fillos de Efraím, segundo os seus escuadróns, e coma xefe da tropa ía Elixamá, fillo de Amihud.
23
Coma xefe do exército da tribo dos fillos de Menaxés ía Gamaliel, fillo de Pedahsur;
24
e coma xefe do exército da tribo dos fillos de Benxamín, Abidán, fillo de Guideón.
25
Logo a insignia do campamento dos fillos de Dan, segundo os seus escuadróns. Saíu a derradeira, pechando todos os campamentos, e coma xefe da tropa ía Ahiézer, fillo de Amixadai.
26
Coma xefe do exército da tribo de Axer ía Paguiel, fillo de Ocrán,
27
e coma xefe do exército formado pola tribo dos fillos de Naftalí, Ahirá, fillo de Enán.
28
Esta foi a orde das marchas dos fillos de Israel, repartidos nos seus escuadróns, cando partían.
29
Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".
30
Pero el respondeulle: —"Non irei convosco, senón que me vou ir para a miña terra, onda os meus parentes".
31
Moisés insistiu: —"Rógoche que non nos deixes, pois ti coñeces ben os lugares axeitados onde habemos acampar no deserto, e serás para nós un bo guía!
32
Se vés connosco, terás parte no ben que nos faga o Señor a nós, de todos os bens che daremos parte".
33
E partiron do monte do Señor e andaron o camiño de tres días. A Arca da Alianza do Señor ía diante deles durante os tres días de camiño, para buscarlles sitio onde repousar.
34
A Nube do Señor ía enriba deles de día, ó saíren do campamento.
35
Para que a Arca se puxese en camiño, Moisés exclamaba: —"Levántate, Señor; sexan dispersos os teus inimigos; e fuxan os que te aborrecen diante da túa presenza!".
36
E cando se detiña, dicía: —"Vólvete, Señor, cara ós milleiros das familias de Israel".
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36