bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 30
Numbers 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 31 →
1
Moisés faloulles ós fillos de Israel conforme a todo o que lle ordenara o Señor.
2
Moisés faloulles tamén ós xefes das tribos israelitas, dicindo: —"Isto é o que mandou o Señor:
3
Se un home fai un voto ó Señor ou se compromete baixo xuramento, uníndose por unha obrigación, non faltará á súa palabra; obrará conforme a todo o que prometeu.
4
Se unha muller fai un voto ó Señor ou se compromete por unha obrigación, estando na casa de seu pai, na súa mocidade,
5
e sabedor o pai do seu voto e do seu compromiso, el non di nada, todos os seus votos e todo o seu compromiso serán firmes.
6
Non obstante, se o seu pai, ó chegar ó coñecemento dos votos e do compromiso, se opón, todos os seus votos e mais o compromiso non terán valor, e o Señor perdoaraa, porque seu pai se opuxo a isto.
7
Se se casa estando suxeita ós seus votos ou a algunha promesa, que a obriga a algunha privación,
8
e se o seu home chega a coñecer iso e non lle di nada, os seus votos serán firmes e serán firmes os seus compromisos.
9
Pero, se o home, no día en que dixo chegar ó coñecemento diso, o desaproba, o voto queda anulado e a promesa feita de palabra, coa que se comprometera, desaparece, e o Señor perdoaraa.
10
En troques, o voto dunha viúva ou dunha muller repudiada e todos os seus compromisos serán firmes para ela.
11
Se unha muller fixo un voto ou promesa, con xuramento de se privar de algo, estando na casa do marido,
12
e o marido, que chega a sabelo, non lle di nada, nin desaproba o feito, todos os seus votos quedarán en firme, e tamén serán firmes todos os seus compromisos.
13
Con todo, se o seu marido, o día no que o saiba, o anula, nada de todo canto saíu dos labios dela, sexan votos ou compromisos, será firme; o seu marido anulounos, e o Señor perdoaraa.
14
Todo voto e todo compromiso por xuramento de se mortificar poderao ratificar seu esposo ou anulalo.
15
Mais se o seu marido garda silencio ata o día seguinte, ratifica así todos os votos e todas as obrigacións que sobre ela pesen; confírmaos por gardar silencio o día no que o soubo.
16
Mais se el os anulase, despois de o saber, cargaría coa iniquidade dela".
17
Tales son os estatutos que o Señor prescribiu a Moisés sobre relacións entre marido e muller, e tamén entre un pai e mais a súa filla, durante a mocidade desta na casa de seu pai.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36