bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 16
Numbers 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 17 →
1
Coré, fillo de Ishar, fillo de Quehat, fillo de Leví; e Datán e Abiram, fillos de Eliab, fillo de Pélet, fillo de Rubén,
2
levantáronse contra Moisés con douscentos cincuenta homes dos fillos de Israel, príncipes da comunidade, membros do consello, persoas que eran das máis significadas e sinaladas polo seu nome.
3
Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"
4
Logo de oír isto, Moisés botouse rostro en terra.
5
Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.
6
Facede isto: collede cada un o voso incensario, Coré e toda a súa facción,
7
e mañá ponde neles lume e botade enriba incenso diante do Señor. O home que o Señor escolla, ese será o santo. Abonda xa, fillos de Leví!"
8
Moisés díxolle a Coré: —"Escoitade, por favor, fillos de Leví!
9
Parécevos pouco para vós que o Deus de Israel vos separase da comunidade israelita e vos aproximase a El, para que desempeñedes o servizo do Tabernáculo do Señor e para vos manter na presidencia da comunidade e oficiar por ela?
10
Ademais, aproximouvos a ti e a todos os teus irmáns, fillos de Leví, e reclamades aínda o sacerdocio?
11
Ti e toda a túa facción sublevástesvos contra o Señor; pois quen é Aharón para que murmuredes contra el?".
12
Moisés mandou chamar a Datán e Abiram, fillos de Eliab, que responderon: —"Non iremos!
13
É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?
14
Abofé, non nos trouxeches a un país que deita leite e mel, nin nos deches en herdanza campos e viñas! Pensas arrincar os ollos desta xente? Non iremos!"
15
Moisés alporizouse moito, e díxolle ó Señor: —"Non te volvas para a súa oblación! Nin un asno só lles quitei nin maltratei a ningún deles".
16
Logo Moisés díxolle a Coré: —"Mañá ti e toda a túa facción presentádevos ante o Señor; ti, eles e mais Aharón.
17
Collede cada un o voso incensario, ponde nel incenso, e ofrecede ante o Señor cada un o voso, en total douscentos cincuenta incensarios. Tamén ti e Aharón, cada un co seu incensario".
18
Colleron, pois, cadanseu incensario, puxeron neles lume, botándolle enriba incenso, e puxéronse á entrada da Tenda do Encontro con Moisés e Aharón.
19
Coré congregara contra eles a toda a comunidade á entrada da Tenda do Encontro. Entón a Gloria do Señor apareceu ante toda a asemblea.
20
O Señor díxolles a Moisés e Aharón:
21
—"Separádevos do medio desta comunidade, para que de improviso os destrúa!"
22
Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"
23
O Señor faloulle a Moisés, para lle dicir:
24
—"Fálalle á comunidade: afastádevos das tendas de Coré, Datán e Abiram!"
25
Levantouse Moisés e foi onda Datán e Abiram e seguírono os anciáns de Israel.
26
Entón díxolle á comunidade: —"Afastádevos, por favor, de onda as tendas destes homes perversos, e non toquedes nada de canto lles pertence, para que non sexades arrastrados no medio dos seus pecados!"
27
Afastáronse, logo, de onda as tendas de Coré, Datán e Abiram. Mentres, Datán e Abiram saíran e mantíñanse firmes á entrada das súas tendas coas súas mulleres, os seus fillos e demais parentes.
28
Entón dixo Moisés: —"Nisto recoñeceredes que o Señor me mandou para facer todas estas accións, e que non fago nada pola miña conta:
29
se todos estes homes morren de morte natural, e lles toca a mesma sorte que a todos os homes, non foi o Señor quen me enviou;
30
pero se o Señor fai un portento e a terra abre a súa boca e os engole con todo o que lles pertence, de sorte que baixen vivos á morada dos mortos, entón saberedes que estes homes blasfemaron contra o Señor".
31
E aconteceu que, tan pronto como acabou de falar, fendeuse a terra debaixo dos seus pés.
32
A terra abriu a súa boca e enguliunos a eles e ás súas familias, toda a xente de Coré e toda a súa facenda.
33
Descenderon, pois, vivos á morada dos mortos, eles e todos os seus; a terra pechouse sobre eles, e desapareceron do medio da comunidade.
34
Todos os israelitas que estaban arredor deles fuxiron ante os seus berros, pois dicían: —"Non sexa que nos engula a terra!".
35
E ó mesmo tempo saíu un lume da parte do Señor e devorou os douscentos cincuenta homes que ofrecían o incenso.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36