bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 29
Numbers 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 30 →
1
No sétimo mes, no día primeiro do mes, celebraredes asemblea santa e non faredes obra ningunha servil; será para vós día de aclamación coas trompetas.
2
Ofreceredes un holocausto de aroma grato para o Señor: un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto.
3
A súa oblación de flor de fariña amasada co aceite será de catro quilos polo xovenco, dous quilos e medio polo carneiro
4
e un quilo e medio por cada un dos sete años,
5
e ademais un chibo en sacrificio polo pecado para facerdes expiación por vós,
6
sen contar o holocausto do mes e mais a súa oblación, o holocausto perpetuo e mais a súa oblación, ademais das libacións preceptuadas, en sacrificio con lume de grato aroma para o Señor.
7
O dez dese sétimo mes teredes unha asemblea santa, e faredes penitencia e non realizaredes obra ningunha servil.
8
Ofreceredes en holocausto de aroma grato ó Señor un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto.
9
A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos polo xovenco, dous quilos e medio polo carneiro,
10
e un quilo e medio por cada un dos sete años.
11
Un macho cabrún en sacrificio polo pecado, sen contar o sacrificio expiatorio e o holocausto perpetuo, coa súa oblación e mais as súas libacións.
12
O día quince do sétimo mes teredes unha asemblea santa; non faredes obra ningunha servil e celebraredes a festa do Señor durante sete días.
13
Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: trece xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano, sen defecto.
14
A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos por cada un dos trece xovencos, dous quilos e medio por cada un dos carneiros
15
e un quilo e medio por cada un dos catorce años;
16
un macho cabrún en sacrificio polo pecado, ademais do holocausto perpetuo coa súa oblación e mais a súa libación.
17
No segundo día: doce xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
18
Así como a súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado.
19
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais as súas libacións.
20
No día terceiro: once xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
21
e tamén a súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado.
22
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
23
No día cuarto: dez xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
24
A súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado.
25
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
26
No día quinto: nove xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
27
coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado.
28
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo e a súa oblación e mais a súa libación.
29
No día sexto: oito xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
30
coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado.
31
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
32
No día sétimo: sete xovencos, sete carneiros, catorce años dun ano sen defecto;
33
coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado.
34
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
35
No día oitavo teredes a asemblea; non faredes obra ningunha servil.
36
Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto;
37
coa súa oblación e mais as súas libacións correspondentes polos xovencos, o carneiro e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado.
38
Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
39
Tales son as cousas que faredes en honra do Señor nas vosas solemnidades, á parte dos vosos votos e ofrendas voluntarias, dos vosos holocaustos, oblacións, libacións e mais sacrificios pacíficos".
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36