bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 17
Numbers 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 18 →
1
Díxolle o Señor a Moisés:
2
—"Manda que Elazar, fillo do sacerdote Aharón, retire os incensarios que están no medio do lume e que espalle as brasas, porque son santas.
3
Os incensarios deses que morreron polo seu pecado, sexan reducidos a láminas para recubrir o altar, porque foron ofrecidos ó Señor e están santificados. Serviranlles de sinal ós fillos de Israel".
4
O sacerdote Elazar colleu, logo, os incensarios de bronce que ofreceran os mortos polo lume, e laminounos para recubrir o altar.
5
Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.
6
O día seguinte, toda a comunidade dos fillos de Israel murmurou contra Moisés e Aharón, dicindo: —"Vós matastes o pobo do Señor!"
7
E aconteceu que, mentres se xuntaba a comunidade contra Moisés e contra Aharón, estes achegáronse á Tenda do Encontro, e de seguida os cubriu a Nube e apareceu a Gloria do Señor.
8
Moisés e Aharón chegáronse diante da Tenda do Encontro,
9
e o Señor faloulles:
10
—"Retirádevos do medio desta comunidade, pois vouna consumir nun instante!" Eles prostráronse por terra,
11
e Moisés díxolle a Aharón: —"Colle o incensario e pon nel lume collido do altar e bótalle enriba incenso; vai despois axiña ó medio do pobo e ofrece expiación por eles, porque xa saíu a cólera do Señor: xa comezou o castigo".
12
Aharón colleu o incensario, conforme lle indicara Moisés, e foi correndo ó medio do pobo, pois xa comezara o castigo entre o pobo; puxo incenso e fixo a expiación polo pobo.
13
Colocouse de pé entre os mortos e os vivos, e o castigo cesou.
14
Foron os mortos polo castigo 14.700, sen contar os mortos por culpa da revolta de Coré.
15
Aharón volveu onda Moisés, á entrada da Tenda do Encontro, porque o castigo xa cesara.
16
Díxolle o Señor a Moisés:
17
—"Fálalles ós fillos de Israel e toma deles unha vara por cada casa patriarcal, de parte de todos os príncipes, segundo a súa casa paterna, isto é, doce varas. Escribirás o nome de cada un sobre cada vara.
18
Pero na vara de Leví escribirase o nome de Aharón, pois só haberá unha vara por casa patriarcal.
19
E mandaralas pousar na Tenda do Encontro, diante do Testemuño, onde eu me aparezo a ti.
20
Agora ben, acontecerá que a vara do home que eu escolla, florecerá; así farei cesar as queixas, que os fillos de Israel murmuran contra vós".
21
Faloulles Moisés ós fillos de Israel. Todos os seus príncipes lle deron a súa vara, cada un a súa, segundo as casas paternas, ou sexa, doce varas, e a vara de Aharón estaba entre elas.
22
Moisés puxo as varas diante do Señor na Tenda do Testemuño.
23
E aconteceu que ó día seguinte, cando entrou Moisés na Tenda do Testemuño, achou que a vara de Aharón, correspondente á casa de Leví, estaba florecida: aparecéranlle os botóns, saíranlle flores e dera améndoas.
24
Moisés levou da presenza do Señor todas as varas ós fillos todos de Israel. Recoñecéronas, e cada un recolleu a súa.
25
O Señor díxolle a Moisés: —"Torna a levar a vara de Aharón diante do Testemuño, para que sirva de sinal contra os fillos rebeldes, e para que cesen as súas queixas diante de min, e non morran".
26
Fíxoo Moisés; como o Señor lle mandara, así o fixo.
27
Os fillos de Israel dixéronlle a Moisés: —"Mira que somos consumidos, xa perecemos, todos nós perecemos!
28
Calquera que se aproxima ó Tabernáculo do Señor, morre sen remedio! Acaso acabaremos por morrer todos?"
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36