bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 23
Numbers 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 24 →
1
Díxolle Balaam a Balac: —"Edifícame aquí sete altares e prepárame neste lugar sete touros e sete carneiros".
2
Balac fixo como Balaam dixera e ofreceu un touro e un carneiro sobre cada altar.
3
Logo díxolle Balaam a Balac: —"Fica onda o teu holocausto, mentres eu me afasto; quizais saia o Señor ó meu encontro, e todo o que El me revele, eu comunicareicho". E marchou a un lugar afastado.
4
Deus saíu ó encontro de Balaam, quen lle dixo: —"Teño preparados os sete altares e ofrecín un touro e un carneiro sobre cada altar".
5
O Señor puxo unha palabra na boca de Balaam, e dixo: —"Torna a Balac, e falaraslle así".
6
Tornou, pois, a el, e encontrouno de pé onda o seu holocausto, con todos os príncipes de Moab.
7
Entón pronunciou o seu oráculo: —"Desde Aram faime vir Balac, o rei de Moab desde as montañas do Oriente: Ven, díxome, maldí a Xacob! Ven, impreca a Israel!
8
Como vou maldicir a quen El non maldiciu? Como vou detestar eu a quen non detestou o Señor?
9
En verdade, desde o cume dos penedos eu o vexo, e desde o curuto dos outeiros eu o contemplo: Velaí un pobo que habita só, e entre as nacións non se conta.
10
Quen puido contar a multitude de Xacob e quen enumerar a cuarta parte de Israel? Morra eu coa morte dos xustos e sexa o meu futuro semellante ó deles!".
11
Entón Balac díxolle a Balaam: —"Que é o que me fixeches? Para maldicir os meus inimigos fíxente vir, e ti non fas máis que bendicilos!"
12
Balaam respondeulle dicindo: —"Por ventura non teño que ter coidado en dicir aquilo que Deus pon nos meus labios?"
13
E díxolle Balac: —"Ven, por favor, comigo a outro sitio desde onde poidas velo! Soamente verás a súa parte extrema, mais todo el non o verás. Maldío desde alí!"
14
Levouno entón ó Campo das sentinelas, no cume do Pisgah, e construíu sete altares, ofrecendo un touro e un carneiro sobre cada altar.
15
E díxolle a Balac: —"Queda aquí onda o teu holocausto, mentres eu saio aí ó encontro".
16
O Señor veu ó encontro de Balaam, e póndolle a palabra na súa boca, díxolle: —"Torna a Balac, e falarás así!"
17
Foi onda el e atopouno de pé onda o seu holocausto, acompañado dos príncipes de Moab. Preguntoulle Balac: —"Que che dixo o Señor?
18
Entón el pronunciou o seu oráculo: —"Levántate Balac, e escoita, óeme, fillo de Sipor!
19
Non é Deus home para mentir, nin fillo de home para que se poida desdicir. É El quen di e non fai, ou quen fala e non cumpre?
20
Eu recibín orde de bendicir, bendicín, e non o podo cambiar.
21
Non se viu culpa en Xacob, nin se viu maldade en Israel. O Señor, o seu Deus, está con el, nel é aclamado coma rei.
22
Deus, que o tirou do Exipto, é para el como a forza do rinoceronte.
23
Non existe maxia en Xacob, nin adiviñacións en Israel. O seu tempo diráselle a Xacob e a Israel o que El vai facer.
24
Velaquí un pobo que se levanta coma unha leoa, e se ergue coma un león; non se deitará ata que dea devorado a presa e o sangue das súas vítimas dea bebido".
25
Entón Balac díxolle a Balaam: —"Xa que non podes maldicilo, polo menos non o bendigas!"
26
Mais Balaam respondeulle a Balac: —"Non cho anunciei, dicindo: Todo o que o Señor diga, iso hei facer?"
27
Entón Balac díxolle a Balaam: —"Ven, por favor, levareite a outro lugar! Quizais sexa do agrado de Deus que os maldigas desde alí!"
28
E Balac conduciu a Balaam ó cume do Peor, que olla para o deserto.
29
Balaam díxolle a Balac: —"Constrúeme aquí sete altares e prepárame sete touros e sete carneiros".
30
Balac fixo conforme Balaam lle indicara, e ofreceu un touro e un carneiro en cada altar.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36