bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 21
Numbers 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 22 →
1
Cando o cananeo rei de Arad, que habitaba no Négueb, oíu que Israel viña polo camiño dos exploradores, atacou a Israel e fixo algúns prisioneiros.
2
Entón Israel fixo un voto ó Señor dicindo: —"Se pos na miña man a este pobo, eu hei dar ó exterminio todas as súas cidades".
3
O Señor escoitou a voz de Israel, e entregoulle os cananeos; e foron dados ó exterminio eles e as súas cidades, e aquel lugar chamouse co nome de Anatema.
4
E marcharon do monte Hor polo camiño do Mar Rubio, rodeando o país de Edom, e o pobo comezou a esmorecer polo camiño.
5
E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"
6
O Señor enviou contra o pobo serpes velenosas, que o morderon, e morreu moita xente de Israel.
7
O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: —"Pecamos por falarmos contra o Señor e contra ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes!" Moisés rezou polo pobo,
8
e o Señor díxolle a Moisés: —"Fai unha serpente velenosa, e pona no alto dun mastro: cada un dos mordidos que a mire, vivirá".
9
Moisés fixo unha serpente de bronce e púxoa na punta dun mastro; e cada un que fora mordido pola serpente, se miraba para a serpente de bronce, quedaba san.
10
Os fillos de Israel partiron e acamparon en Obot.
11
E de novo marcharon de Obot e acamparon nos outeiros de Habarim, no deserto, que está ó leste de Moab.
12
De alí marcharon e acamparon no torrente de Zared.
13
Marcharon de alí e acamparon do outro lado do Arnón, no deserto que sae do territorio dos amorreos, pois o Arnón constitúe a fronteira entre Moab e o amorreo.
14
Por iso se di no libro das guerras do Señor: —"Vaheb en Sufa e os vales do Arnón,
15
e o declive dos regatos que se inclina cara á veiga do Ar, e repousa na fronteira de Moab".
16
E de alí foron a Beer. Aquí está o pozo ó que se refería o Señor, cando falou con Moisés: —"Xunta o pobo, e eu dareilles auga".
17
Entón Israel cantou este cántico: —"Deita, pozo! Cantádelle!
18
Pozo que os príncipes cavaron, que furaron os nobres do pobo co cetro, cos seus caxatos". E do deserto foron a Matanah;
19
de Matanah a Nahaliel, de Nahaliel a Bamot,
20
e de Bamot ó val que hai no campo de Moab, no cume do Pisga, que olla para o deserto.
21
Entón Israel mandou embaixadores ó rei dos amorreos, dicindo:
22
—"Déixame pasar polo teu país! Nós non nos desviaremos nin polos labradíos nin polas viñas, nin beberemos auga de ningún pozo; iremos pola estrada real, ata pasarmos os teus límites".
23
Pero non permitiu pasar a Israel polo seu territorio, senón que xuntou a todo o seu pobo e saíu ó encontro de Israel no deserto; chegou a Iáhsah e combateu contra el.
24
Mais Israel derrotouno a fío de espada e apoderouse do seu territorio, desde o Arnón ata o Iaboc, ata os amonitas, porque a fronteira dos fillos de Amón estaba fortificada.
25
Israel tomou, pois, todas aquelas cidades. Estableceuse en todas as cidades dos amorreos, en Hexbón e máis en todas as vilas dos arredores.
26
Porque Hexbón era a cidade de Sihón, rei dos amorreos, que guerreara contra o rei anterior de Moab e lle tomara todo o seu territorio ata o Arnón.
27
Por iso din os poetas: —"Vide a Hexbón, edifíquese e restáurese a cidade de Sihón.
28
Pois un lume saíu de Hexbón, unha chama da cidade de Sihón, que devorou Ar de Moab, e os outeiros de Arnón.
29
Ai de ti, Moab! Estás perdido, pobo de Kemox! Os seus fillos tiveron que andar fuxidos, e as súas fillas foron cativas de Sihón, rei dos amorreos!
30
O xugo de Hexbón foi exterminado! Arruinado está Hexbón ata Dibón; arruinamos ata Nófah, que está xunto a Medebá".
31
Israel, pois, morou na terra dos amorreos.
32
Moisés mandou explorar Iaser, e conquistárona coas súas vilas de arredor, expulsando ós amorreos que moraban alí.
33
Despois cambiaron de dirección e subiron polo camiño de Baxán. Og, rei do Baxán, saíu ó seu encontro, acompañado de todo o seu pobo, presentándolle batalla en Edrei.
34
Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Non lle teñas medo, porque xa cho puxen eu na túa man con todo o seu pobo e todo o seu territorio. Farás con el o mesmo que fixeches con Sihón, rei dos amorreos, que habitaba en Hexbón".
35
Vencérono, pois, tamén a el, ós seus fillos e a todo o seu pobo, ata non deixaren nin sequera un vivo, e apoderáronse do seu territorio.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36