bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 8
Numbers 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 9 →
1
Faloulle o Señor a Moisés:
2
—"Dille a Aharón: Cando teñas montadas as lámpadas, as sete lámpadas deben alumar de cara á parte dianteira do candelabro".
3
Fíxoo así Aharón, facendo montar as súas lámpadas pola parte dianteira do candelabro, como lle mandara o Señor a Moisés.
4
Este era o traballo artístico do candelabro: todo de ouro batido a martelo, tanto o pé coma todos os seus brazos, todo de ouro batido a martelo: segundo a visión que o Señor mostrara a Moisés, así se fixo o candelabro.
5
Díxolle o Señor a Moisés:
6
—"Toma os levitas do medio dos fillos de Israel e purifícaos.
7
Para os purificar, farás deste xeito: asperxeralos con auga de expiación; logo pasarán a navalla por todo o seu corpo, lavarán os seus vestidos: así quedarán purificados.
8
Despois tomarán un xovenco coa súa ofrenda de flor de fariña, amasada con aceite, como oblación, e ti tomarás outro xovenco que ofrecerás coma expiación polo pecado.
9
Farás que se aproximen os levitas diante da Tenda do Encontro, e alí congregarás a toda a comunidade dos fillos de Israel.
10
Entón farás que se acerquen os levitas ante o Señor e os fillos de Israel imporán as súas mans sobre os levitas.
11
Aharón ofrecerá os levitas diante do Señor, como ofrenda dos fillos de Israel, e así quedarán dedicados ó servizo do Señor.
12
Logo os levitas imporán as súas mans sobre a cabeza dos xovencos; deles ofrecerás un en sacrificio polo pecado e outro en holocausto ó Señor, para faceres expiación polos levitas.
13
Colocarás despois os levitas de pé diante de Aharón e de seus fillos, e farás o xesto de ofrecelos ó Señor.
14
Separarás así os levitas de entre os fillos de Israel, e os levitas serán para min.
15
Despois disto, os levitas entrarán ó servizo da Tenda do Encontro, e purificaralos: farás deles unha ofrenda,
16
porque eles son unha verdadeira ofrenda, doada a min, entre todos os fillos de Israel, en lugar de todos os primoxénitos, os que abren o seo materno de entre os fillos de Israel. Eu escollinos para min.
17
Porque meus son todos os primoxénitos dos fillos de Israel, tanto de homes como de animais; eu consagreinos para min, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto.
18
Escollín os levitas en lugar de todos os primoxénitos de Israel,
19
e, tirándoos do medio do pobo, entreguéillelos a Aharón e a seus fillos, para que me sirvan polos fillos de Israel na Tenda do Encontro e para que ofrezan expiación polos fillos de Israel, de sorte que non veña ningunha praga entre os israelitas cando se aproximen ó santuario".
20
Moisés e Aharón e toda a asemblea dos fillos de Israel fixeron, acerca dos levitas, canto lle ordenara o Señor a Moisés ó respecto: así fixeron acerca deles os fillos de Israel.
21
Os levitas purificáronse e lavaron os seus vestidos. Aharón fixo o xesto de ofrecelos na presenza do Señor, e logo fixo expiación por eles, para os purificar.
22
Despois disto os levitas entraron a facer o servizo na Tenda do Encontro, diante de Aharón e seus fillos. Tal como o Señor ordenara a Moisés acerca dos levitas, así fixeron con eles.
23
O Señor díxolle a Moisés:
24
—"Isto é o que incumbe ós levitas: desde a idade de vinte e cinco anos para arriba entrarán a prestar servizo na Tenda do Encontro;
25
mais ó chegaren ós cincuenta anos, retiraranse das súas funcións e xa non servirán máis.
26
Poderán axudar ós seus irmáns na Tenda do Encontro, facendo garda, pero servizo non o farán. Así has facer no referente ó servizo dos levitas.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Recommended Reading
Commentary
Numbers Commentaries
→
Devotional
Numbers Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→