bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 5
Numbers 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 6 →
1
Díxolle o Señor a Moisés:
2
—"Manda ós fillos de Israel que boten fóra do campamento a todo leproso, a todo o que padece gonorrea e a todo o contaminado por un cadáver.
3
Sexa home ou muller, botádeos fóra do campamento, para que non contaminen o lugar onde moro eu no medio deles".
4
Os fillos de Israel fixérono así e botáronos fóra do campamento. Tal como llo mandara o Señor a Moisés, así o fixeron.
5
Díxolle o Señor a Moisés:
6
—"Dilles ós fillos de Israel: o home ou a muller que cometa unha inxustiza contra o seu próximo, ofendendo así ó Señor e volvéndose culpable,
7
confesará o pecado cometido, e restituirá todo o dano causado co recargo dun quinto, e entregarallo a aquel a quen llo fixera.
8
Se xa non houber un parente a quen restituír, o que se había de restituír ofrecerallo ó Señor, sendo para o sacerdote, e ademais ofrecerá o carneiro da expiación para conseguir a súa purificación.
9
A ofrenda de toda clase de cousas que ofrezan os fillos de Israel ó sacerdote, pertenceralle a este.
10
A ofrenda sagrada de cada home será del mesmo, mais a que un dá para o sacerdote, será deste".
11
Faloulle o Señor a Moisés:
12
—"Dilles ós fillos de Israel: Todo home a quen a súa muller se lle extravía e comete contra el infidelidade,
13
e dorme con outro home, pero a infidelidade non chega ó coñecemento do marido, por cometela en segredo e non existir testemuña ningunha contra ela nin ser sorprendida no acto;
14
se entón o espírito dos celos se apodera do home e este se cela da súa muller, sexa que ela cometese infidelidade, sexa que non a cometese,
15
o home levará a súa muller ante o sacerdote e fará unha ofrenda por ela: un décimo de efah de fariña de cebada, sen lle botar aceite nin lle pór enriba o incenso, por tratarse dunha ofrenda de celos para descubrir unha falta.
16
O sacerdote fará que se poña de pé diante do altar, na presenza do Señor.
17
Tomará o sacerdote auga bendita nun vaso de barro cocido e agarrando po do chan do Tabernáculo, mesturarao coa auga.
18
O sacerdote colocará de pé á muller diante do Señor, descubriralle a cabeza e porá nas súas mans a ofrenda recordatoria dos celos; mentres, el agarrará na súa man as augas amargas da maldición.
19
O sacerdote esconxurará á muller dicíndolle: Se ningún home estraño durmiu contigo e se non cometiches ningunha infidelidade contra o teu home, que te vexas libre da maldición destas augas amargas.
20
Mais se te apartaches do teu home e te manchaches dándote a outro home distinto do teu, deitándote con el
21
(o sacerdote mandaralle facer o xuramento da maldición á muller, e diralle:) faga o Señor baixar contra ti a maldición, e fágate maldita no medio do teu pobo; que as túas pernas perdan as forzas e que inche o teu ventre;
22
que estas augas amargas da maldición entren nas túas entrañas e che fagan inchar o ventre e enfraquecer as coxas. A muller responderá: Amén, amén.
23
O sacerdote escribirá logo esta maldición nunha folla, que botará moída nas augas amargas.
24
Despois faralle beber á muller estas augas amargas da maldición, que entrarán nela.
25
E collerá o sacerdote da man da muller a ofrenda dos celos e axitaraa diante do Señor e ofreceraa sobre o altar.
26
E collerá o sacerdote unha manchea de gran da ofrenda e queimaraa no altar; e despois daralle a beber as augas á muller.
27
Despois que a muller as beba, se ela de verdade está manchada por cometer unha infidelidade contra o seu home, ó entraren nela as augas amargas da maldición, incharalle o ventre e enfraqueceranlle as coxas, e a muller será aldraxada por todo o seu pobo.
28
Pero se a muller non ten culpa, senón que é inocente, non lle fará mal ningún, recobrará a honra e terá descendencia.
29
Esta é a lei dos celos, pola que se rexerá a muller que, apartándose do seu home, comete algunha infidelidade;
30
e tamén do home, en quen entra o espírito dos celos e entra en sospeita contra a súa muller. El faraa comparecer diante do Señor, para que o sacerdote a someta a toda esta lei.
31
O marido quedará limpo de culpa, e a muller cargará con toda a súa iniquidade".
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Recommended Reading
Commentary
Numbers Commentaries
→
Devotional
Numbers Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→