bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 24
Numbers 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 25 →
1
Viu Balaam que lle agradaba ó Señor que bendicise a Israel, e non foi, como as outras veces, buscar agoiros, senón que volveu o seu rostro para o deserto.
2
Levantou os ollos e viu a Israel acampado por tribos, e o espírito do Señor descendeu sobre el.
3
Entón pronunciou o seu oráculo: —"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, oráculo do varón de ollo penetrante,
4
oráculo de quen oe as palabras de Deus, de quen ve as visións do Todopoderoso; que cae e se lle abren os ollos.
5
Que fermosas son as túas tendas, Xacob; e as túas moradas, Israel!
6
Son longos coma vales, cal xardíns á beira do río, coma áloes plantados polo Señor, coma cedros a carón das augas.
7
A auga corre das súas nubes, e a súa sementeira crecerá ben regada. Máis loado ca Agag será o seu rei, exaltado será o seu reino.
8
Deus, que o tirou do Exipto, é para el coma a forza do rinoceronte. Devora as nacións inimigas súas, creba os seus ósos, e traspásaos coas súas frechas.
9
Reclínase, déitase coma un león, como unha leoa: quen o fará levantar? Benditos quen te bendigan, e quen te maldigan, malditos!".
10
A ira de Balac acendeuse contra Balaam, bateu as mans, e díxolle a Balaam: —"Eu chameite para maldicires os meus inimigos, e xa vai por tres veces que os bendís!
11
Agora, pois, volta para o teu lugar! Eu prometera encherte de honores, pero o Señor privoute deles".
12
Respondeulle Balaam a Balac: —"Non lles dixera eu ós embaixadores que me enviaches:
13
Aínda que Balac me dese a súa casa chea de prata e de ouro, eu non podería transgredir a orde do Señor, facendo pola miña conta cousa boa ou mala; aquilo que diga o Señor, iso direi?
14
Agora, pois, que me vou para o meu pobo, ven, e informareite do que ese pobo ha facer nos días vindeiros!" E Balaam pronunciou o seu oráculo:
15
—"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, oráculo do varón de ollo penetrante,
16
oráculo de quen oe as palabras de Deus, e coñece a ciencia do Altísimo, de quen ve as visións do Todopoderoso, que cae e se lle abren os ollos.
17
Véxoo, pero non neste intre; eu avístoo, pero non de cerca: saíu unha estrela de Xacob, e xurdiu un caxato de Israel; crebou as ladeiras de Moab e abateu todos os fillos de Xet.
18
Edom vaise empobrecendo, e empobrécese Seir, o seu inimigo, mentres Israel fai prodixios.
19
De Xacob sairá un Dominador e aniquilará os restos da cidade".
20
Logo viu a Amalec, e pronunciou o seu oráculo: —"É Amalec a primeira das cidades, mais o seu final parará en destrución".
21
Logo viu o quenita, e pronunciou o seu oráculo: —"Firme é a túa morada, e ter o teu niño dentro do penedo!
22
Con todo, Caín será asolado, ata que Asur te conduza cativo".
23
E continuou co seu oráculo: —"Ai, quen vivirá cando Deus faga isto!
24
Virán navíos de parte dos quititas e asoballarán Asur e arrasarán Éber, e tamén el irá á ruína".
25
Logo Balaam partiu e volveu para o seu país. Tamén Balac proseguiu o seu camiño.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36