bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 6
Numbers 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 7 →
1
Faloulle o Señor a Moisés:
2
—"Dilles ós fillos de Israel: Calquera home ou muller que fagan voto de nazireato e queiran consagrarse ó Señor,
3
non poderán beber viño nin bebidas embriagadoras, nin vinagre de viño, nin outras bebidas fermentadas de uva, nin comerá uvas frescas ou pasas.
4
Mentres lles dure o nazireato, non tomarán nada que veña do froito das cepas, nin das sementes nin do bagazo.
5
En todo o tempo do nazireato non pasará a navalla pola cabeza, ata que se completen os días da súa consagración ó Señor: será reservado para o Señor e deixará crecer os cabelos da súa cabeza.
6
En todo o tempo da súa consagración ó Señor como nazireo non poderá tocar o cadáver de ningún morto.
7
Para non se contaminar, non se achegará ó cadáver nin de seu pai, nin de súa nai, nin de seu irmán, nin da súa irmá, porque leva na súa cabeza o sinal de estar consagrado a Deus.
8
Durante todo o tempo do seu nazireato está consagrado ó Señor.
9
Mais se por un casual morre de súpeto alguén á súa beira, e queda impuro o sinal do nazireato que leva na cabeza, rapará logo a cabeza no día da súa purificación, isto é, no sétimo día.
10
E no oitavo día irá onda o sacerdote á porta da Tenda do Encontro, levando dúas rulas ou dous pombiños.
11
O sacerdote fará o sacrificio con un deles polo pecado, e ofrecerá o outro en holocausto para expiar por el, para lle borrar a mancha contraída por se achegar ó cadáver. Quedará purificada a súa cabeza nese mesmo día.
12
Consagrará de novo ó Señor os días do seu voto de nazireo, e presentará un año dun ano para expiar pola culpa, e non lle valerán os días do voto xa pasados, porque foi contaminado o seu nazireato.
13
Esta é a lei do nazireato: o día en que se complete o prazo do seu nazireato, será conducido á entrada da Tenda do Encontro,
14
e ofrecerá a súa ofrenda ó Señor: un año dun ano sen defecto, que se queimará en holocausto, e unha aña dun ano, tamén sen defecto para a expiación dos seus pecados, e un carneiro sen mancha para o sacrificio de comuñón;
15
e tamén un cesto de bolos de pan asmo de flor de fariña triga, amasada con aceite, e tortas sen fermento cociñadas con aceite, e todo o que se precisa para a oblación e as libacións destes sacrificios.
16
O sacerdote presentará todo ó Señor e ofrecerá o sacrificio expiatorio polo pecado, e mais o holocausto.
17
Ofrecerá o carneiro como sacrificio de comuñón en honor ó Señor, xunto coas cousas do cesto e ofrecerá ademais as correspondentes libacións.
18
Diante da porta da Tenda do Encontro o nazireo rapará a súa cabeza, recollerá os cabelos consagrados polo voto de nazireo e botaraos ó lume, que arde debaixo da vítima dos sacrificios de comuñón.
19
Despois o sacerdote collerá a pá asada do carneiro, e un bolo de pan sen fermento do cesto dos ázimos e unha torta sen fermento, e porá todo isto na palma da man do nazireo, despois que teña acabado de lle rapar a cabeza consagrada.
20
O sacerdote abalarao todo ritualmente diante do Señor: é unha cousa santa que lle pertence a el, ademais do peito, que tamén abalará, e da perna dianteira, que presentará ó Señor do mesmo xeito. Despois disto o nazireo poderá xa beber viño.
21
Esta é a lei do nazireo que fixo un voto, cando presente a súa ofrenda ó Señor para a súa consagración, ademais do que poida engadir. Procederá de acordo coas promesas que fixo ó formular o voto, conforme a lei do nazireato".
22
O Señor faloulle a Moisés:
23
—"Dilles a Aharón e a seus fillos: desta maneira habedes de bendicir os fillos de Israel:
24
Que o Señor te bendiga e te garde.
25
Que o Señor faga brillar sobre ti o seu rostro e se compadeza de ti.
26
Que o Señor che mostre o seu rostro e che conceda a paz.
27
Eles invocarán así o meu nome en favor dos fillos de Israel e eu bendicireinos".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36