bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 28
Numbers 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 29 →
1
O Señor díxolle a Moisés:
2
—"Ordénalles ós fillos de Israel: Coidaredes de me ofrecer ó seu tempo a miña ofrenda, o manxar debido, como sacrificio de grato recendo ó ser queimado.
3
Tamén lles dirás: Este é o sacrificio para ser queimado que tendes de ofrecer ó Señor: años dun ano sen defecto, dous cada día, en holocausto perpetuo.
4
O primeiro año ofrecerédelo pola mañá, e o segundo á tardiña;
5
con quilo e medio de flor de fariña, como oblación amasada cun litro de aceite refinado.
6
Tal é o holocausto perpetuo que foi ofrecido no monte Sinaí de grato aroma, sacrificio para o Señor.
7
E a súa correspondente libación de viño de uva será dun litro por cada año; no Santuario hase verter a libación, bebida fermentada para o Señor.
8
O segundo año ofreceralo á tardiña: farás como para a oblación da mañá e a mesma libación. É un sacrificio con lume de grato aroma para o señor.
9
No día de sábado ofreceredes dous años dun ano sen defecto e, como oblación, dous quilos e medio de flor de fariña amasada no aceite, coa súa correspondente libación.
10
É o holocausto de cada sábado, que se engade ó holocausto perpetuo e mais á súa libación.
11
Cada día primeiro de mes ofreceredes en holocausto ó Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano, sen defecto;
12
e tamén catro quilos de flor de fariña en oblación amasada no aceite, por cada un dos xovencos; dous quilos e medio de flor de fariña amasada no aceite, como oblación polo carneiro;
13
e un quilo e medio de flor de fariña, como oblación amasada en aceite, por cada año. É un holocausto de aroma grato, un sacrificio con lume para o Señor.
14
E as súas libacións serán: dous litros e medio de viño por xovenco, un litro e medio por carneiro e un litro por cada año. Tal é o holocausto mensual, de cada mes, para os meses do ano.
15
Tamén un chibo en sacrificio polo pecado: ofrecerase, coa súa libación, ademais do sacrificio perpetuo.
16
No mes primeiro, no día catorce do mes, é a Pascua do Señor.
17
O día quince dese mes é a festa; comeranse pans ácimos durante sete días.
18
O día primeiro haberá asemblea santa; non faredes obra ningunha servil.
19
Ofreceredes en sacrificio como holocausto ó Señor, dous xovencos, un carneiro e sete años dun ano, sen defecto.
20
A súa oblación será de flor de fariña amasada en aceite: catro quilos polo xovenco e dous quilos e medio polo carneiro.
21
Ofreceredes un quilo e medio por cada un dos sete años.
22
Ademais, un chibo en sacrificio polo pecado para facerdes expiación por vós.
23
Faredes tales ofrendas sen contardes o holocausto da mañá, que forma parte do holocausto perpetuo.
24
Faredes isto cada un dos sete días: é un alimento, sacrificio con lume de grato aroma para o Señor. Farase coa súa libación, ademais do holocausto perpetuo.
25
No sétimo día celebraredes unha asemblea santa e non faredes nel obra ningunha servil.
26
O día das Primicias, cando ofrezades unha oblación nova ó Señor, na vosa festa das Semanas, teredes unha asemblea santa; non faredes nela obra ningunha servil.
27
Ofreceredes en holocausto de aroma grato para o Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano.
28
A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite consistirá en catro quilos por cada xovenco, dous quilos e medio polo único carneiro,
29
e un quilo e medio por cada un dos sete años,
30
Ademais un chibo para facer expiación por vós.
31
Ofreceredes isto ademais do holocausto perpetuo e a súa oblación. Escollerédelos sen defecto, coas súas libacións correspondentes.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36