bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 31
Numbers 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 32 →
1
Díxolle o Señor a Moisés:
2
—"Vinga nos madianitas ós fillos de Israel. Despois xuntaraste cos antepasados do teu pobo".
3
Moisés faloulle ó pobo: —"Disponde os homes para a guerra e vaian contra Madián, a fin de lles dar a vinganza do Señor nos madianitas.
4
Mil por tribo, de todas as tribos de Israel, enviaredes á guerra".
5
Foron, pois, escollidos das lexións de Israel mil por tribo, isto é, doce millares armados para a milicia.
6
Moisés enviounos á milicia mil por tribo, ás ordes de Pinhas, fillo do sacerdote Elazar, portador dos obxectos sagrados e das trompetas de alarma.
7
Eles pelexaron contra Madián, conforme lle mandara o Señor a Moisés, e mataron a todos os varóns.
8
Amais dos soldados mortos mataron tamén ós reis de Madián: Evi, Requem, Sur, Hur e Reba, cinco reis madianitas. Ademais mataron á espada a Balaam, fillo de Beor.
9
Os fillos de Israel ademais levaron cativas ás mulleres de Madián, cos seus meniños e saquearon todo o seu gando, todos os seus rabaños e toda a súa facenda.
10
A todas as súas cidades nos seus diversos lugares de residencia e a todos os seus campamentos prendéronlles lume.
11
Colleron todo o botín e toda a presa feita en homes e en gando,
12
e conduciron os cativos, o botín e mais a presa a Moisés, a Elazar, o sacerdote, e á comunidade dos fillos de Israel, que estaban no campamento situado nas planicies de Moab, xunto do Xordán, fronte a Xericó.
13
Moisés, o sacerdote, Elazar e todos os príncipes da comunidade saíron ó seu encontro fóra do campamento.
14
Moisés irouse contra os xefes do exército, xenerais e centurións que volvían da expedición guerreira,
15
e díxolles: —"Mais por que deixastes con vida a todas estas mulleres?
16
Ollade! Elas son as que por instigación de Balaam induciron ós fillos de Israel a apostataren do Señor por mor de Peor, e por esa causa caeu o castigo enriba da comunidade do Señor.
17
Agora, pois, matade a todo varón entre os meniños e a toda muller que fixese o acto sexual con home.
18
Pero reservade con vida para vós a todas as rapazas que non tiveron relacións sexuais con varón.
19
E vós quedade fóra do campamento durante sete días. Todos os que matastes unha persoa e cantos tocastes un cadáver, purificarédesvos no terceiro e sétimo día, tanto vós coma os vosos prisioneiros.
20
Purificade tamén todo vestido, todo obxecto de pel, todo utensilio feito de pel de cabra e todo utensilio de madeira".
21
O sacerdote Elazar díxolles ós homes da milicia que foran ó combate: —"Este é o precepto legal que o Señor ordenou a Moisés:
22
O ouro, a prata, o bronce, o ferro, o estaño e o chumbo,
23
todo o que resiste o lume, farédelo pasar polo lume e será puro; non obstante, terá de ser purificado coa auga lustral. E todo o que non resiste o lume, pasarédelo pola auga.
24
O día sétimo lavaredes os vosos vestidos, e seredes puros; e despois poderedes entrar no campamento".
25
Díxolle o Señor a Moisés:
26
—"Fai o inventario do botín collido en homes e gando, ti, o sacerdote Elazar e os xefes das casas paternas da comunidade.
27
Dividirás pola metade o botín entre os combatentes que foron á guerra e toda a comunidade.
28
Separarás para o Señor, como tributo dos guerreiros que foron á guerra, unha cabeza de cada cinco centos, tanto dos homes como dos bois, dos asnos e das ovellas;
29
collerédelo da metade que lles corresponde e daralo ó sacerdote Elazar como primicia para o Señor.
30
Da metade correspondente ós fillos de Israel tomarás a porcentaxe do un por cincuenta, tanto dos homes como dos bois, dos asnos e das ovellas, de todos os animais, e darásllelo ós levitas encargados do servizo do Tabernáculo do Señor".
31
Moisés e o sacerdote Elazar fixeron como lle ordenara o Señor a Moisés.
32
O botín que o exército tomara coma presa foi: ovellas, 675.000 cabezas;
33
bois, 72.000;
34
Asnos, 71.000;
35
en canto a persoas, mulleres que non tiveran relacións con home, o total era de 32.000.
36
A metade adxudicada ós que foran á guerra deu un total de: ovellas, 337.500;
37
destas corresponden como tributo para o Señor 675.
38
Bois, 36.000, e o seu tributo para o Señor, 72.
39
Asnos, 30.500, e o seu tributo para o Señor, 61.
40
Persoas, 16.000, e o seu tributo para o Señor, 32.
41
Moisés entregou o tributo como primicia do Señor ó sacerdote Elazar, conforme o Señor lle ordenara.
42
Canto á metade correspondente ós fillos de Israel que Moisés apartara da dos guerreiros,
43
esa metade da comunidade foi: ovellas, 337.500;
44
bois, 36.000;
45
Asnos, 30.500;
46
persoas, 16.000.
47
Moisés tomou desa metade dos israelitas a porcentaxe do un por cincuenta, tanto dos homes como dos animais, e entregouno ós levitas, que desempeñaban o servizo do Tabernáculo do Señor, conforme o Señor lle ordenara.
48
Logo presentáronse ante Moisés os xefes das unidades militares, os xenerais e os centurións,
49
e dixéronlle a Moisés: —"Os teus servos fixeron a conta dos combatentes que había á nosa disposición, e non faltou nin sequera un deles.
50
Presentamos, pois, como ofrenda ó Señor cada un o que gañou en obxectos de ouro: brazaletes, pulseiras, aneis, pendentes e colares, a fin de que sexa propiciatoria polas nosas almas ante o Señor".
51
Moisés e o sacerdote Elazar aceptaron deles o ouro: toda sorte de obxectos traballados con arte.
52
O total de ouro que presentaron ó Señor procedente dos xenerais e os centurións, foi 16.750 siclos.
53
Os soldados collérano cada un para si.
54
Moisés e o sacerdote Elazar tomaron o ouro dos xenerais e os centurións, e levárono á Tenda do Encontro, como lembranza dos fillos de Israel ante o Señor.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36