bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 20
Numbers 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 21 →
1
Os fillos de Israel, a comunidade enteira, chegaron ó deserto de Sin no primeiro mes, e o pobo acampou en Cadex. Alí morreu María e alí foi sepultada.
2
Como non había auga para a comunidade, xuntáronse contra Moisés e contra Aharón.
3
O pobo levantouse contra Moisés e laiouse con berros, dicindo: —"Oxalá perecésemos, cando pereceron os nosos irmáns diante do Señor!
4
Para que fixestes vir á comunidade do Señor a este deserto, para morrermos nel nós e o noso gando?
5
Por que nos fixestes saír de Exipto, para nos traer a este lugar maldito, que non se pode sementar e que nin ten figueiras, nin viñas, nin granadas, e amais diso non ten auga para beber?"
6
Moisés e Aharón, retirándose de diante da comunidade, foron á entrada da Tenda do Encontro, e prostráronse co rostro por terra. Aparecéuselles por riba deles a Gloria do Señor,
7
e o Señor díxolle a Moisés:
8
—"Colle a vara, e fai xuntar á comunidade, ti e Aharón, teu irmán; na presenza deles ordenarédeslle ó penedo que dea auga; farás manar para eles auga do penedo e daraslle de beber á comunidade e ó seu gando!"
9
Moisés colleu a vara de diante do Señor, conforme lle ordenara.
10
Logo Moisés e Aharón reuniron a comunidade diante do penedo, e faloulles: —"Escoitade, rebeldes! Poderemos sacar auga para vós deste penedo?"
11
E Moisés levantou a man e bateu no penedo coa súa vara por dúas veces: e saíu auga abundante, e a comunidade bebeu, e o seu gando tamén.
12
O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Por non confiardes en min e non manifestardes así a miña santidade ós ollos dos israelitas, non seredes vós quen introduza esta comunidade na terra que eu lles vou dar".
13
Estas son as augas de Meribah, onde os fillos de Israel se queixaron contra o Señor e El manifestou a súa santidade.
14
Desde Cadex Moisés enviou embaixadores ó rei de Edom: —"Isto fala o teu irmán Israel: Ti ben coñeces todos os traballos que pasamos,
15
como os nosos pais tiveron que baixar a Exipto, onde habitamos por moito tempo. Os exipcios maltratáronnos a nós e ós nosos devanceiros;
16
pero nós queixámonos ó Señor. El escoitou o noso lamento, e enviou o seu anxo, que nos sacou de Exipto. Velaquí que xa chegamos a Cadex, cidade que está nos teus últimos límites.
17
Déixanos pasar, por favor, pola túa terra! Non atravesaremos campos, nin viñas, nin beberemos das augas dos pozos, camiñaremos pola estrada do rei, non sairemos nin para a dereita nin para a esquerda, ata que deamos saído do teu territorio".
18
E respondeulles Edom: —"Ti non pasarás polo meu territorio; do contrario, saireiche ó encontro coa espada!"
19
Os fillos de Israel contestáronlle: —"Subiremos polo camiño, e se eu e os meus gandos bebemos das túas augas, pagaremos o seu prezo: permite soamente que pasemos a pé".
20
Mais el respondeu: —"Non pasarás!" E saíu Edom ó seu encontro con moita xente e con fortes armas.
21
E non quixo Edom deixar pasar a Israel polo seu territorio. Entón Israel retirouse de onda el.
22
Marcharon de Cadex os fillos de Israel, toda a comunidade, e chegaron ó monte de Hor.
23
O Señor díxolles a Moisés e Aharón no monte Hor, situado na fronteira de Edom:
24
"É preciso que Aharón se xunte cos do seu pobo, pois non debe entrar na terra que eu lles dei ós fillos de Israel, porque fostes rebeldes ás miñas ordes nas augas de Meribah.
25
Colle a Aharón e ó seu fillo Elazar e lévaos ó monte Hor.
26
Fai espir a Aharón dos seus vestidos e faillos vestir a Elazar, seu fillo, porque Aharón se ten que xuntar cos seus e alí morrerá".
27
Moisés fixo como lle ordenara o Señor, e subiron ó monte Hor na presenza de toda a comunidade.
28
Moisés fixo espir a Aharón dos seus vestidos e fíxollos vestir a Elazar, seu fillo. Morreu Aharón alí no cume do monte, e logo descenderon Moisés e mais Elazar do monte.
29
E comprendeu toda a comunidade que morrera Aharón, e toda a casa de Israel chorou a Aharón durante trinta días.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36