bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 27
Numbers 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 28 →
1
Presentáronse entón as fillas de Selofad, fillo de Héfer, fillo de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés, fillo de Xosé. Estes son os nomes das fillas daquel: Mahlah, Noah, Hoglanh, Milcah e Tirsah.
2
Presentáronse, pois, ante Moisés, ante Elazar, sacerdote, e ante os príncipes e toda a comunidade á entrada da Tenda do Encontro, dicindo:
3
—"O noso pai morreu no deserto, pero el non figurou na facción dos que conspiraron contra o Señor, na facción de Coré; senón que morreu polo seu pecado e non tivo fillos.
4
Por que deixar que o nome do noso pai desapareza de entre os da súa familia por non ter fillos varóns? Dádenos unha propiedade entre os irmáns do noso pai!"
5
Moisés entón presentou a causa delas ante o Señor.
6
O Señor respondeulle a Moisés:
7
—"Din ben as fillas de Selofad. Daraslles unha propiedade entre os irmáns de seu pai, e pásalles a herdanza do pai deles.
8
E ós fillos de Israel falaraslles nestes termos: Cando un home morra sen ter fillos varóns, pasarédeslles a herdanza ás súas fillas;
9
e se non ten fillas, daredes a súa herdanza a seus irmáns.
10
Se non tiver irmáns, daredes a súa herdanza ós irmáns de seu pai;
11
e se seu pai non tiver irmáns, daredes a súa herdanza ó seu parente máis próximo dentro da súa familia, que será o seu dono". Isto será para os fillos de Israel unha norma de dereito, conforme o Señor llo ordenou a Moisés.
12
Díxolle o Señor a Moisés: —"Sube a este monte dos Abarim, e contempla o país que lles teño destinado ós fillos de Israel!
13
Cando o teñas visto, teraste que xuntar cos devanceiros do teu pobo, como se xuntou o teu irmán Aharón,
14
porque ámbolos dous no deserto de Sin, na rebelión da comunidade, fostes rebeldes á miña orde de declararme santo ós seus ollos mediante a auga, a auga de Meribah, no deserto de Sin".
15
Moisés respondeulle ó Señor:
16
—"Señor, Deus do espírito de todo ser vivo, sinala sobre a comunidade un home que a dirixa e se poña á súa cabeza,
17
que os leve e os traia, para que a comunidade do Señor non sexa coma rabaño sen pastor!"
18
O Señor contestoulle a Moisés: —"Escolle a Xosué, fillo de Nun, home no cal reside o Espírito; e impón sobre el a túa man!
19
Preséntao logo diante de Elazar, sacerdote, e diante de toda a comunidade, e dálle ordes na súa presenza.
20
Daraslle unha parte da túa dignidade, para que o obedezan todos os da comunidade dos fillos de Israel.
21
Deberá presentarse a Elazar, sacerdote, quen consultará por el o xuízo dos Urim ante o Señor. Por orde súa sairán e por orde súa regresarán, el e mais todos os fillos de Israel con el, toda a comunidade".
22
Moisés fixo como lle ordenara o Señor: colleu a Xosué e presentouno ante Elazar, sacerdote, e ante a comunidade;
23
impuxo sobre el as súas mans e deulle as súas ordes, conforme o Señor llo mandara.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36