bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 36
Numbers 36
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
1
Os xefes das casas patriarcais da familia dos fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés, de entre as familias dos fillos de Xosé, aproximáronse, e tomando a palabra ante Moisés e os príncipes, xefes das casas patriarcais dos israelitas,
2
dixeron: —"O Señor mandou ó meu señor que reparta por sorte a terra ós fillos de Israel. Tamén lle foi ordenado ó meu señor polo Señor que dese a herdanza do noso irmán Selofad ás súas fillas.
3
Mais se elas casan con alguén doutra tribo dos fillos de Israel, o seu patrimonio será quitado do patrimonio dos nosos pais, e irá engadir a herdanza da tribo daqueles ós que elas pasan a pertencer, diminuíndo así o lote da nosa herdanza.
4
E cando chegue o Xubileu para os fillos de Israel, a súa herdade agregarase á herdade da tribo daqueles ós que lles pertenzan, e virá así a quitarse da herdanza da tribo de nosos pais".
5
Entón Moisés, por mandato do Señor, deu orde ós fillos de Israel: —"Din ben os da tribo dos fillos de Xosé.
6
Velaquí o que ordenou o Señor para as fillas de Selofad: casarán con quen elas queiran, mais soamente con quen pertenza á familia da súa tribo.
7
Así a herdanza dos de Israel non pasará dunha tribo a outra, senón que os israelitas quedarán ligados cada un á herdanza da súa tribo paterna.
8
E toda filla que herde patrimonio nunha tribo dos fillos de Israel, terá de casar con alguén que pertenza á familia da tribo de seu pai, a fin de que os israelitas manteñan cada un a posesión da súa herdanza paterna,
9
e non pase a herdanza dunha tribo a outra, para que as tribos dos fillos de Israel estean vinculadas con cadansúa herdanza".
10
Tal e como lle ordenou o Señor a Moisés, así fixeron as fillas de Selofad:
11
Mahlah, Tirsah, Hoglah, Milcah e Noah, fillas de Selofad, casaron con fillos dos seus tíos.
12
Casaron dentro das familias dos fillos de Menaxés, fillo de Xosé, e a herdade delas ficou na tribo da familia de seu pai.
13
Estes son os preceptos e leis que prescribiu o Señor por medio de Moisés ós fillos de Israel nas planicies de Moab, xunto ó Xordán, de fronte a Xericó.
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36