bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 7
Numbers 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 8 →
1
E aconteceu que o día en que Moisés acabou de construír o Tabernáculo e unxilo e mais consagralo con todos os seus utensilios, consagrou tamén o altar con todos os seus utensilios,
2
os príncipes de Israel presentaron unha ofrenda, como cabezas das súas casas patriarcais, isto é, os que eran xefes cando fixeran o censo.
3
Trouxeron como ofrenda ó Señor seis carros cubertos e doce bois, un carro por cada un dos xefes e un boi por cada un, e presentáronos diante do Tabernáculo.
4
O Señor díxolle a Moisés:
5
—"Recibe estas cousas, para que se dediquen ó servizo da Tenda do Encontro, e entrégallelas ós levitas, a cada un conforme o seu oficio".
6
Recibiu Moisés os carros e os bois e déullelos ós levitas.
7
Dous carros e catro bois déullelos ós fillos de Guerxón, conforme ó seu servizo.
8
Os fillos de Merarí entregoulles catro carros e oito bois, tamén de acordo coas necesidades do seu oficio, baixo a autoridade de Itamar, fillo do sacerdote Aharón.
9
Os fillos de Quehat, non obstante, non lles deu nin carro nin bois, porque teñen ó seu cargo transportar nos ombros as cousas máis santas.
10
Os xefes presentaron as súas ofrendas pola dedicación do altar, no día en que foi unxido: cada un presentou as súas ofrendas diante do altar.
11
E díxolle o Señor a Moisés: —"Que os príncipes presenten a súa ofrenda para a dedicación do altar, un cada día".
12
A orde de presentación foi esta: o primeiro día fixo a ofrenda Nahxón, fillo de Aminadab, pola tribo de Xudá.
13
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata, que pesaba cento trinta siclos e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
14
unha cunca toda de ouro de dez siclos, chea de incenso;
15
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
16
un chibo para o sacrificio de expiación;
17
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos e cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Nahxón, fillo de Aminadab.
18
O segundo día fixo a ofrenda Natanael, fillo de Suar, príncipe de Isacar.
19
Velaquí a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso e unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
20
unha cunca toda de ouro de dez siclos, chea de incenso;
21
un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto,
22
un chibo para o sacrificio expiatorio polo pecado;
23
e para o sacrificio de comuñón, dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos, cinco años dun ano. Tal foi a ofrenda de Natanael, fillo de Suar.
24
O terceiro día ofrendou Eliab, fillo de Helón, príncipe dos fillos de Zebulón.
25
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
26
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
27
un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto,
28
un chibo para o sacrificio polo pecado;
29
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos, cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Eliab, fillo de Helón.
30
O día cuarto presentou Elisur, fillo de Xedeur, príncipe dos fillos de Rubén, a súa ofrenda.
31
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
32
unha cunca de ouro de dez siclos chea de incenso;
33
un xovenco, un carneiro dun ano para o holocausto,
34
un chibo para o sacrificio polo pecado;
35
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi toda a ofrenda de Elisur, fillo de Xedeur.
36
O día quinto ofrendou Selumiel, fillo de Surixadai, príncipe dos fillos de Simeón.
37
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, conforme ó siclo do santuario, unha artesa de prata de setenta siclos de peso, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada con aceite para a oblación;
38
unha cunca de ouro de lei de dez siclos, chea de incenso;
39
un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto;
40
un chibo para o sacrificio polo pecado;
41
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Xelumiel, fillo de Surixadai.
42
O día sexto, Eliasaf, fillo de Deuel, príncipe dos fillos de Gad, fixo a súa ofrenda.
43
A súa ofrenda foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso e unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
44
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
45
un xovenco, un carneiro, un año dun ano para o holocausto;
46
dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano para o sacrificio de comuñón.
47
Toda esta foi a ofrenda de Eliasaf, fillo de Deuel.
48
O día sétimo, Elixamá, fillo de Amihud, príncipe dos fillos de Efraím,
49
fixo a súa ofrenda, que foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada con aceite para a oblación;
50
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
51
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
52
un chibo para o sacrificio polo pecado;
53
dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano para o sacrificio de comuñón. Esta foi a ofrenda de Elixamá, fillo de Amihud.
54
O día oitavo, o príncipe dos fillos de Menaxés, Gamaliel, fillo de Pedahsur,
55
presentou a súa ofrenda, que foi: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;
56
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
57
un xovenco, un carneiro e un año dun ano, para o holocausto;
58
un chibo para o sacrificio polo pecado;
59
para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco años dun ano. Toda esta foi a ofrenda de Gamaliel, fillo de Pedahsur.
60
O día noveno o príncipe dos fillos de Benxamín, Abidán, fillo de Guideón,
61
fixo a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;
62
unha cunca de ouro de dez siclos chea de incenso;
63
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
64
un chibo para o sacrificio polo pecado;
65
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Abidán, fillo de Guideón.
66
O décimo día, o príncipe dos fillos de Dan, Ahiézer, fillo de Amixadai,
67
presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada en aceite, para a oblación;
68
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
69
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
70
un chibo para o sacrificio polo pecado;
71
e para o sacrificio de comuñón, dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Ahiézer, fillo de Amixadai.
72
O undécimo día, o príncipe dos fillos de Axer, Paguiel, fillo de Ocrán,
73
presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata, de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme o siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña, amasada con aceite, para a oblación;
74
unha cunca de ouro de dez siclos, chea de incenso;
75
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
76
un chibo para o sacrificio polo pecado;
77
para o sacrificio da comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Paguiel, fillo de Ocrán.
78
O duodécimo día, o príncipe dos fillos de Naftalí, Ahirá, fillo de Enán,
79
presentou a súa ofrenda: unha fonte de prata de cento trinta siclos de peso, unha artesa de prata de setenta siclos, conforme ó siclo do santuario, ámbalas dúas cheas de flor de fariña amasada en aceite para a oblación;
80
unha cunca de ouro de dez siclos, cheo de incenso;
81
un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;
82
un chibo para o sacrificio polo pecado;
83
e para o sacrificio de comuñón dous bois, cinco carneiros, cinco chibos gordos e cinco años dun ano. Esta foi a ofrenda de Ahirá, fillo de Enán.
84
As ofrendas presentadas polos príncipes de Israel con motivo da dedicación do altar, cando foi consagrado, foron estas: fontes de prata, doce; artesas de prata, doce; cuncas de ouro, doce.
85
Cada fonte de prata pesaba cento trinta siclos e cada artesa de prata setenta siclos: en total a prata das fontes e bacías foi de dous mil catrocentos siclos de prata, conforme o siclo do santuario.
86
As doce cuncas de ouro cheas de incenso, todas elas de ouro de lei, en siclos do santuario sumaron un total de cento vinte siclos.
87
A suma dos animais para o holocausto: doce xovencos, doce carneiros, doce años dun ano, coas súas oblacións correspondentes; e para o sacrificio polo pecado, doce chibos.
88
O total dos animais para o sacrificio de comuñón foi de vinte e catro xovencos, sesenta carneiros, sesenta chibos gordos, e sesenta años dun ano. Todo isto con motivo da dedicación do altar despois da súa consagración.
89
Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Recommended Reading
Commentary
Numbers Commentaries
→
Devotional
Numbers Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→