bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 9
Numbers 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 10 →
1
O Señor díxolle a Moisés no deserto de Sinaí no segundo ano da súa saída de Exipto, no primeiro mes:
2
—"Celebren os fillos de Israel a Pascua no tempo sinalado.
3
O día catorce dese mes á tardiña celebrarédela de acordo con todas as súas disposicións e conforme a todos os ritos e indicacións".
4
Moisés mandoulles ós fillos de Israel que celebrasen a Pascua.
5
Celebrárona o día catorce do mes, á tardiña, no deserto de Sinaí, en conformidade con todo o que lle mandara o Señor a Moisés: así fixeron os israelitas.
6
E sucedeu que algúns homes estaban impuros porque se achegaron a un cadáver e non puideron celebrar a Pascua aquel día. Foron entón aquel mesmo día onda Moisés e Aharón, e dixéronlles:
7
—"Nós estamos impuros por mor dun cadáver, por que habemos nós de ser privados de facermos a ofrenda do Señor ó seu tempo no medio dos fillos de Israel?"
8
Moisés respondeulles: —"Esperade, mentres eu consigo a resposta do Señor para vós".
9
O Señor faloulle a Moisés:
10
—"Dilles ós fillos de Israel: Se algún de vós ou dos vosos descendentes se encontra impuro por un cadáver ou está de viaxe lonxe de vós, poderá celebrar a Pascua en honor do Señor;
11
celebrarana o mes segundo, o día catorce, á tardiña. Celebrarédela comendo do pan asmo e herbas amargas.
12
Non deixarán nada dela para a mañá seguinte, nin lle crebarán ningún óso. Han celebrar a Pascua seguindo ó pé da letra todo o establecido.
13
Canto ó home que, estando impuro e non se encontrando de viaxe, non celebra a Pascua, deberá ser exterminado de entre seu pobo, por non ofrecer o seu sacrificio ó Señor no tempo indicado. Ese home cargará co seu pecado.
14
E se morase convosco un estranxeiro e quixese celebrar a Pascua en honra do Señor, conforme o regulamento da Pascua e seguindo ó pé da letra as regras todas, deberao facer tamén así: unha soa é a lei para vós e para os estranxeiros, así como para os nativos do país".
15
O día mesmo en que se erixiu o Tabernáculo, a Nube cubriu o Tabernáculo pola parte da Tenda do Testemuño, e á tarde houbo sobre o Tabernáculo ata á mañá como unha especie de lume.
16
Así acontecía continuamente: a Nube cubríao de día, e de noite aparecía coma unha especie de lume.
17
Cando a Nube se levantaba de enriba da Tenda, os fillos de Israel púñanse en marcha, e no lugar onde a Nube paraba, alí acampaban os fillos de Israel.
18
Os fillos de Israel camiñaban obedecendo a orde do Señor e de acordo coa orde do Señor acampaban. Todo o tempo que a Nube estaba parada sobre o Tabernáculo, permanecían no mesmo lugar.
19
Cando a Nube se detiña moitos días sobre o Tabernáculo, os fillos de Israel observaban as ordes do Señor, e non partían.
20
Outras veces a Nube permanecía sobre o Tabernáculo certo número de días. Por orde do Señor acampaban e por orde do Señor partían.
21
As veces a Nube quedaba só da tarde á mañá, pero en canto a Nube se elevaba pola mañá, eles partían;
22
ás veces dous días, un mes ou un ano, en tanto que a Nube se detiña sobre o Tabernáculo, os fillos de Israel permanecían acampados e non partían; pero en canto ela se elevaba, levantaban o campamento.
23
Por orde do Señor acampaban e por orde do Señor partían, gardando as normas, como lles ordenara o Señor por medio de Moisés.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36