bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 22
Numbers 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 23 →
1
Marcharon os fillos de Israel, e acamparon nas planicies de Moab, alén do Xordán, á vista de Iericó.
2
Balac, fillo de Sipor, coñeceu todo canto Israel lles fixera ós amorreos,
3
e Moab colleu moito medo véndose diante dun pobo tan grande, pois era numeroso, e encheuse de medo por mor dos fillos de Israel.
4
Díxolles Moab ós anciáns de Madián: —"Agora esa multitude pastará todos os nosos arredores como pasta un touro a herba do campo. Balac, fillo de Sipor, era rei de Moab por aquel tempo.
5
E enviou mensaxeiros a Balaam, fillo de Beor, a Petor, que está xunto ó río, no país dos amonitas, para o chamar, dicíndolle: —"Velaí que un pobo saíu de Exipto, que cobre a superficie do país e está á beira do meu territorio.
6
Ven, axiña, por favor, maldí a este pobo, porque é máis poderoso ca min: quizais así poderei vencelo e expulsalo do país, pois sei que aquel a quen ti bendís é bendito, e maldito aquel a quen ti maldís".
7
Foron os anciáns de Moab e os anciáns de Madián levando nas súas mans os cartos da adiviñación, e cando chegaron a Balaam expuxéronlle as palabras de Balac.
8
El díxolles: —"Quedádevos aquí esta noite, e eu dareivos resposta, conforme ma diga o Señor". E os príncipes de Moab quedáronse con Balaam.
9
Entón Deus veu onda Balaam e preguntoulle: —"Quen son eses homes que están contigo?"
10
Balaam respondeulle a Deus: —"Balac, fillo de Sipor, rei de Moab, mandounos onda min, para que me dixesen:
11
Velaí que un pobo que saíu do Exipto cobre a superficie de toda a terra. Ven, axiña e maldío! Quizais así poida eu combater con el e expulsalo".
12
Pero Deus díxolle a Balaam: —"Non irás con eles nin maldicirás a ese pobo, pois é un pobo bendito!"
13
Balaam levantouse pola mañá e díxolles ós príncipes de Balac: —"Volvede para o voso país, porque o Señor negouse a deixarme ir convosco".
14
Entón os príncipes de Moab levantáronse, foron onda Balac e dixéronlle: —"Balaam negouse a vir connosco".
15
Balac volveu de novo a enviar príncipes máis numerosos e ilustres ca aqueles.
16
E ó chegaren onda Balaam, dixéronlle: —"Así falou Balac, fillo de Sipor: Pídocho por favor que non te prives de vir onda min,
17
pois heite de honrar cos maiores honores e hei facer todo canto digas. Ven, pois, por favor: maldí a este pobo!"
18
Balaam respondeulles ós servos de Balac: —"Aínda que Balac me dese toda a súa casa chea de prata e ouro, eu non podería ir contra a orde do Señor meu Deus, para dicir nin pouco nin moito.
19
Quedádevos tamén vós aquí esta noite, para vos facer saber o que me diga de novo o Señor".
20
Veu Deus a Balaam de noite e díxolle: —"Se te viñeron chamar uns homes, érguete e vai con eles, pero has facer o que eu che mande".
21
Ergueuse Balaam pola mañá, aparellou a súa burra e partiu cos príncipes de Moab.
22
Pero cando el marchaba, acendeuse a cólera de Deus, e o Anxo do Señor atravesóuselle no camiño para llo impedir. El ía cabalgando na súa burra acompañado de dous criados.
23
Cando a burra viu o Anxo do Señor parado no camiño coa súa espada na man, desviouse do camiño e foise polo campo. Balaam comezou a bater na burra para facela volver ó camiño.
24
Entón o Anxo do Señor chantouse nunha congostra entre as viñas, con sebes por unha beira e pola outra.
25
A burra, que viu o Anxo do Señor, arrimouse contra o valado e premeulle o pé de Balaam contra o valado. Entón el volveu bater nela.
26
O Anxo do Señor volveu pasar diante e chantouse nun carreiro estreito, onde non se podía ir nin pola dereita nin pola esquerda.
27
A burra viu o Anxo do Señor e deitouse baixo os pés de Balaam, quen se alporizou e fustrigou a burra co caxato.
28
Entón Iavé abriulle a boca á burra, e esta díxolle a Balaam: —"Que che fixen eu para me bateres desta maneira, xa por terceira vez?"
29
E Balaam díxolle á burra: —"Porque te estás burlando de min! Se tivese a man unha espada, agora mesmo te mataría!"
30
E replicoulle a burra a Balaam: —"Non son eu a túa burra, a mesma na que tes cabalgado desde que existes ata hoxe? Acaso fíxenche eu algunha vez cousa semellante?" —"Non", respondeu el.
31
Entón o Señor abriulle os ollos a Balaam, quen viu o Anxo do Señor parado no camiño coa espada desenvaiñada na man, axeonllouse e prostrouse co rostro por terra.
32
E díxolle o Anxo do Señor: —"Por que lle batiches por tres veces á túa burra? Son eu quen se opón a ti, pois o teu camiño é perverso e contrario a min.
33
A burra viume a min e desviouse de diante de min tres veces con esta. Boa sorte tiveches con que se desviase ela, porque arestora xa eu podería terte matado, deixándoa viva a ela".
34
Balaam díxolle entón ó Anxo do Señor: —"Pequei, porque non sabía que ti te opuñas a min no camiño; agora, se che parece mal, darei volta!"
35
O Anxo do Señor contestoulle a Balaam: —"Vaite con eses homes, pero soamente o que eu che indique, iso has falar". Balaam marchou, logo, cos príncipes de Balac.
36
Cando Balac oíu que chegaba Balaam, saíu ó seu encontro a unha cidade de Moab situada no límite do Arnón, no extremo da fronteira.
37
Balac díxolle a Balaam: —"Non che enviara embaixadores para te chamar? Por que non viñeches a min? Non podo por ventura recompensarte?"
38
E Balaam respondeulle a Balac: —"Velaquí que eu vin a ti agora! Mais poderei eu, por ventura, falar algo? A palabra que Deus poña na miña boca, esa falarei".
39
E Balaam foise con Balac, e chegaron a Quiriat-Husot.
40
Balac degolou bois e ovellas, e enviou parte a Balaam e ós príncipes que o acompañaban.
41
A mañá seguinte, Balac tomou a Balaam e fíxoo subir a Bamot-Baal, desde onde se vía o extremo do pobo.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36