bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Numbers 35
Numbers 35
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 36 →
1
O Señor díxolle a Moisés nas planicies de Moab, na beira do Xordán, de fronte de Xericó:
2
—"Ordénalles ós fillos de Israel que da súa herdanza en propiedade lles dean ós levitas cidades para habitaren, e entregarédeslles tamén as terras de arredor.
3
As cidades serviranlles de morada e as terras serán para o seu gando, a súa facenda e todos os seus animais.
4
Esas terras das cidades que lles tedes de dar ós levitas desde a muralla da cidade para afora, terán mil cóbados en roda.
5
Mediredes, pois, no exterior da cidade: pola parte de oriente, dous mil cóbados; pola parte meridional, dous mil cóbados; pola parte do occidente, dous mil cóbados; e pola parte setentrional, dous mil cóbados, ficando a cidade no centro. Estas serán as terras arredor das cidades.
6
As cidades que tedes de dar ós levitas serán as seis cidades de asilo que estableceredes para que se refuxie alí o homicida; e, ademais delas, darédeslles corenta e dúas cidades.
7
O total das cidades que tedes de dar ós levitas, será corenta e oito cidades, cada unha coas súas terras.
8
As cidades que tedes de dar serán tomadas da propiedade dos fillos de Israel: de quen ten moito tomaredes moito, e de quen ten menos tomaredes menos; cada un dará das súas cidades para os levitas na proporción da herdanza que teña recibido".
9
Díxolle o Señor a Moisés:
10
—"Fálalles ós fillos de Israel: Cando deades pasado o Xordán cara o país de Canaán,
11
escolleredes cidades que serán para vós cidades de asilo, e alá refuxiarase o homicida que mate a unha persoa sen querer.
12
Estas cidades serviranvos de asilo contra o vingador do sangue, para que o homicida non morra antes de que sexa xulgado ante a comunidade.
13
Reservaredes, pois, seis cidades de asilo:
14
tres cidades do lado de alá do Xordán e outras tres na terra de Canaán. Serán cidades de asilo.
15
Para os fillos de Israel, o estranxeiro e o que mora no medio de vós, esas seis cidades serán de asilo, para que alí se refuxie todo aquel que mate a unha persoa sen querer.
16
Pero se o feriu con instrumento de ferro e o mata, é un homicida; o homicida terá que morrer sen remedio.
17
Se o feriu con pedra tirada coa man, capaz de causar a morte, e mata, é un homicida; o homicida morrerá sen remedio.
18
Se o feriu cun pau capaz de causar a morte, e mata, é un homicida; o homicida morrerá sen remedio.
19
O vingador do sangue matará por si mesmo ó homicida; cando o encontre, matarao.
20
Se alguén por odio derruba a outro ou por inimizade lanza algo contra el, e o mata,
21
ou se por inimizade o fere coa súa man e morre, o agresor morrerá sen remedio; é un homicida. O vingador do sangue matará ó homicida cando o encontre.
22
Pero se o derrubou por casualidade, sen odio, ou lanzou sobre el calquera cousa sen intención de lle facer dano;
23
ou, sen o ver, lle deu cunha pedra capaz de causar a morte, e o mata, cando non o odiaba nin buscaba o seu dano,
24
A asemblea do pobo xulgará entre o que feriu e o vingador do sangue, segundo estas leis.
25
A comunidade librará ó homicida da man do vingador do sangue e conducirao á cidade de asilo, onde estea refuxiado. Habitará alí ata a morte do sumo sacerdote, unxido co santo óleo.
26
Mais se o homicida sae do límite da súa cidade de asilo, onde está refuxiado,
27
e o vingador do sangue o atopa fóra do límite da súa cidade de asilo, onde estaba refuxiado, e o mata, non será reo de sangue,
28
porque o homicida debe habitar na súa cidade de asilo ata a morte do sumo sacerdote. Soamente despois de morrer este, poderá o homicida regresar á terra da súa propiedade.
29
Estas disposicións constituirán para vós normas de dereito nas vosas sucesivas xeracións en todas as vosas moradas.
30
Se alguén mata a unha persoa, daráselle morte, por declaración de testemuñas; pero unha soa testemuña non abondará para condenar unha persoa á morte.
31
Non aceptaredes rescate pola vida dun homicida que é reo de morte, pois terá que morrer sen remedio.
32
Tampouco aceptaredes rescate por quen se refuxiou na súa cidade de asilo, para que volva habitar no país, ata a morte do sacerdote.
33
Non deixaredes profanar a terra na que vivides, porque o sangue profana a terra, e polo sangue derramado na terra non se pode facer expiación máis ca mediante o sangue de quen a verteu.
34
Non profanaredes a terra na que habitades, e na que tamén estou eu, pois eu, o Señor, moro no medio dos fillos de Israel".
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 36 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36