bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 1
2 Kings 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 2 →
1
Despois da morte de Acab, Moab revirouse contra Israel.
2
Ocozías caeu da varanda do piso alto do seu pazo, en Samaría, e quedou maltreito. Entón enviou mensaxeiros e encargoulles: —"Ide consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón, se curarei destas feridas".
3
Un anxo do Señor díxolle a Elías texbita: —"Sáelles ó camiño ós mensaxeiros do rei de Samaría e pregúntalles: Seica non hai Deus en Israel, para que teñades que ir consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón?
4
Isto, pois, di o Señor: do leito ó que subiches, non volverás baixar. Morrerás sen remedio". E Elías logo marchou.
5
Volveron os mensaxeiros onda o rei, e este preguntoulles: —"Como é que destes a volta?"
6
Respondéronlle eles: —"Saíunos ó paso un home, que nos dixo: volvede onda o rei que vos mandou e dicídelle: isto di o Señor: Seica non hai Deus en Israel, para que teñas que mandar consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón? Por iso, do leito ó que subiches, non volverás baixar. Morrerás sen remedio".
7
O rei preguntoulles: —"Que traza tiña o home que vos saíu ó camiño e que vos dixo esas cousas?"
8
Respondéronlle eles: —"O home levaba un manto de pelos, cinguido cun cinto de coiro polo van". O rei dixo: —"Era Elías texbita".
9
O rei mandou entón un xefe de cincuentena, cos seus cincuenta homes, que fose á busca del. Atopouno sentado no cume da montaña e díxolle: —"Home de Deus, o rei manda que baixes".
10
Elías respondeulle ó xefe da cincuentena: —"Se eu son un home de Deus, que caia lume do ceo e que vos devore, a ti e á túa cincuentena". Niso caeu lume do ceo e devorounos, a el e ós cincuenta.
11
O rei mandou entón outro xefe de cincuentena, cos seus cincuenta homes. Foi onda el e faloulle: —"Home de Deus, o rei ordena que baixes de seguida".
12
Elías respondeulle: —"Se eu son un home de Deus, que caia lume do ceo e que vos devore, a ti e á túa cincuentena". Niso caeu un lume de Deus dende o ceo, e devorounos, a el e ós seus cincuenta homes.
13
O rei mandou por terceira vez un xefe de cincuentena, cos seus cincuenta homes. O xefe, en chegando onda Elías, axeonllouse diante del e suplicoulle: —"Home de Deus, que a miña vida e a destes cincuenta homes, servos teus, sexan preciosas para ti.
14
Ves que caeu lume do ceo e devorou os xefes que me precederon, coas súas cincuentenas. Agora, que a miña vida sexa preciosa para ti".
15
Un anxo do Señor díxolle entón a Elías: —"Baixa con el; non lle teñas medo". E baixou con el onda o rei.
16
Elías díxolle: —"Isto di o Señor: mandaches mensaxeiros consultar a Baal—Zebub, deus de Ecrón, coma se non houbese Deus en Israel, para consultar a súa palabra. Por iso, do leito ó que subiches, non volverás baixar, pois morrerás sen remedio".
17
E Ocozías morreu, conforme a palabra do Señor por medio de Elías. Como non tiña fillos, sucedeulle no trono o seu irmán Ioram, no ano segundo do reinado de Ioram, fillo de Ioxafat, sobre Xudá.
18
O resto da historia de Ocozías, todo o que fixo, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25