bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 8
2 Kings 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 9 →
1
Eliseo díxolle á nai do neno que el reanimara: —"Vai, colle a túa familia, e ide vivir onde vos pareza; porque o Señor chamou a fame, e asoballará este país por sete anos".
2
A muller puxo por feito o que home de Deus lle dicía. Foise coa súa familia á terra dos filisteos e estivo alí sete anos.
3
O cabo dos sete anos, regresou de onda os filisteos, e foi reclamar cabo do rei a súa casa e os seus eidos.
4
O rei estaba nese intre de conversa con Guehazí, criado do home de Deus, pedíndolle que lle contase os milagres que tiña feito Eliseo.
5
Cando lle estaba referindo como fixera revivir un neno morto, presentouse alí a nai do neno, reclamando do rei a súa casa e os seus eidos. Guehazí dixo: —"Rei, meu señor, esta é a muller e este é o neno que Eliseo reanimou".
6
O rei interrogou entón á muller, e ela contoulle todo. Despois puxo o rei un oficial ás súas ordes, con este mandato: —"Fai que lle volvan a esta muller todo o que é dela, xunto cos réditos da terra, desde o día en que a abandonou ata agora".
7
Eliseo chegouse logo a Damasco. Benhadad, rei de Aram, atopábase doente, e anunciáronlle que chegara alí o home de Deus.
8
Entón díxolle o rei a Hazael: —"Leva contigo un regalo, vai onda o home de Deus e consulta por el o Señor se sandarei ou non desta doenza".
9
Hazael foi axiña onda o home de Deus, levando consigo un regalo de corenta camelos cargados cos mellores produtos de Damasco. Chegou alá e presentóuselle, dicindo: —"O teu fillo Benhadad, rei de Aram, mandou que che consultase se o rei sandará desta doenza".
10
Eliseo respondeulle: —"Vai e dille que certamente sandará desa doenza. Pero o Señor reveloume que sen remedio vai morrer".
11
Despois o home de Deus quedou coa cara fixa, aquelado e turbado, e botouse a chorar.
12
Hazael preguntoulle: —"Por que chora o meu señor?" El respondeulle: —"Porque sei o dano que ti farás ós israelitas: queimarás as súas facendas, matarás coa espada os máis novos, esmagarás os seus nenos e fenderás as mulleres embarazadas".
13
A iso dixo Hazael: —"Pero quen é o teu servo, este can, para que poida facer cousas tan terribles?" Respondeulle Eliseo: —"O Señor fíxome ver que serás rei de Aram".
14
Hazael marchou de onda Eliseo e volveu onda o seu amo. Este preguntoulle que lle dixera Eliseo. El respondeulle: —"Díxome que sandarás".
15
O día seguinte colleu Hazael un cobertor, ensopouno de auga, estendeullo enriba da cara, e o rei morreu. Hazael sucedeulle no trono.
16
No ano quinto do reinado de Ioram, fillo de Acab, en Israel, empezou a reinar en Xudá Ioram, fillo de Ioxafat.
17
Tiña trinta e dous anos e reinou oito anos en Xerusalén.
18
Seguiu o camiño dos reis de Israel, como fixera a familia de Acab, de quen tomou unha filla por muller. Fixo o mal ós ollos do Señor.
19
Mais o Señor non quixo esmagar a Xudá (aínda con iso), por mor do seu servo David, a quen prometera manterlle sempre unha lámpada, a el e a seus fillos.
20
Nos días de Ioram revirouse Edom contra o dominio de Xudá e proclamouse un rei.
21
Ioram pasou a Seir con todos os seus carros. Erguéndose de noite, desbaratou os edomitas que o tiñan cercado a el e ós xefes dos carros. Pero o exército fuxiu para as súas tendas.
22
Así foi como Edom quedou ceibe de Xudá ata o día de hoxe. Naquela ocasión revirouse tamén Libnah.
23
O resto da historia de Ioram, todo o que fixo, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
24
Ioram adormeceu con seus pais, e enterrárono con eles na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Ocozías.
25
No ano doce do reinado de Ioram, fillo de Acab, en Israel, empezou a reinar en Xudá Ocozías, fillo de Ioram.
26
Ocozías tiña entón vinte e dous anos, e reinou un ano en Xerusalén. A súa nai chamábase Atalía, filla de Omrí, rei de Israel.
27
Ocozías seguiu o camiño da familia de Acab, facendo o mal ós ollos do Señor, como a familia de Acab coa que emparentara.
28
Ocozías foi con Ioram, fillo de Acab, loitar contra Hazael, rei de Aram, en Ramot de Galaad. Daquela os arameos feriron a Ioram.
29
Para curarse das feridas dos arameos en Ramot, no combate contra Hazael, rei de Aram, o rei Ioram volveuse a Iezrael. Estando alí doente, foi visitalo Ocozías, fillo de Ioram, rei de Xudá.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25