bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 9
2 Kings 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 10 →
1
O profeta Eliseo chamou a un dos fillos dos profetas e encargoulle: —"Cingue o cinto, colle este frasco de aceite e vai a Ramot de Galaad.
2
Cando chegues alá, pescuda onde está Iehú, fillo de Ioxafat, fillo de Nimxí. Entras onda el, afástalo dos seus compañeiros e lévalo a un sitio reservado.
3
Colles o frasco do aceite e vértesllo na cabeza, dicindo: isto di o Señor: únxote por rei de Israel. Logo abres a porta, e vaste, sen máis demora".
4
O mozo profeta foi a Ramot de Galaad.
5
Chegou e encontrou en xunta ós xefes do exército, e dixo: —"Teño unha palabra para ti, xefe". Iehú preguntou: —"Para quen de nós?" El respondeulle: —"Para ti, xeneral".
6
Iehú levantouse e entrou na casa, e o profeta verteulle o aceite na cabeza, dicindo: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: únxote por rei do pobo do Señor, de Israel.
7
Desbaratarás a casa de Acab, teu señor, e eu vingarei en Iezabel o sangue dos meus servidores, os profetas, e o sangue de todos os servos do Señor.
8
Perecerá toda a familia de Acab. Exterminareille a Acab en Israel todo varón, escravo ou libre.
9
Farei coa familia de Acab o que fixen coa de Ieroboam, fillo de Nabat, e coa de Baxá, fillo de Ahías.
10
E a Iezabel comerana os cans no agro de Iezrael, sen que ninguén lle dea terra". Dito iso, o profeta abriu a porta e marchou.
11
Iehú saíu para xuntarse cos oficiais do seu soberano, que lle preguntaron: —"Vai todo ben? Que che quería ese tolo?" El respondeulles: —"Xa coñecedes o home e a súa canción".
12
Pero eles insistiron: —"Mentira! Conta, conta!" Iehú entón confesoulles: —"Exactamente díxome así: isto di o Señor: únxote por rei de Israel".
13
De seguida colleron eles cadanseu manto, botáronos ós seus pés, sobre as gradas, tocaron a trompeta e aclamaron: —"Iehú é rei!"
14
Entón Iehú, fillo de Ioxafat, fillo de Nimxí, urdiu contra Ioram a súa conxura. Ioram estaba con todo Israel defendendo Ramot de Galaad contra Hazael, rei de Aram.
15
O rei Ioram volvérase a Iezrael, para curarse das feridas que lle fixeran os arameos, na guerra con Hazael, rei de Aram. Iehú propuxo: —"Se vos parece ben, que ninguén saia da cidade para levar a nova a Iezrael".
16
E axiña, el montou no seu carro e foise a Iezrael, onde estaba Ioram doente e onde fora visitalo Ocozías, rei de Xudá.
17
En Iezrael, o vixía que facía a garda na torre viu vir a tropa de Iehú, e berrou: —"Vexo vir unha tropa". Ioram ordenou: —"Colle e manda un xinete ó seu encontro, e que pregunte se hai boas novas".
18
Saíu o xinete ó seu encontro e dixo: —"Isto di o rei: Hai boas novas?" Iehú respondeulle: —"Que che importan a ti as boas novas? Ponte detrás de min". O vixía comunicou: —"O recadeiro chegou onda eles e non volve".
19
Entón mandou outro xinete, que chegou xunto deles e dixo: —"Isto di o rei: Hai boas novas?" Respondeulle Iehú: —"Que che importan a ti as boas novas? Ponte aí detrás".
20
A sentinela comunicou: —"Chegou onda eles e non volve. O que guía o carro faino coma Iehú, fillo de Nimxí, pois guía coma un tolo".
21
Ioram ordenou entón: —"Enganchade!" Engancháronlle o carro e saíron Ioram, rei de Israel, e Ocozías, rei de Xudá, cada un no seu carro. Correron ó encontro de Iehú e tropezáronse no herdo de Nabot de Iezrael.
22
Cando Ioram viu a Iehú, preguntoulle: —"Boas novas, Iehú?" Iehú respondeulle: —"Como queres que haxa boas novas, mentres duran as prostitucións de túa nai Iezabel e as súas feiticerías?"
23
Ioram niso pegou a volta e escapou, ó tempo que lle berraba a Ocozías: —"Traizón, Ocozías!"
24
Pero Iehú tensou o arco e acertoulle coa frecha a Ioram, no medio das costelas, de xeito que lle atravesou o corazón, e caeu morto no seu carro.
25
Iehú díxolle entón ó seu axudante Bidcar: —"Cólleo e bótao no herdo de Nabot de Iezrael. Pois lembraraste de que, cando iamos xuntos ti e mais eu, montados detrás de seu pai Acab, o Señor pronunciou conta el esta sentencia:
26
Non vin eu aquí onte o sangue de Nabot e o dos seus fillos? Palabra do Señor. Pois neste mesmo agro dareiche eu o teu merecido, Palabra do Señor. Cólleo, pois, e guíndao neste herdo, conforme a palabra do Señor".
27
A vista disto, Ocozías, rei de Xudá, liscou polo camiño de Bet—Hagán. Pero Iehú foino perseguindo e berrando: —"A el tamén!" E ferírono no seu carro, na costa de Gur, cerca de Ibleam. El seguiu fuxindo cara a Meguido, onde morreu.
28
Os seus servidores levárono no seu carro a Xerusalén e enterrárono na cidade de David, no túmulo de seus pais.
29
Ocozías empezara a reinar en Xudá no ano once do reinado de Ioram, fillo de Acab.
30
Iehú entrou en Iezrael. Iezabel, ó sabelo, enfeitou os ollos, peiteou os cabelos e debruzouse no corredor.
31
Cando Iehú entraba pola porta, ela díxolle: —"Traes boas novas, Zimrí, asasino do teu señor?"
32
El ergueu entón os ollos cara ó corredor, e preguntou: —"Quen está aí da miña parte, quen?" Apareceron dous ou tres eunucos,
33
e el díxolles: —"Botádea embaixo". E eles guindárona. O seu sangue salferiu a parede e os cabalos, que a esmagaron.
34
Iehú entrou, comeu e bebeu, e logo dixo: —"Facédevos cargo desa maldita e enterrádea; á fin, é filla de rei".
35
Cando foron para enterrala, non atoparon dela máis cá caveira, os pés e as mans.
36
Voltaron para dicirllo, e Iehú comentou: —"É o que o Señor tiña anunciado polo seu servo Elías o texbita, cando dixo: no agro de Iezrael comerán os cans a carne de Iezabel.
37
O seu cadáver será coma esterco no agro, no herdo de Iezrael, de xeito que ninguén poderá dicir: esa é Iezabel".
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25