bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 12
2 Kings 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 13 →
1
Ioax tiña sete anos cando empezou a reinar,
2
no ano sétimo do reinado de Iehú, e reinou corenta anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Sibia, e era de Beerxeba.
3
Ioax fixo sempre o que é debido ós ollos do Señor, seguindo as instrucións do sacerdote Iehoiadá.
4
Mais os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso.
5
Ioax faloulles ós sacerdotes: —"O diñeiro ofrendado ó templo do Señor, o diñeiro que traia cada persoa, o diñeiro pagado polo censo e o que cadaquén queira traer voluntariamente ó templo do Señor,
6
que o recollan os sacerdotes, cada un polos seus axudantes, e eles encargaranse de reparar o templo do Señor, onde queira que atopen danos".
7
No ano vinte e tres do reinado de Ioax, os sacerdotes non repararan aínda os danos do templo do Señor.
8
O rei chamou entón ó sacerdote Iehoiadá e ós outros sacerdotes, e díxolles: —"Por que tedes os danos do templo aínda sen reparar? De agora en adiante, non colleredes o diñeiro da man dos vosos axudantes, senón que o entregaredes, para reparar os danos do templo do Señor".
9
Os sacerdotes consentiron en non coller o diñeiro da xente e en non repararen eles os danos do templo.
10
O sacerdote Iehoiadá colleu unha hucha, fíxolle na tapa un burato e colocouna ó pé do altar, pola dereita de quen entra no templo do Señor.
11
Cando vían que na hucha había xa moito diñeiro, ía o secretario do rei co sumo sacerdote, recollían o diñeiro que había alí e contábano.
12
Despois de contalo, dábanllelo ós capataces das obras do templo do Señor, e estes pagaban con el os carpinteiros e os obreiros todos que traballaban no templo do Señor,
13
os albaneis e os canteiros. Con el mercaban madeira e pedra de cantería para reparar os danos do templo. Con el pagaban todos os gastos da súa conservación.
14
Co diñeiro traído ó templo do Señor non se facían xerras de prata, nin coitelos, nin aspersorios, nin bucinas, nin obxecto ningún de ouro ou de prata,
15
senón que se entregaban ós capataces das obras, e con el restauraban o templo do Señor.
16
Non se pedían contas ós homes ós que se encomendaba o diñeiro para pagar os capataces, pois eran xente de fiar.
17
O diñeiro dos sacrificios penitenciais e o dos sacrificios polo pecado non se entregaba para o templo: era para os sacerdotes.
18
Por aquel tempo Hazael, rei de Aram, atacou Gat e conquistouna. Despois deu a volta, para atacar Xerusalén.
19
Ioax, rei de Xudá, botou man de todas as cousas sagradas ofrecidas polos seus devanceiros Ioxafat, Ioram e Ocozías, reis de Xerusalén, e das que el mesmo fixera, de todo o ouro que había nos tesouros do templo do Señor e do pazo real, e mandoulle todo a Hazael, rei de Aram. Este entón desistiu de subir contra Xerusalén.
20
O resto da historia de Ioax, todo o que fixo, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
21
Os seus cortesáns revoltáronse e conxuraron contra Ioax, e matárono en Betmiló, baixando cara a Sela.
22
Matárono os seus servidores Iozacar, fillo de Ximat, e Iehozabad, fillo de Xomer. Enterrárono con seus pais, na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Amasías.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25