bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 20
2 Kings 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 21 →
1
Por aquel tempo Ezequías enfermou coma para morrer. O profeta Isaías, fillo de Amós, foi visitalo e anuncioulle: —"Prepara o testamento, porque vas morrer e non seguirás vivo".
2
Ezequías virou a faciana cara á parede e pediulle ó Señor:
3
—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.
4
Isaías non saíra aínda do patio principal, cando recibiu esta palabra do Señor:
5
—"Volve onda Ezequías, xefe do meu pobo, e dille que isto di o Señor, Deus de seu pai David: escoitei a túa oración e vin as túas bágoas. Agora voute curar. A volta de tres días poderás subir ó templo do Señor.
6
Os días da túa vida engadireilles quince anos. Librareite das mans do rei de Asiria, a ti e a esta cidade. Protexerei esta cidade, polo honor do meu nome e o do meu servo David".
7
Entón mandou Isaías: —"Traede unha bica de figos. En canto a traian, que lla poñan na chaga, e sandará".
8
Ezequías preguntoulle a Isaías: —"Cal será o sinal de que o Señor me sandará e de que á volta de tres días poderei subir ó templo do Señor?"
9
E Isaías respondeulle: —"Este será para ti o sinal de que o Señor cumprirá a palabra que che deu: Queres que a sombra do reloxo adiante dez graos, ou que os atrase?"
10
Ezequías respondeulle: —"É cousa fácil que a sombra avance dez graos. Non; quero que se atrase en dez graos".
11
O profeta Isaías invocou entón ó Señor, que fixo que a sombra retrocedese dez graos dos que xa percorrera no reloxo de Acaz.
12
Daquela, o rei de Babilonia, Merodak Baladán, fillo de Baladán, ó ter noticia da doenza de Ezequías, mandoulle unha carta e un agasallo.
13
Ezequías folgouse coa visita, e amosoulles a casa do tesouro: a prata, o ouro, os perfumes, os óleos escolleitos, a vaixela e todo o que había no tesouro. Non quedou cousa no pazo nin no reino que Ezequías non lles amosase.
14
Entón presentouse o profeta Isaías ó rei Ezequías e preguntoulle: —"Que che dixeron eses homes e de onde veñen para verte?" Ezequías respondeulle: —"Veñen dun país de moi lonxe, de Babilonia".
15
Preguntou o profeta: —"E que viron no teu pazo?" Ezequías respondeulle: —"Viron todo o que hai no meu pazo. Non quedou cousa no meu tesouro que non lles amosase".
16
Isaías díxolle entón a Ezequías: —"Escoita a palabra do Señor:
17
virá un día, en que será levado a Babilonia todo o que hai no teu pazo e todo o que ata hoxe atesouraron os teus pais. Nada quedará, di o Señor.
18
E ós fillos que nacerán de ti, que ti xerarás, levaranos para servidores do pazo do rei de Babilonia".
19
Ezequías dixo a Isaías: —"Está ben a palabra do Señor que me anuncias". Porque pensaba: —"O menos haberá paz e seguridade mentres eu viva".
20
O resto da historia de Ezequías, as súas proezas e as obras que fixo, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
21
Ezequías adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono o seu fillo Menaxés.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25