bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 11
2 Kings 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 12 →
1
Cando Atalía, nai de Ocozías, viu que morrera seu fillo, decidiu exterminar a toda a familia real.
2
Pero Ioxeba, filla do rei Ioram e irmá de Ocozías, colleu a Ioax, fillo de Ocozías, levouno ás escondidas de entre os fillos do rei que ían ser asasinados, e meteuno nun apousento coa súa ama. Escondíao para que non o matase Atalía.
3
Estivo coa súa ama acochado seis anos, no templo do Señor, mentres Atalía reinaba no país.
4
O sétimo ano, mandou buscar Iehoiadá ós xefes de centuria dos carios e da garda real e reuniunos no templo. Fixo con eles un pacto, pedíndolles xuramento no templo do Señor, e presentoulles o fillo do rei.
5
Despois comunicoulles as súas disposicións: —"Isto é o que habedes facer: o terzo de vós que fai no sábado a garda do pazo real,
6
o terzo que está de posto na porta das cortes dos cabalos e mais o terzo que está na porta de detrás da garda real, faredes a garda do templo en rolda.
7
E os outros dous corpos de vós, todos os que saídes da garda do sábado, faredes a garda do rei no templo do Señor.
8
Rodearedes o rei por todos os lados, todos coas armas na man. Se alguén tenta romper as ringleiras, matarédelo. Estade ó lado do rei, onde queira que vaia".
9
Os xefes de centuria fixeron canto o sacerdote Iehoiadá lles ordenara. Cada un xuntou os seus homes, os que estaban de servizo no sábado e os que quedaban libres nel, e presentáronse ó sacerdote Iehoiadá.
10
El entregoulles ós xefes das centurias as lanzas e os escudos do rei David, que se gardaban no templo do Señor.
11
Os da garda apostáronse, cada un coa súa arma na man, desde o extremo dereito do templo ata o esquerdo, ó longo do altar e do santuario, arredor do rei.
12
Entón Iehoiadá amosou ó fillo do rei, púxolle a coroa e o testemuño e unxiuno por rei. Niso todos bateron palmas e berraron: —"Viva o rei!"
13
Cando Atalía oíu o algueirada da garda e do pobo, meteuse por entre a xente no templo do Señor.
14
Ao ver o rei de pé sobre o estrado, segundo o costume, arroupado cos xefes e coa banda de música, e o pobo todo en festa e tocando as bucinas, Atalía rachou os seus vestidos e exclamou: —"Traizón, traizón!"
15
O sacerdote Iehoiadá ordenou ós xefes de centuria que mandaban na tropa: —"Tirádea fóra do adro, e ós que a sigan matádeos a espada". O sacerdote non quería que a matasen dentro do templo.
16
Levárona fóra a empurróns, pola porta das cortes dos cabalos, e alí matárona.
17
Iehoiadá concluíu o pacto entre o Señor, o rei e mais o pobo, polo que este se obrigaba a facerse o pobo do Señor.
18
Despois a xente foi correndo ó templo de Baal e derrubárono, romperon os altares e as imaxes, e diante do altar mataron a Matán, o sacerdote de Baal. O sacerdote Iehoiadá puxo garda no templo do Señor,
19
e logo, cos xefes de centuria, cos carios, coa garda e co pobo todo, baixaron o rei do templo do Señor e levárono ó pazo real. Entón Ioax sentouse no trono da realeza.
20
O pobo fixo festa e a cidade quedou en calma. A Atalía matárana ó pé do pazo real.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25