bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 7
2 Kings 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 8 →
1
Eliseo dixo entón: —"Escoita a palabra do Señor: mañá, destas horas, unha fanega de flor de fariña conseguirase por un siclo, e por un siclo tamén dúas fanegas de orxo, ás portas de Samaría".
2
O oficial que daba o seu brazo ó rei para apoio replicoulle ó home de Deus: —"Aínda que abrise Deus fiestras no ceo, pasaría tal cousa?". El respondeulle: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".
3
As portas de Samaría sentaban catro leprosos, que estaban con esta conversa: —"Que estamos facendo aquí, agardando a morte?
4
Se decidimos entrar na cidade, coa fame que hai nela, morreremos alí; se quedamos aquí, morreremos tamén. Vamos agora mesmo ó campamento arameo. Se nos deixan con vida, viviremos; e se nos matan, matáronnos".
5
O anoitecer decidíronse a entrar no campamento arameo e, cando chegaron cerca del, viron que alí non había ninguén.
6
O Señor fixera resoar no campamento arameo estrondo de carros e cabalos e dun exército poderoso; e entón dixéronse uns ós outros: —"O rei de Israel contratou contra nós os reis hititas e os exipcios".
7
E niso, ó anoitecer, saíron todos fuxindo, abandonando os seus cabalos e os seus carros e o campamento como estaba; e escaparon para salvaren as súas vidas.
8
En chegando ó campamento, os leprosos aqueles entraron nunha tenda, onde puideron comer e beber e de onde levaron prata, ouro e roupas, que foron acochar. Despois entraron noutra tenda, colleron tamén o que había e fórono esconder.
9
Entón falaron entre eles: —"O que estamos facendo non é xusto. Hoxe é un día de boas novas. Se calamos e esperamos que amañeza, caeremos en culpa. Vamos coa nova ó pazo do rei, agora mesmo".
10
Foron á cidade, chamaron polos gardas da porta e informaron: —"Fomos ó campamento arameo e vimos que alí non había ninguén nin se oía voz de home; soamente cabalos e burros amarrados, e as tendas tal como as ergueran".
11
Os gardas fixérono saber, e levaron a nova ata o pazo real.
12
O rei ergueuse de noite e comentou cos seus ministros: —"Vouvos dicir o que argallan os arameos contra nós. Saben que estamos famentos, e saíron do campamento para esconderse na campía. Pensan que nós sairemos da cidade, e que poderán collernos vivos e entrar na cidade".
13
Un dos ministros propuxo: —"Collamos cinco cabalos, dos que nos quedan aínda na cidade, pois ó cabo están perecendo coma as xentes de Israel, e mandémolos pescudar que é o que pasa".
14
O rei mandou uns homes que collesen dous carros con cabalos e que fosen detrás do exército arameo; e ordenoulles: —"Ide e vede o que pasa".
15
Eles fóronos seguindo ata o Xordán, e viron que todo o camiño estaba cheo de roupas e de obxectos que, na présa por escapar, ían guindando os arameos. Os mensaxeiros deron a volta e contáronllo ó rei.
16
Entón saíu a xente toda saquear o campamento arameo. A fanega de flor de fariña chegou a venderse por un siclo, e por un siclo tamén dúas fanegas de orxo, conforme a palabra do Señor.
17
O rei encargara a garda da porta ó oficial que lle daba apoio co seu brazo, e a xente atropelouno onda a mesma porta, e morreu, segundo dixera o home de Deus, cando fora o rei falar con el.
18
O home de Deus dixéralle ó rei: —"Mañá destas horas, ás portas de Samaría, dúas fanegas de orxo compraranse por un siclo, e por un siclo tamén unha fanega de flor de trigo".
19
O que o oficial do rei lle respondera: —"Aínda se o Señor abrise fiestras no ceo, pasaría tal cousa?" O que Eliseo respondera: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".
20
Iso foi o que lle pasou. A xente atropelouno onda a mesma porta e morreu.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25