bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 19
2 Kings 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 20 →
1
Cando o rei Ezequías o oíu, rachou as súas vestiduras e vestiuse de saco, e entrou no templo do Señor.
2
Despois mandou a Eliaquim, mordomo do pazo, a Xébnah, o secretario, e ós sacerdotes e ós anciáns, todos vestidos de saco, onda o profeta Isaías, fillo de Amós.
3
—"Isto di Ezequías: hoxe é un día de angustia, de castigo e de vergonza. Os nenos están para nacer e non hai forza para parilos.
4
Quizais o Señor, o teu Deus, escoitou as palabras do copeiro maior, a quen o seu amo, o rei de Asiria, mandou para aldraxar o Deus vivo, e quizais o castigue o Señor, teu Deus, polas palabras que escoitou. Ti reza por este resto que queda aínda".
5
Os servidores do rei Ezequías foron onda Isaías,
6
e este mandoulles: —"Dicídelle ó voso amo que isto di o Señor: non te acovardes polas palabras que oíches, coas que os criados do rei de Asiria me aldraxaron.
7
Eu vou pór nel un espírito, e cando lle chegue unha nova, volverase cara á súa terra, e alí fareino caer a fío de espada".
8
O copeiro maior regresou e encontrouse co rei de Asiria combatendo contra Líbnah. Oíra xa que o rei se retirara de Láquix,
9
despois de que lle chegara a nova de que Tirhácah, rei de Exipto, saíra á guerra en contra del.
10
Senaquerib mandou de segunda mensaxeiros a Ezequías, para dicirlle ó rei de Xudá: —"Non te deixes enganar polo Deus en quen confías, pensando que Xerusalén non será entregada nas mans do rei de Asiria.
11
Ti mesmo tes sabido como tratan os reis de Asiria a outras nacións e a cantas teñen exterminado. E íaste librar ti?
12
Por acaso salvaron os seus deuses os países que destruíron os meus pais, Gozán, Harán, Résef e os fillos de Edén que estaban en Telasar?
13
Onde está o rei de Hamat e o de Arpad, o de Sefarvaim, o de Hená e o de Avá?"
14
Ezequías colleu as cartas que traían os mensaxeiros, e leunas. Despois subiu ó templo e estendeunas diante do Señor.
15
Ezequías fixo entón esta oración ó Señor: —"Señor, Deus de Israel, que sentas sobre os querubíns, soamente ti es Deus sobre todos os reinos da terra.
16
Abaixa, Señor, os oídos e escoita, abre, Señor, os ollos e mira. Escoita a mensaxe que mandou Senaquerib para aldraxar o Deus vivo.
17
É certo, Señor, que os reis de Asiria arrasaron as nacións e as súas terras,
18
queimando e destruíndo os seus deuses, porque non eran deuses, senón feitura das mans dos homes, madeira e pedra.
19
Agora, Señor, noso Deus, sálvanos da súa man, para que saiban os reinos do mundo que soamente ti es Deus, Señor".
20
Isaías, fillo de Amós, mandou dicir a Ezequías: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: escoitei a oración que me fixeches, respecto de Senaquerib, rei de Asiria.
21
Esta é a palabra que pronuncia o Señor en contra del: Abáfate e rise de ti a virxe, filla de Sión; abanea a cabeza ás túas costas a filla de Xerusalén.
22
De quen blasfemas, a quen aldraxas, contra quen ergues a voz e levantas soberbiamente os teus ollos? Contra o Santo de Israel!
23
Por medio dos teus mensaxeiros ofendes o Señor, dicindo: Coa multitude dos meus carros rubirei ó cume dos montes, ás alturas do Líbano. Tallarei os seus altos cedros e os seus escollidos cipreses. Chegarei ós seus remotos recunchos, ata ó mesmo fondo do bosque.
24
Eu escavarei e beberei augas estranxeiras. Secarei coa planta dos meus pés todos os ríos de Exipto.
25
É que non o oíches? Desde lonxe xa o teño preparado; desde tempos afastados téñoo decidido, e agora vouno cumprir. Por iso convertes ti en pardiñeiros as súas cidades fortificadas.
26
Os seus moradores atópanse sen forzas, están todos amedrentados e confusos. Volvéronse coma o alcacén do campo, coma o verde do pradairo, coma a herba das terrazas, que agosta primeiro de crecer.
27
Eu sei cando ti sentas e te ergues, cando saes e cando entras e cando te enrabechas contra min.
28
Porque onda min chegou o teu noxo e os teus aturuxos chegaron ós meus oídos, poreiche unha argola no nariz e un freo no fociño, e fareite volver polo camiño por onde viñeches para aquí.
29
E a Ezequías: que isto che sirva de sinal: Este ano comerás gran de rebusco e, para o ano que vén, do que medre só. Pero no ano terceiro sementaredes e segaredes, plantaredes viñas e comeredes os seus froitos.
30
O resto que queda de Xudá botará raíces novas para abaixo e dará froitos para arriba.
31
Porque de Xerusalén sairá un resto e do monte Sión sobreviventes. O celo do Señor fará isto.
32
Por iso, isto di o Señor do rei de Asiria: Non entrará nesta cidade, nin tirará contra ela unha frecha, non se achegará onda ela co escudo nin botará contra ela un terraplén, trincheira, foxos.
33
Polo camiño por onde veu, dará a volta, sen entrar nesta cidade. Palabra do Señor.
34
Eu defenderei esta cidade e salvareina, pola honra do meu nome e o do meu servo David".
35
Aquela mesma noite saíu o anxo do Señor e feriu no campamento asirio a cento oitenta e cinco mil homes. A hora de erguerse á mañá, eran todos cadáveres.
36
Senaquerib, rei de Asiria, levantou o campamento, deu a volta para Nínive e quedou alí.
37
Un día que estaba axeonllado no templo de Nisroc, seu deus, Adramélec e Xaréser matárono coa espada, e liscaron para o país de Ararat. Sucedeulle no trono o seu fillo Esarhadón.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25