bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 25
2 Kings 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
1
No ano noveno do reinado de Sedecías, o día dez do décimo mes, chegou Nabucodonosor, rei de Babilonia, con todo o seu exército contra Xerusalén. Acampou enfronte da cidade e construíu un muro de cerco ó arredor.
2
A cidade estivo cercada ata o ano once do reinado de Sedecías.
3
O día nove do cuarto mes, a fame apertaba moito na cidade e a xente non tiña de que comer.
4
Entón abriuse unha fenda no muro da cidade, e os soldados fuxiron de noite, pola porta que está entre os dous muros, ó pé do xardín do rei, e fóronse polo camiño da estepa, mentres os caldeos cercaban a cidade.
5
As forzas dos caldeos perseguiron o rei e atrapárono nas estepas de Xericó, mentres os seus soldados se espallaban por todos os lados.
6
Atrapado o rei, leváronllo ó rei de Babilonia, a Riblah, e alí sentenciárono.
7
Os fillos de Sedecías esganáronos diante del, e a Sedecías mesmo cegárono, puxéronlle cadeas de ferro e levárono a Babilonia.
8
O día sete do quinto mes, dentro do ano dezaoito do reinado de Nabucodonosor en Babilonia, chegou a Xerusalén Nebuzardán, xefe da garda e servidor do rei de Babilonia,
9
e púxolle lume ó templo do Señor e ó pazo real, e queimou igualmente os pazos todos de Xerusalén e as casas grandes da cidade.
10
O exército caldeo, ás ordes do xefe da garda, derrubou a muralla que rodeaba Xerusalén.
11
Nebuzardán, xefe da garda, desterrou o resto da xente que quedara na cidade, os que se pasaran xa ó rei de Babilonia e o resto da multitude.
12
Da xente pobre do país deixou o xefe da garda uns poucos, para viñateiros e labregos.
13
Os caldeos romperon as columnas de bronce, os baseamentos e o Mar de Bronce, que había no templo do Señor, e levaron o bronce para Babilonia.
14
Colleron tamén os cinseiros, as pas, os coitelos, as copas e todos os obxectos de bronce que servían para o culto.
15
O xefe da garda colleu tamén os braseiros e os aspersorios, o ouro co ouro e a prata coa prata.
16
O peso do bronce das dúas columnas, do Mar de Bronce, dos baseamentos e dos obxectos todos que fixera Salomón para o templo do Señor, non se podía avaliar.
17
Unha columna medía nove metros de altura, e enriba dela levaba un capitel de bronce, de metro e medio de alto e, por parte, os trenzados e as granadas, arredor dos capiteis, todo en bronce. E o mesmo a outra columna.
18
O xefe da garda levou prisioneiro ó sumo sacerdote Saraías, a Sefanías, segundo sacerdote, e os tres gardas da entrada.
19
Da cidade levou tamén preso un oficial, que era xefe do exército, cinco homes do servizo persoal do rei, que se atopaban na cidade, o secretario do xefe do exército, que recrutaba os soldados no pobo, e a sesenta persoas do pobo común, que se achaban tamén na cidade.
20
Nebuzardán, xefe da garda, colleunos a todos presos e levounos a Riblah, diante do rei de Babilonia.
21
O rei de Babilonia mandounos matar en Riblah, no país de Hamat. Xudá foi, dese xeito, levado á catividade, lonxe da súa terra.
22
Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán, foi nomeado gobernador da xente que quedara en Xudá, a que deixara alí Nabucodonosor, rei de Babilonia.
23
Cando os xefes do exército e os seus homes oíron que o rei de Babilonia fixera gobernador a Guedalías, foron a Mispah, onda el. Eran Ismael, fillo de Netanías, Iohanán, fillo de Caréah, Seraías, fillo de Tanhúmet, de Netofah, e Iazanías, fillo de Macah, todos eles cos seus homes.
24
Guedalías xuroulles, a eles e ós seus homes: —"Non teñades medo de sometervos ós caldeos. Vivide no país e obedecede ó rei de Babilonia. Iravos a todos ben".
25
Mais sucedeu que, ós sete meses, chegou Ismael, fillo de Netanías, fillo de Elixamá, de sangue real, con dez homes, e feriu de morte a Guedalías, e tamén ós xudeus e ós caldeos que estaban en Mispah con el.
26
A xente toda, os grandes e os pequenos, cos xefes dos soldados, colleron e, por medo dos caldeos, escaparon para Exipto.
27
O ano trinta e sete do desterro de Ioaquim, rei de Xudá, o día vinte e sete do mes doce, Evil Merodac, rei de Babilonia, no primeiro ano do seu reinado, concedeulle graza a Ioaquim, rei de Xudá, e tirouno da cadea.
28
Faloulle benevolamente e puxo o seu trono por riba dos dos outros reis, que estaban con el en Babilonia.
29
Mudoulle as roupas de preso e púxoo a comer á súa mesa, por todos os días da súa vida.
30
O sustento de cada día quedoulle asegurado polo rei para mentres vivise.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25