bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 4
2 Kings 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 5 →
1
A muller dun dos fillos dos profetas laiouse ante Eliseo: —"O meu home, teu servo, morreu, e ti sabes que el era unha persoa que respectaba ó Señor. Agora veu o acredor, para levarme de escravos os dous fillos".
2
Eliseo preguntoulle: —"Que podo facer por ti? Dime que tes na túa casa". Respondeulle ela: —"A túa serva non ten na casa máis ca unha aceiteira de aceite".
3
El díxolle: —"Sae fóra e pídelles olas emprestadas ás veciñas; non te quedes curta en traer olas baldeiras.
4
Logo, entra na túa casa e pechádevos nela, ti e mais os teus fillos. Enches de aceite esas olas e vas apartando as que estean cheas".
5
A muller foi e pechouse na casa, ela e os seus fillos. Eles acercábanlle as olas, e ela enchíaas de aceite.
6
Cando xa estaban todas cheas, díxolle a un dos fillos: —"Dáme outra ola". El díxolle: —"Xa non queda ningunha". E o aceite parou de correr.
7
Ela foillo contar ó home de Deus, e este díxolle: —"Vai e vende o aceite e págalle ó teu acredor. Ti e mais os teus fillos viviredes co resto".
8
Un día que pasaba Eliseo por Xunam, unha muller rica porfioulle que quedase a xantar. Desde aquela, cada vez que pasaba por alí, detíñase a comer.
9
A muller díxolle ó seu home: —"Escoita, eu sei que ese home de Deus, que pasa sempre por aquí, é un santo varón.
10
Podiámoslle preparar arriba no faiado un cuarto pequeno, cunha cama, unha mesa, unha cadeira e un candeeiro, para que poida descansar, cando pase por onda nós".
11
Un día que Eliseo pasaba por alí, retirouse ó cuarto e durmiu nel.
12
Díxolle á Guehazí, o seu criado: —"Chama a esa xunamita". El chamouna, e ela presentouse diante del.
13
Eliseo mandoulle dicir: —"Escoita, ti colliches por nós moitas canseiras. Que podo eu facer por ti? Se queres, recoméndote ó rei ou ó xefe do exército". Respondeu ela: —"Eu vivo coa miña xente".
14
Pero Eliseo insistiu: —"Que se pode facer por ela?".
15
Guehazí dixo: —"Unha cousa: ela non ten fillos, e o seu home é vello".
16
Entón dixo Eliseo: —"Chama por ela". El chamouna, e ela presentouse onda a porta. Eliseo anuncioulle: —"O ano que vén, por estas datas, terás un fillo no colo". Ela dixo: —"Non, meu señor. Non enganes a túa serva, home de Deus".
17
Pero a muller concibiu e pariu un fillo, no ano seguinte, naquelas datas, segundo lle dixera Eliseo.
18
O neno medraba ben. Un día saíu en busca de seu pai, que andaba na seitura,
19
e empezou a berrar cara a el: —"Ai, miña cabeza, ai, miña cabeza!". O pai díxolle a un criado: —"Lévallo á súa nai".
20
E el colleuno e levoullo á nai. O neno estivo no seu colo ata o mediodía, e nese instante morreu.
21
Ela levouno arriba e deitouno no leito do home de Deus. Logo pechou a porta e saíu.
22
Chamou polo seu home e díxolle: —"Mándame un criado cunha burra. Voume chegar de seguida onda o home de Deus, e logo volvo".
23
El preguntoulle: —"Por que vas onda el hoxe, que non é lúa nova nin sábado?". Pero ela respondeulle: —"Queda con Deus".
24
Fixo aparellar a burra e díxolle ó criado: —"Colle o ramal e camiña. Se eu non cho mando, non me fagas deter no camiño".
25
E púxose a camiñar, para encontrarse co home de Deus, que estaba no monte Carmelo. Cando o home de Deus a viu vir desde lonxe, díxolle ó seu criado: —"Alí chega a xunamita.
26
Vai agora mesmo correndo ó seu encontro e pregúntalle se están ben ela, o seu home e o seu neno". Ela respondeulle: —"Estamos ben".
27
Pero, en chegando onda o home de Deus, na montaña, abrazouse ós seus pés. Guehazí foi para apartala, mais o home de Deus díxolle: —"Déixaa, pois a súa alma está amargada, e o Señor ocultoumo e non mo comunicou".
28
Ela dixo: —"Pedinlle eu quizais un fillo ó meu señor? Non che dixen que non me enganases?".
29
Eliseo dixo a Guehazí: —"Cínguete co meu cinto, colle na man o meu bastón e ponte en camiño. Se te atopas con alguén, non te pares a saudalo; se te saúda el, non lle respondas. Vai e pon o meu bastón sobre a cara do neno".
30
Pero a nai do neno exclamou: —"Polo Deus vivo e pola túa vida, que non te deixarei". Entón Eliseo foi canda ela.
31
Guehazí colleulles a dianteira e foi poñer o bastón sobre a cara do neno; mais este non falaba nin daba sinal de vida. Volveu onda Eliseo e díxolle: —"O neno non esperta".
32
Eliseo entrou na casa e atopou o neno morto, deitado no seu leito.
33
Pechou a porta por dentro, tralos dous, e rezoulle ó Señor.
34
Logo subiu no leito e deitouse enriba do neno, estendido sobre el, a boca coa boca, os ollos cos ollos, e as mans coas mans. E o corpo do neno foi quecendo.
35
Eliseo púxose entón a dar voltas pola casa, de acá para alá, e volta a subir no leito e tenderse enriba do neno. Así ata sete veces. Niso o neno espirrou e comezou a abrir os ollos.
36
Eliseo chamou a Guehazí, para dicirlle: —"Chama a esa xunamita". El chamouna. Entrou ela onda Eliseo, e este díxolle: —"Anda, colle o teu neno".
37
Ela entrou e botouse ós seus pés, prostrándose por terra. Despois colleu o fillo e saíu.
38
Eliseo volveu para Guilgal. No país pasábase fame. Os fillos dos profetas estaban con Eliseo, e este díxolle ó seu criado: "Pon no lume a ola grande e prepara un caldo para todos".
39
Un deles saíu ó campo, pescudando unhas herbas. Atopou unha videira brava e colleu uns morotes, ata encher deles o manto. Volveu con eles, partiunos e botounos na ola do caldo sen saber o que eran.
40
Botáronlles ós homes o xantar, e en canto estes probaron a comida, empezaron a berrar: —"A morte na ola, home de Deus!". E non puideron comer.
41
Eliseo ordenoulles entón: —"Traédeme fariña". El botouna na ola e dixo: —"Sírvella á xente, e que coma". Na ola non había xa cousa danosa.
42
Daquela chegou de Baal—Xalixah un home, que lle traía ó home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa. Eliseo díxolle: —"Dállos á xente, e que coman".
43
O seu servidor preguntoulle: —"Que é isto para cen persoas?". A iso Eliseo respondeu: —"Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor: comerán e sobrará".
44
El serviullos á xente, que comeu; e aínda sobrou, conforme a palabra do Señor.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25