bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 3
2 Kings 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 4 →
1
Ioram, fillo de Acab, empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, no ano dezaoito do reinado de Ioxafat en Xudá. Reinou doce anos.
2
Fixo o mal ós ollos do Señor, mais non tanto coma seu pai e súa nai, pois retirou a estela que erixira seu pai en honor de Baal.
3
Persistiu nos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel, sen arredar nada deles.
4
Mesa, rei de Moab, criaba moito gando, e pagáballe ó rei de Israel un tributo de cen mil cordeiros e a lá de cen mil carneiros.
5
Pero, á morte de Acab, o rei de Moab revirouse contra o rei de Israel.
6
Entón o rei Ioram saíu de Samaría e pasou revista a todo Israel.
7
Despois mandoulle esta mensaxe a Ioxafat, rei de Xudá: —"O rei de Moab revirouse contra min. Queres vir ti comigo á guerra contra Moab?" El respondeulle: —"Irei. Conta comigo coma contigo, cos meus soldados coma cos teus, coa miña cabalería coma coa túa".
8
E preguntou: —"Que camiño colleremos?" Respondeulle Ioram: —"O camiño de Edom".
9
Os reis de Israel, de Xudá e de Edom puxéronse en movemento. Os sete días de camiño faltou a auga, tanto para o exército coma para os animais que o seguían.
10
O rei de Israel exclamou: —"Ai, o Señor convocou estes tres reis para entregalos nas mans de Moab!"
11
Entón preguntou Ioxafat: —"Non hai por aquí un profeta do Señor, para consultar por el ó Señor?" Un oficial do rei de Israel respondeulle: —"Está aquí Eliseo, fillo de Xafat, que vertía auga nas mans de Elías".
12
A iso dixo Ioxafat: —"El ten palabra do Señor". E baixaron onda el o rei de Israel, Ioxafat e o rei de Edom.
13
Entón dixo Eliseo ó rei de Israel: —"Que teño eu que ver contigo? Vai onda os profetas de teu pai e onda os profetas de túa nai". Pero o rei de Israel teimou: —"Non; pois o Señor convocou estes tres reis, para entregalos nas mans de Edom".
14
Niso dixo Eliseo: —"Pola vida do Señor dos exércitos, a quen sirvo! Se non fose por Ioxafat, rei de Xudá, a ti non che faría caso ningún nin che miraría a cara.
15
Agora traédeme un músico". E mentres o home tocaba a arpa, pousouse a man do Señor sobre Eliseo.
16
Eliseo falou: —"Isto di o Señor: abride nese regato seco moitas canles.
17
O Señor di: non veredes vento nin veredes choiva, pero ese regato seco encherase de auga, e poderedes beber vós, o voso gando e as vosas bestas de carga.
18
Pero isto é pouco ós ollos do Señor. El entregará Moab nas vosas mans.
19
Vós destruiredes as súas prazas fortes e as cidades fortificadas, tallaredes as árbores mellores, cegaredes as fontes e cubriredes de pedras os seus máis vizosos agros".
20
Pola mañá, á hora da ofrenda, corría a auga da parte de Edom, alagando toda a bisbarra.
21
Os moabitas, ó seren informados de que aqueles reis querían atacalos, chamaran a todos os homes rexos para a guerra e puxéranos nas fronteiras.
22
O erguérense de mañá, cando o sol brillaba nas augas, os moabitas víanas alá, en fronte deles, rubias coma o sangue.
23
E exclamaron: —"Isto é sangue! De seguro que os reis botaron man das súas espadas e matáronse uns ós outros. Agora, Moab, ós espolios!".
24
Mais, chegados ó campamento de Israel, o exército israelita levantouse e derrotou ós moabitas, que fuxiron diante deles. Entraron no territorio de Moab e arrasárono.
25
Estragaron as súas cidades, o bo terreo cubrírono de pedras, cada un tirou a súa; cegaron as fontes e tallaron as árbores mellores. De Quir—Haráxet quedaron soamente as pedras, despois de que a cercaron e a destruíron os arqueiros.
26
Vendo que non podía soster a loita, o rei de Moab colleu consigo setecentos homes armados de espadas, para abrirse camiño cara ó reino de Edom; pero non puideron conseguilo.
27
Entón colleu o seu fillo primoxénito, o que ía ser o sucesor, e sacrificouno enriba das murallas. Daquela houbo tan grande indignación contra os israelitas, que estes se foron de alí e volveron para a súa terra.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25