bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 24
2 Kings 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 25 →
1
Nos seus días subiu Nabucodonosor, rei de Babilonia, e Ioaquim quedou sometido por tres anos. Pero, ó cabo deles, revirouse.
2
Entón mandou o Señor contra el bandas de caldeos e de arameos, de moabitas e de amonitas. Mandounas contra Xudá, para destruíla, conforme a palabra que dixera o Señor polos seus servos os profetas.
3
Iso aconteceulle a Xudá certamente por orde do Señor. Quería desbotala da súa presenza, polos pecados que cometera Menaxés,
4
e polo sangue inocente que vertera, ata encher del Xerusalén. Por iso o Señor non quixo perdoar.
5
O resto da historia de Ioaquim e todos os seus feitos, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
6
Ioaquim adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono o seu fillo Ioaquim.
7
O rei de Exipto non volveu saír do seu país, porque o rei de Babilonia apoderárase de todos os territorios que eran do rei de Exipto, desde o torrente de Exipto ata o Éufrates.
8
Ioaquim tiña dezaoito anos cando empezou a reinar. Reinou tres meses en Xerusalén. A súa nai chamábase Nehuxtá, filla de Elnatán, de Xerusalén.
9
Fixo o mal ós ollos do Señor, como fixeran seus pais.
10
No seu tempo subiron os oficiais de Nabucodonosor, rei de Babilonia, contra Xerusalén e cercárona.
11
Mentres os seus oficiais mantiñan o cerco, veu á cidade Nabucodonosor, rei de Babilonia.
12
Entón Ioaquim, rei de Xudá, rendeuse o rei de Babilonia, xunto con súa nai, os seus oficiais, os seus xenerais e os seus servidores. O rei de Babilonia levouno prisioneiro. Era o oitavo ano do seu reinado.
13
Nabucodonosor levou de alí tamén os tesouros do templo do Señor e os do pazo real, e destruíu os obxectos de ouro que fixera para o templo Salomón, rei de Israel, seguindo a orde do Señor.
14
Nabucodonosor desterrou todo Xerusalén, os xefes, a xente toda de renome, dez mil desterrados: os ferreiros e os cerralleiros; non quedou máis cá xente pobre.
15
Levou prisioneiro a Babilonia a Ioaquim, á nai do rei, ás súas mulleres, á súa servidume, ós grandes do país. Levounos a todos prisioneiros, de Xerusalén para Babilonia.
16
Tamén levou á xente de renome, sete mil; os ferreiros e os cerralleiros, mil; os homes de valor, que servían para a guerra. Nabucodonosor levounos prisioneiros para Babilonia.
17
O rei de Babilonia puxo por rei, no posto de Ioaquim, ó seu tío Matanías, cambiándolle o nome polo de Sedecías.
18
Sedecías tiña vinte e un anos cando empezou a reinar. Reinou once anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Hamutal, filla de Xeremías, de Libnah.
19
Sedecías fixo o mal ós ollos do Señor, o mesmo ca Ioaquim.
20
O que lle aconteceu a Xerusalén e a Xudá, foi polo noxo do Señor, que acabou por botalos da súa presenza. Sedecías revirouse contra o rei de Babilonia.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25