bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Kings 21
2 Kings 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 22 →
1
Menaxés tiña doce anos, cando empezou a reinar, e reinou cincuenta e dous anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Hefsibah.
2
Fixo o mal ós ollos do Señor, arremedando as cousas abominables das nacións que desbotara o Señor de diante dos israelitas.
3
Reconstruíu os altares dos outeiros, que destruíra seu pai Ezequías. Edificou altares a Baal, ergueu outra estela, coma a que fixera Acab, rei de Israel; axeonllouse e deu culto ó exército do ceo.
4
Construíu altares no templo do Señor, do que o Señor mesmo dixera: —"En Xerusalén porei eu o meu nome".
5
Construíu tamén altares para todo o exército do ceo nos dous adros do templo do Señor.
6
Pasou a seu fillo polo lume; deuse ós agoiros e á maxia, practicou a nigromancia e a adiviñanza; fixo o mal de moitas maneiras ós ollos do Señor, provocando o seu noxo.
7
A imaxe que fixera a Axtarté púxoa no templo, do que o Señor dixera a David e ó seu fillo Salomón: —"Neste templo, en Xerusalén, cidade que eu escollín, entre todas as tribos de Israel, porei eu para sempre o meu nome.
8
Non volverei a consentir que os israelitas vaguen fóra da terra que eu dei a seus pais, con tal que fagan o que eu lles mandei, e que cumpran a lei que o meu servo Moisés lles prescribiu".
9
Pero eles non obedeceron. Menaxés encirrounos a facer cousas peores cós pobos que desbotara o Señor de diante dos israelitas.
10
O Señor dixo entón polos seus servos, os profetas:
11
—"Xa que Menaxés, rei de Xudá, fixo esas cousas tan abominables, portándose peor ca, antes del, os amorreos, e deu causa para que tamén Xudá pecase cos seus ídolos,
12
por iso, isto di o Señor, Deus de Israel: vou traer sobre Xerusalén e sobre Xudá unha desgraza que, de grande, abouxará os oídos dos que a oian.
13
Medirei Xerusalén co mesmo cordel co que medín primeiro Samaría, e coa chumbada que botei sobre a familia de Acab. Fregarei Xerusalén como se frega un prato, que despois de fregado se pon boca abaixo.
14
Abandonarei o resto do meu herdo, e entregareinos nas mans dos seus inimigos, ós que servirán de presa e botín,
15
xa que fixeron o mal ós meus ollos, e, desde o día en que tirei a seus pais de Exipto ata hoxe, non pararon de anoxarme".
16
Ademais diso, Menaxés verteu moito sangue inocente, ata alagar con el Xerusalén dun cabo ó outro; e, por riba, os pecados que fixo cometer a Xudá, facendo o mal ós ollos do Señor.
17
O resto da historia de Menaxés, todo o que fixo e os pecados que cometeu, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
18
Menaxés adormeceu con seus pais, e enterrárano no xardín do seu pazo, o xardín de Uzá. Sucedeulle no trono o seu fillo Amón.
19
Amón tiña vinte e dous anos cando empezou a reinar. Reinou dous anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Mexulémet, filla de Harus, de Iotbah.
20
Fixo o mal ós ollos do Señor, como fixera seu pai Menaxés.
21
Seguiu o camiño de seu pai; adorou e deu culto ós mesmos ídolos.
22
Abandonou ó Señor, Deus de seus pais, e non seguiu os seus vieiros.
23
Os cortesáns de Amón conspiraron contra el e matárono no seu pazo.
24
Mais a xente do país matou a todos os que conxuraran contra o rei, e proclamaron sucesor ó seu fillo Ioxías.
25
O resto da historia de Amón e os seus feitos non están escritos no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
26
Enterrárono no seu túmulo, no xardín de Uzá. Sucedeulle no trono o seu fillo Ioxías.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25